Ro­sa­lía na súa casa

Rei­nau­gu­ra­ción da casa mu­seo da es­cri­to­ra en Pa­drón

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de Galicia (OneOff ALL) - - PORTADA - Por An­xo An­guei­ra Pre­si­den­te da Fun­da­ción Ro­sa­lía de Cas­tro

Quen ho­xe se ache­gue á Ma­tan­za ato­pa­rá un­ha Casa de Ro­sa­lía ra­di­cal­men­te no­va. Co­ren­ta e cin­co anos des­pois de que se inau­gu­ra­se co­mo Casa-Mu­seo pre­ci­sa­ba un acon­di­cio­na­men­to in­te­rior e ex­te­rior ur­xen­te, que fi­xe­mos gra­zas ós di­fe­ren­tes fon­dos tra­mi­ta­dos po­la Con­se­lle­ría de Cultura da Xun­ta de Ga­li­cia e á in­ter­ven­ción di­ri­xi­da po­los ar­qui­tec­tos Luís Gil e Cris­ti­na Nie­to. Pe­ro ta­mén re­sul­ta­ba im­pres­cin­di­ble un­ha ac­tua­li­za­ción mu­seo­ló­xi­ca e mu­seo­grá­fi­ca. E ta­mén se fi­xo, nes­te ca­so coa axu­da de Depu­tación da Co­ru­ña. Tra­tá­ba­se de dar­lle un­ha vi­da re­no­va­da a un es­pa­zo sen­llei­ro da no­sa cultura, de in­cor­po­rar as no­vas lec­tu­ras de Ro­sa­lía, co­mo es­cri­to­ra e in­te­lec­tual, na so­cie­da­de con­tem­po­rá­nea, de aten­der os ac­tuais ho­ri­zon­tes con que o vi­si­tan­te che­ga á súa casa, de apro­vei­tar as po­si­bi­li­da­des ex­po­si­ti­vas das mo­der­nas tec­no­lo­xías. Pa­ra a ela­bo­ra­ción do no­so dis­cur­so, di­ri­xi­do por Pe­pe Ba­rro, foi fun­da­men­tal ade­mais in­te­grar pe­zas que di­rec­ta­men­te ti­ñan que ver coa vi­da e a obra da no­sa au­to­ra e da súa fa­mi­lia. Son ca­dros, mo­bles, fon­dos do­cu­men­tais e di­fe­ren­tes ob­xec­tos fa­mi­lia­res ce­di­dos ou doa­dos gra­zas á xe­ne­ro­si­da­de da Depu­tación, da RAG e dou­tras en­ti­da­des e ta­mén par­ti­cu­la­res. Des­de a Fun­da­ción que­re­mos agra­de­cer, pois, to­da a co­la­bo­ra­ción re­ci­bi­da nes­tes anos pa­ra po­der le­var adian­te o no­so pro­xec­to, pro­ba ou­tra vez máis de que Ro­sa­lía é o gran em­ble­ma que nos une e mais nos mo­ve en tó­do­los re­lan­zos do ca­mi­ño da Ga­li­cia con­tem­po­rá­nea.

Vis­ta da Casa de Ro­sa­lía en 1958, un­ha acua­re­la de Ma­riano García Pa­ti­ño, que o pro­pio ar­tis­ta aga­sa­lla á pa­re­lla Ma­nuel Ma­ría e Saleta Goi po­lo seu ca­sa­men­to en 1959. Con­sér­va­se na Casa-Mu­seo de Ma­nuel Ma­ría en Ou­tei­ro de Rei.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.