Jo­sé Antonio Fer­nán­dez, pre­si­den­te de Crae­ga.

Fer­nán­dez mós­tra­se op­ti­mis­ta con res­pec­to ao fu­tu­ro da agri­cul­tu­ra eco­ló­xi­ca en Ga­li­cia, pe­ro pun­tua­li­za que hai moi­to ca­mi­ño por an­dar

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de Galicia (OneOff ALL) - - PORTADA - FRAN­CIS­CO AL­BO

Jo­sé Antonio Fer­nán­dez Ál­va­rez pre­si­de o Con­se­llo Re­gu­la­dor de Agri­cul­tu­ra Eco­ló­xi­ca de Ga­li­cia (Crae­ga), un ór­gano que ten a súa se­de en Mon­for­te des­de a súa fun­da­ción. A en­ti­da­de pre­sen­tou re­cen­te­men­te a súa me­mo­ria anual, que in­di­ca que du­ran­te o 2016 a agri­cul­tu­ra eco­ló­xi­ca ga­le­ga ba­teu o seu ré­cord de fac­tu­ra­ción —cun to­tal 41,7 mi­llóns de eu­ros— e in­cre­men­tou en 7.000 hec­tá­reas a su­per­fi­cie ins­cri­ta con res­pec­to ao ano an­te­rior.

—Es­tas ci­fras de cre­ce­men­to ofre­cen un­has boas pers­pec­ti­vas pa­ra es­te ano e pa­ra os pró­xi­mos?

—Des­de que se creou o Crae­ga pui­do ha­ber al­gún ano de es­tan­ca­men­to en pa­rá­me­tros co­mo a su­per­fi­cie ins­cri­ta ou o nú­me­ro de ope­ra­do­res, pe­ro en xe­ral hou­bo un cre­ce­men­to con­ti­nuo du­ran­te to­dos es­tes anos. O ano pa­sa­do ti­ve­mos un in­cre­men­to de máis do 25 % en vo­lu­me de ven­das, che­gan­do en con­xun­to a 8,3 mi­llóns de eu­ros de be­ne­fi­cio. Ta­mén au­men­ta­ron con­si­de­ra­ble­men­te a su­per­fi­cie ins­cri­ta e o nú­me­ro de ope­ra­do­res, que che­gou a 945 en to­dos os re­xis­tros, é di­cir, su­man­do os pro­du­to­res e os ela­bo­ra­do­res. Pa­ra es­te ano es­pe­ra­mos que o sec­tor si­ga cre­cen­do e creo que pa­sa­re­mos do mi­llar de ope­ra­do­res. Aín­da es­ta­mos lon­xe das ci­fras que se ma­ne­xan nos paí­ses eu­ro­peos máis avan­za­dos en pro­du­ción eco­ló­xi­ca, pe­ro as pers­pec­ti­vas que te­mos son boas.

—Ca­les son os prin­ci­pais obs­tácu­los que de­be en­fron­tar o sec­tor en Ga­li­cia pa­ra se­guir cre­cen­do?

—Un de­les é que o ni­vel de co­mer­cia­li­za­ción des­tes pro­du­tos en Ga­li­cia aín­da é bai­xo. Arre­dor dun 50% do que se pro­du­ce na co­mu­ni­da­de —aín­da que a ci­fra é moi apro­xi­ma­da— é co­mer­cia­li­za­do nou­tras par­tes de Es­pa­ña ou nou­tros paí­ses. Te­mos que se­guir fo­men­tan­do o con­su­mo pro­pio, por­que pre- ci­sa­men­te un­ha das ba­ses da agri­cul­tu­ra eco­ló­xi­ca é im­pul­sar o con­su­mo lo­cal dos no­sos pro­pios pro­du­tos. Non é con­ve­nien­te que un­ha pro­por­ción tan gran­de do que pro­du­ci­mos vaia pa­rar a ou­tras co­mu­ni­da­des ou a ou­tras re­xións do con­ti­nen­te.

—E is­to co­mo se po­de con­se­guir?

—Es­ta­mos or­ga­ni­zan­do re­gu­lar­men­te cam­pa­ñas de di­vul­ga­ción e de con­cien­cia­ción dos con­su­mi­do­res e hai que se se­guir in­sis­tin­do nes­ta li­ña. Ago­ra es­ta­mos a pre­pa­rar coa Con­se­lle­ría de Me­dio Ru­ral un plan es­tra­té­xi­co pa­ra im­pul­sar o sec­tor que es­pe­ra­mos que non tar­de en es­tar lis­to e que ten entre os seus ob­xec­ti­vos o de fo­men­tar o con­su­mo de pro­du­tos eco­ló­xi­cos den­tro de Ga­li­cia. Pa­ra desen­vol­ver es­ta es­tra­te­xia é ne­ce­sa­rio fa­lar cos ope­ra­do­res, cos con­su­mi­do­res, con to­da a xen­te re­la­cio­na­da con es­te sec­tor. E ta­mén con ou­tras con­se­lle­rías, por­que is­to non afec­ta só a Me­dio Ru­ral.

—Co­mo es­tá ho­xe a ven­da des­tes pro­du­tos nas gran­des su­per­fi­cies?

—Nor­mal­men­te ten ha­bi­do bas­tan­tes crí­ti­cas por par­te de xen­te que di que non en­con­tra pro­du­tos eco­ló­xi­cos nes­te ti­po de es­ta­ble­ce­men­tos, pe­ro o cer­to é que a si­tua­ción cam­biou moi­to nes­te sen­ti­do nos úl­ti­mos tem­pos. Xa non é un­ha cou­sa que se li­mi­ta a pe­que­nas ten­das es­pe­cia­li­za­das, co­mo pa­sa­ba nou­tros tem­pos. Ho­xe as gran­des su­per­fi­cies es­tán apos­tan­do moi­tí­si­mo po­la pro­du­ción eco­ló­xi­ca e es­pe­ra­mos que is­to vaia a máis. Nun­has xor­na­das so­bre co­mer­cia­li­za­ción que or­ga­ni­za­mos en xa­nei­ro, por exem­plo, con­ta­mos coa pre­sen­za dun­ha re­pre­sen­tan­te dun­ha im­por­tan­te ca­dea de su­per­mer­ca­dos. Te­mos que es­tar pre­sen­tes no pe­queno co­mer­cio lo­cal, pe­ro ta­mén nas gran­des su­per­fi­cies. Hai que fa­vo­re­cer que os pro­du­tos da agri­cul­tu­ra eco­ló­xi­ca es­tean dis­po­ñi­bles en to­do ti­po de es­ta­ble­ce­men­tos.

—Al­go que ta­mén se cri­ti­ca a miú­do nes­tes pro­du­tos é o seu pre­zo con res­pec­to aos con­ven­cio­nais.

—Nes­te as­pec­to a si­tua­ción ta­mén es­tá cam­bian­do moi­to. Ho­xe en día hai moi­ta ofer­ta de pro­du­tos eco­ló­xi­cos e entre eles hai al­gúns que te­ñen un­ha pro­du­ción moi li­mi­ta­da e po­lo tan­to non for­man un­ha ma­sa crí­ti­ca su­fi­cien­te co­mo pa­ra con­se­guir que os pre­zos bai­xen. Pe­ro na maio­ría dos ca­sos os pre­zos es­tan­se re­du­cin­do e xa non pre­sen­tan un­ha di­fe­ren­za subs­tan­cial con res­pec­to aos pro­du­tos con­ven­cio­nais. Nos paí­ses cen­troeu­ro­peos on­de o con­su­mo de pro­du­tos eco­ló­xi­cos é moi ele­va­do, a di­fe­ren­cia é moi pe­que­na ou im­per­cep­ti­ble, e is­to é al­go que xa es­tá co­me­zan­do a su­ce­der en Es­pa­ña con moi­tos pro­du­tos. No ca­so de Ga­li­cia ta­mén se dá es­ta ten­den­cia, aín­da que fal­ta moi­to ca­mi­ño por an­dar. Os con­su­mi­do­res te­ñen ca­da vez máis con­cien­cia me­dioam­bien­tal e ho­xe hai un­ha maior de­man­da de pro­du­tos que non con­tri­búen a es­tra­gar a na­tu­re­za. E o con­su­mo des­tes pro­du­tos ta­mén se re­la­cio­na moi­to coa preo­cu­pa­ción po­la saú­de. Quen os ad­qui­re sa­be con cer­te­za que son pro­du­tos de al­ta ca­li­da­de ela­bo­ra­dos sen com­po­ñen­tes no­ci­vos, aín­da que cus­ten un pou­co máis. É al­go moi di­fe­ren­te que con­su­mir co­mi­da ba­ra­ta que non se sa­be real­men­te o que con­tén.

—Pa­ra os pro­du­to­res non re­sul­ta moi lon­go e com­pli­ca­do e pro­ce­so de tran­si­ción da pro­du­ción con­ven­cio­nal á eco­ló­xi­ca?

«O mi­ni­fun­dio di­fi­cul­ta o cre­ce­men­to da vi­ti­ti­cul­tu­ra»

—A du­ra­ción do pro­ce­so é di­fe­ren­te se­gun­do o ti­po de pro­du­ción. Adap­tar­se sem­pre le­va un tem­po, pe­ro un­ha vez que se em­pe­za ve­se que o pro­ce­so non é tan com­ple­xo co­mo po­de pa­re­cer ao prin­ci­pio. E pa­sar­se á pro­du­ción eco­ló­xi­ca su­pón pa­ra os pro­du­to­res a van­ta­xe de po­der ofre­cer uns ali­men­tos de moi­ta ca­li­da­de que ca­da vez son máis va­lo­ra­dos. Fer­nán­dez si­na­la que a tra­di­ción do mi­ni­fun­dio di­fi­cul­ta cer­tos ti­pos de pro­du­ción eco­ló­xi­ca, co­mo a vi­ti­cul­tu­ra.

—Que pro­ble­mas te­ñen os viticultores eco­ló­xi­cos?

—O prin­ci­pal obs­tácu­lo é que a vi­ti­cul­tu­ra re­qui­re uns te­rreos moi de­ter­mi­na­dos e que a frag­men­ta­ción da pro­pie­da­de fai di­fí­cil con­tar con fin­cas que non es­tean en me­dio dou­tros vi­ñe­dos que se­guen pro­du­cin­do de for­ma con­ven­cio­nal. Se o dono dun vi­ñe­do pe­queno que es­tá nes­ta si­tua­ción que­re pro­du­cir en eco­ló­xi­co ten que po­ñer ba­rrei­ras ve­xe­tais, e en­tón po­de que­dar­lle moi pou­co es­pa­zo pa­ra as ce­pas. Creo que a vi­ti­cul­tu­ra eco­ló­xi­ca se­gui­rá cre­cen­do, pe­ro ten as súas li­mi­ta­cións.

ROI FER­NÁN­DEZ

Fer­nán­dez apos­ta por con­cien­ciar aos con­su­mi­do­res ga­le­gos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.