Javier Bueno

O pro­fe­sor lem­bra a ne­ce­si­da­de de ter un sec­tor fo­res­tal máis com­pe­ti­ti­vo

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de Galicia (OneOff ALL) - - PORTADA - MA­RIO BE­RA­MEN­DI

O vi­ce­rrei­tor de Coor­di­na­ción do Cam­pus de Lu­go, Javier Bueno, apos­ta po­la es­pe­cia­li­za­ción e o co­ñe­ce­men­to pa­ra im­pul­sar a eco­no­mía ga­le­ga e o seu me­dio ru­ral e po­der com­pe­tir así cos paí­ses avan­za­dos.

—¿Co­mo va­lo­ra a si­tua­ción ac­tual do sec­tor fo­res­tal ga­le­go?

—Ga­li­cia é o prin­ci­pal pro­du­tor de ma­dei­ra de España, só na pro­vin­cia de Lu­go cór­ta­se o 25 % da ma­dei­ra pro­du­ci­da anual­men­te en to­do o Es­ta­do. O sec­tor é moi re­le­van­te pa­ra a eco­no­mía de Ga­li­cia tan­to na xe­ra­ción de ri­que­za co­mo en crea­ción de postos de tra­ba­llo no me­dio ru­ral. Pe­ro ne­ce­si­ta me­llo­rar pa­ra ga­ran­tir que no fu­tu­ro te­ña­mos un sec­tor fo­res­tal máis sos­ti­ble e com­pe­ti­ti­vo nun mer­ca­do cada vez máis glo­bal.

—¿Que pa­sos con­si­de­ra prio­ri­ta­rios pa­ra ob­ter máis va­lor na ca­dea mon­te-in­dus­tria?

—Hai moi­tas me­di­das que se po­den po­ñer en mar­cha. En cada ni­vel da ca­dea te­mos de­man­das de ac­tua­cións ne­ce­sa­rias: sil­vi­cul­tu­ra, pre­ven­ción e loi­ta con­tra in­cen­dios, in­dus­tria de pri­mei­ra e se­gun­da trans­for­ma­ción... Eu des­ta­ca­ría a ne­ce­si­da­de de for- ma­ción e in­no­va­ción que so­li­ci­ta o sec­tor, so­bre to­do que ese co­ñe­ce­men­to se­xa­mos ca­pa­ces de tras­la­da­lo aos pro­pie­ta­rios das ex­plo­ta­cións fo­res­tais ou á in­dus­tria trans­for­ma­do­ra. É di­cir, a trans­fe­ren­cia de tec­no­lo­xía ao sec­tor é un as­pec­to prio­ri­ta­rio pa­ra xe­rar máis va­lor na ca­dea mon­te-in­dus­tria, e a uni­ver­si­da­de ten un pa­pel des­ta­ca­do nes­te re­to.

—¿Que lle pa­re­ce que a Xun­ta de­ci­di­ra re­cu­pe­rar o Plan Fo­res­tal?

—Pa­re­ce moi opor­tuno re­vi­sar un do­cu­men­to que da­ta­ba do ano 1992 e que pre­ci­sa­ba un­ha ac­tua­li­za­ción tras pa­sar máis de 20 anos den­de a súa apro­ba­ción. A re­vi­sión fí­xo­se en ba­se a un­has di­rec­tri­ces que, nun­ha gran­de me­di­da, con­se­guí­ron­se con­sen­suar en­tre os prin­ci­pais axen­tes do sec­tor fo­res­tal. Sem­pre é com­pli­ca­do que un do­cu­men­to des­te tipo con­ten­te ple­na­men­te a to­dos os axen­tes im­pli­ca­dos, pe­ro a ini­cia­ti­va é ne­ce­sa­ria e opor­tu­na ao afec­tar a un sec­tor de gran re­le­van­cia eco­nó­mi­ca en Ga­li­cia.

—¿Que é exac­ta­men­te o Cam­pus Te­rra?

—É un pro­xec­to que, coa co­la­bo­ra­ción da Con­se­lle­ría de Cul­tu­ra, Edu­ca­ción e Or­de­na­ción Uni­ver­si­ta­ria, pre­ten­de re­de­fi­nir o pa­pel no Sis­te­ma Uni­ver­si­ta­rio de Ga­li­cia do Cam­pus da Uni­ver­si­da­de de Santiago de Com­pos­te­la na ci­da­de de Lu­go. Con­tem­pla un­ha serie de ac­tua­cións pa­ra trans­for­ma­lo nun re­fe­ren­te nos ám­bi­tos de co­ñe­ce­men­to vin­cu­la­dos á sus­ten­ta­bi­li­da­de eco­nó­mi­ca, so­cial e me­dioam­bien­tal do uso da te­rra.

—¿Ca­les son os seus re­tos?

—A es­pe­cia­li­za­ción, a in­ter­na­cio­na­li­za­ción e a ex­ce­len­cia, son os tres ob­xec­ti­vos trans­ver­sais que ac­túan co­mo li­ñas de orien­ta­ción es­tra­té­xi­cas nes­ta no­va eta­pa. O no­so fu­tu­ro pa­sa por ofer­tar un­ha ac­ti­vi­da­de do­cen­te, in­ves­ti­ga­do­ra e de ser­vi­zos cuns ni­veis de ca­li­da­de que se­xan ca­pa­ces de atraer ta­len­to a Lu­go den­de to­das as par­tes do mun­do.

—Dun mo­do máis es­pe­cí­fi­co, ¿co­mo tra­ba­lla o cam­pus a prol do sec­tor fo­res­tal?

— Lu­go é a pro­vin­cia máis fo­res­tal de España, e a ti­tu­la­ción de Grao en En­xe­ña­ría Fo­res­tal e do Me­dio Na­tu­ral do Cam­pus Te­rra foi con­si­de­ra­da co­mo a me­llor de España polo U-Ran­king do ano 2017 ela­bo­ra­do po­la fun­da­ción do BBVA e o Ins­ti­tu­to Va­len­ciano de In­ves­ti­ga­cións Eco­nó­mi­cas (IVIE). Es­te é un bo in­di­ca­dor da ca­li­da­de dos no­sos egre­sa­dos es­pe­cia­li­za­dos no sec­tor fo­res­tal, que son o prin­ci­pal ac­ti­vo pa­ra o desen­vol­ve­men­to do sec­tor fo­res­tal ga­le­go.

—¿Pe­ro en que se dis­tin­guen na for­ma­ción?

—Te­mos a úni­ca ti­tu­la­ción de más­ter uni­ver­si­ta­rio en España orien­ta­da a for­mar es­pe­cia­lis­tas no cálcu­lo e deseño de es­tru­tu­ras de ma­dei­ra pa­ra a edi­fi­ca­ción tan­to ar­qui­tec­tó­ni­ca co­mo ru­ral ou pa­ra pro­xec­tos de obra ci­vil. Es­tes es­pe­cia­lis­tas van pro­mo­ver que a ma­dei­ra se­xa máis uti­li­za­da pa­ra es­tas fi­na­li­da­des es­tru­tu­rais e, polo tan­to, abren no­vas po­si­bi­li­da­des de ne­go­cio pa­ra as em­pre­sas do sec­tor fo­res­tal.

—¿For­mar­se en ti­tu­la­cións es­pe­cia­li­za­das no Cam­pus Te­rra ga­ran­te un bo ho­ri­zon­te pro­fe­sio­nal?

—Os no­sos ti­tu­la­dos es­tán a de­mos­trar que son ca­pa­ces de apor­tar moi­to va­lor no seu exer­ci­cio pro­fe­sio­nal. Com­pi­ten cos me­llo­res do mun­do en cal­que­ra pro­ce­so de se­lec­ción de re­cur­sos humanos. Un bo exem­plo é que le­va­mos dous anos con­se­cu­ti­vos con­se­guin­do que un dos no­sos egre­sa­dos ga­ñe un­ha das bol­sas da Fun­da­ción La Cai­xa pa­ra es­tu­dar un más­ter na uni­ver­si­da­de que desexen. Es­te cur­so te­mos un ti­tu­la­do en Ya­le, en Es­ta­dos Uni­dos, e un­ha ti­tu­la­da en Wa­ge­nin­gen, Paí­ses Bai­xos.

«Os no­sos ti­tu­la­dos com­pi­ten nos pro­ce­sos cos me­llo­res do mun­do»

Javier Bueno lem­bra que pa­ra com­pe­tir hai que ba­sear a eco­no­mía no co­ñe­ce­men­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.