Abel Car­ba­llo Pe­na

Co­lle­rá as ren­das da ex­plo­ta­ción fa­mi­liar de Xer­ma­de xun­to co seu ir­mán Ser­gio

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de Galicia (OneOff ALL) - - PORTADA - PA­TRI­CIA BLAN­CO

A Abel Car­ba­llo Pe­na aín­da lle fal­tan uns me­ses pa­ra a maio­ría de ida­de, pe­ro ase­gu­ra que xa hai uns can­tos anos que ten ben cla­ro que o seu fu­tu­ro es­ta­rá li­ga­do ao agro. Es­tu­dan­te do ci­clo me­dio de Pro­du­ción Agro­pe­cua­ria no Cen­tro de Pro­mo­ción Ru­ral EFA Fon­te­boa de Co­ris­tan­co, con­ta con in­cor­po­rar­se moi pro­xi­ma­men­te á gran­xa fa­mi­liar, La­goa Serabel, si­tua­da no mu­ni­ci­pio lu­cen­se de Xer­ma­de, na Te­rra Chá. É máis: se­rá el, xun­to co seu ir­mán Ser­gio (25 anos), in­cor­po­ra­do re­cen­te­men­te e con es­tu­dos de me­cá­ni­ca, o que se po­ña á fron­te da ex­plo­ta­ción. A día de ho­xe mo­xen un­has 55 va­cas, «e coa gran­xa no­va irá pa­ra 75 en or­de­ño». En to­tal, en­tre gran­des e pe­que­nas, un­has 150, se­gun­do de­ta­lla. Suba da ca­li­da­de de vi­da e de pro­du­ti­vi­da­de son cues­tións que se ato­pan de­trás do plan de me­llo­ra que es­tán im­plan­tan­do. Abel ten a idea, ade­mais, de con­ti­nuar avan­zan­do es­tu­dos cun ci­clo su­pe­rior. «Fon­te­boa é un cen­tro que te sa­ca moi­to, co que fas moi­tas vi­si­tas, e iso es­tá ben», di.

—¿Que his­to­ria ten a gran­xa?

—Em­pe­zou con ela meu avó, can- do veu de Suí­za. Da­que­la ti­ñan cin­co ou seis va­cas e de aí fo­ron au­men­tan­do, ata che­gar a ho­xe. A meu pai fál­tan­lle cin­co anos pa­ra xu­bi­lar­se e, a mi­ña nai, al­go máis, pe­ro a idea é que agora co­lla­mos to­do is­to eu e mais o meu ir­mán.

—¿En que con­sis­te o plan de me­llo­ra que te­ñen en mar­cha?

—Es­ta­mos in­tro­du­cin­do a raza Jer­sey: com­pra­mos dez no­vi­llas e seis va­cas. Nós ven­dé­mos­lle o lei­te a En­tre­pi­na­res e esi­xe moi­ta ca­li­da­de: es­tas va­cas dan me­nos can­ti­da­de, pe­ro máis ca­li­da­de.

—¿Obri­ga a al­gun­ha obra, a al­gún cam­bio na pro­pia ex­plo­ta­ción?

—Si, as va­cas Jer­sey te­mos que po­ñe­las á par­te, por­que son máis pe­que­ni­ñas. Os cu­bícu­los son de me­nor ta­ma­ño. Ou­tra in­no­va­ción que in­tro­du­ci­mos foi que es­tes, en vez de ser de fe­rro, son co­mo de plás­ti­co, pa­ra que non se man­quen. Hai ta­mén un­ha sa­la de mu­xi­do tra­sei­ra, de do­ce pun­tos.

—¿Es­pe­ra­ban os seus pais que desen es­te pa­so adian­te?

—Pen­so que de mín si, e poi­da que de meu ir­mán, igual. A el gús­ta­lle máis a ma­qui­na­ria, pe­ro as va­cas, os ani­mais, ta­mén. Eu, den­de os 11 anos, le­vo in­do a con­cur­sos, mo­vén­do­me nis­to. O ano pa­sa­do que­dei cam­pión de Es­pa­ña [ca­te­go­ría jú­nior do cam­pio­na­to de ma­ne­xa­do­res do Con­cur­so Na­cio­nal Co­na­fe 2017] e sub­cam­pión hai dous. Fun ta­mén a Bél­xi­ca... Tra­to de ir a to­dos. É al­go que re­qui­re de ho­ras, hai cer­tos pa­sos que has de fa­cer, eu de­dí­co­lle moi­to tem­po.

—¿Por que es­te ca­mi­ño ca­ra a me­llo­ra? ¿É a vía de fu­tu­ro?

—Co­lle­mos is­to por­que nos gus­ta aos dous [ir­máns]. Meus pais que­rían ven­der, pe­ro nós, non, por­que que­ria­mos se­guir. A tec­no­lo­xía ho­xe en día axu­da moi­to: fai­che as cou­sas máis có­mo­das, con me­nos tra­ba­llo. En me­nos tem­po, fas máis. Au­men­ta moi­to, ade­mais, o be­nes­tar ani­mal.

—¿Que por­vir lle ve ao ru­ral?

—Fu­tu­ro moi­to non ve­xo, e pen­so que igual hai que in­no­var cou­sas, sa­car pro­du­tos no­vos pa­ra que a xen­te te co­ñe­za. Ho­xe en día hai ca­da vez me­nos gran­xas, pe­ro moi­to máis gran­des e que fan máis lei­te: sem­pre lle ven­den ao mes­mo e creo que o mer­ca­do non aguan­ta iso, tan­ta pro­du­ción. Ha­be­ría que bus­car al­ter­na­ti­vas.

—¿Al­gun­ha de­sas in­no­va­cións que par­ti­cu­lar­men­te o sor­pren­da? ¿Co­mo ve Ga­li­cia con res­pec­to a ou­tros paí­ses nos que es­ti­vo?

—Di­ría que aquí en cer­ta me­di­da es­ta­mos bas­tan­te avan­za­dos. En Ga­li­cia es­tan­se po­ñen­do moi­tos ro­bots, al­go que a mín par­ti­cu­lar­men­te non me gus­ta, pe­ro fai­se por­que non hai man de obra. Moi­tas ve­ces din que non a hai, pe­ro ta­mén é por­que ao me­llor se que­re ter a un ra­paz aí dez ho­ras, por 800 eu­ros, e así cla­ro que non vai nin­guén. Non se pa­ga.

—Non se va­lo­ra co­mo un tra­ba­llo nor­mal, can­do re­qui­re for­ma­ción.

—Cla­ro. Pe­ro se o ves ben, é un tra­ba­llo co­ma ou­tro. En 8 ho­ras po­de­rías fa­ce­lo per­fec­ta­men­te.

—¿Ti­ve­ron axu­das á ho­ra de em­pren­der es­ta no­va eta­pa?

—Dan axu­das por in­cor­po­rar­te, o 50 %, pe­ro hai cou­sas que non ve­xo ben. Nós te­mos que le­var a elec­tri­ci­da­de e co­mo te­mos pou­ca po­ten­cia pa­ra a gran­xa no­va, a em­pre­sa mán­da­nos a nós pa­gar­lles pa­ra re­for­zar a li­ña e, lo­go, se a com­pra­mos, ta­mén a te­mos que pa­gar, por po­ñer un exem­plo.

«Es­ta­mos in­tro­du­cin­do a raza Jer­sey: dan me­nos lei­te, pe­ro de máis ca­li­da­de»

—¿Te­ñen un pra­zo pa­ra ter rematado es­te plan de me­llo­ra?

—Pen­so que pa­ra o 15 ou 20 de ou­tu­bro es­ta­rá to­do lis­to e, pa­ra co­me­zos do mes no­vem­bro, to­do com­ple­ta­men­te ins­ta­la­do.

ANA GAR­CÍA

Abel, es­tu­dan­te na EFA Fon­te­boa de Co­ris­tan­co, di que pre­fi­re vi­vir no ru­ral: «Es­tás ao teu ai­re».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.