Ti va­les moi­to

10 claves pa­ra for­ta­le­cer a au­to­es­ti­ma dos fi­llos

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - ORIENTACIÓN EDUCATIVA - > Ana T. Jack anat­jack@edu.xun­ta.es

Un­ha per­soa que non es­tá sa­tis­fei­ta con­si­go mes­ma non po­de afron­tar a vi­da coa de­ci­sión e op­ti­mis­mo ne­ce­sa­rios pa­ra al­can­zar o éxi­to pro­fe­sio­nal, per­soal e so­cial. Da mes­ma for­ma, un neno in­se­gu­ro, que non con­fía nas súas pro­pias ca­pa­ci­da­des, vai ato­par­se con moi­tas di­fi­cul­ta­des pa­ra ren­der nos es­tu­dos, pa­ra es­ta­ble­cer re­la­cións so­ciais sa­tis­fac­to­rias e pa­ra sen­tir­se a gus­to con­si­go mes­mo. É o que se cha­ma a pro­fe­cía au­to­cum­pri­da, un círcu­lo vi­cio­so do que non é fá­cil saír: eu non con­fío nas mi­ñas ha­bi­li­da­des (pa­ra es­tu­dar, pa­ra fa­cer ami­gos...), po­lo que ob­te­ño malos re­sul­ta­dos, o que con­fir­ma que te­ño pou­cas ha­bi­li­da­des.

A au­to­es­ti­ma é a va­lo­ra­ción que se fai ca­da per­soa de si mes­ma. É al­go que se cons­trúe aos pou­cos, a tra­vés da in­for­ma­ción que se re­ci­be dos de­mais, nun pro­ce­so len­to e con­ti­nuo. Nes­te sen­ti­do, os pais e nais so­mos os pri­mei­ros e máis im­por­tan­tes mol­dea­do­res da au­to­es­ti­ma dos no­sos fi­llos ao acep­ta­los tal cal son e ofre­cer­lles o no­so afec­to de for­ma in­con­di­cio­nal, va­lo­ran­do a súa for­ma de ac­tuar, non a eles como per­soas. Ter boa au­to­es­ti­ma sig­ni­fi­ca:

Sen­tir­se que­ri­do e acep­ta­do tal e como se é.

Ser ca­paz de re­co­ñe­cer e acep­tar as ca­li­da­des pro­pias, así como as di­fe­ren­zas en re­la­ción cos de­mais.

Acep­tar ca­rac­te­rís­ti­cas pro­pias que non se po­den cam­biar con fa­ci­li­da­de, por exem­plo os tra­zos fí­si­cos, pe­ro que tal­vez po­den re­pre­sen­tar un­ha van­ta­xe en cer­tos ám­bi­tos.

Os mo­men­tos cla­ve da au­to­es­ti­ma son a in­fan­cia e a ado­les­cen­cia, nos que os víncu­los afec­ti­vos coa fa­mi­lia e as re­la­cións so­ciais cos iguais van ser fun­da­men­tais.

DEZ CLAVES PA­RA RE­FOR­ZAR A AU­TO­ES­TI­MA NOS FI­LLOS:

1 Re­co­ñe­cer e fa­cer­lles ver os seus pun­tos for­tes e ha­bi­li­da­des per­soais, fa­ci­li­tan­do a súa po­ten­cia­ción e desen­vol­ve­men­to.

2 Axu­dar­lles a iden­ti­fi­car e su­pe­rar os seus pun­tos dé­bi­les a tra­vés do es­for­zo e a cons­tan­cia. 3 Can­do ha­xa de­ter­mi­na­das cir­cuns­tan­cias per­soais que non se po­den me­llo­rar, axu­da­los a acep­ta­las e a cen­trar o fo­co nou­tras áreas.

4 Trans­mi­tir­lles a idea de que co­me­ter erros e equi­vo­car­se for­ma par­te do pro­ce­so na­tu­ral pa­ra apren­der (Can­do em­pe­za­mos a an­dar cae­mos un­ha e ou­tra vez... ata que con­se­gui­mos dar uns pa­si­ños).

5 Ce­le­brar os seus lo­gros, ani­mán­doos a con­ti­nuar do mes­mo xei­to.

6 Fa­ci­li­tar o desen­vol­ve­men­to de ac­ti­vi­da­des que lles in­tere­sen e lles pro­vo­quen sen­ti­men­tos de be­nes­tar per­soal (ex­pre­sión ar­tís­ti­ca, de­por­ti­va, lec­tu­ras...). 7 Po­ten­ciar os sen­ti­men­tos de unión fa­mi­liar, fa­cén­do­lles sen­tir­se mem­bros indispensables, va­lio­sos e úni­cos.

8 Ex­por un es­ti­lo de co­mu­ni­ca­ción fa­mi­liar no que as ideas e a ex­pre­sión de sen­ti­men­tos de ca­da un dos mem­bros se­xa moi im­por­tan­te.

9 Fo­men­tar a in­de­pen­den­cia e a au­to­no­mía per­soal, se­gun­do a ida­de e ma­du­rez per­soal, fu­xin­do da so­bre­pro­tec­ción e a de­pen­den­cia emo­cio­nal.

10 Ex­pre­sar­lles amor in­con­di­cio­nal e apoio afec­ti­vo ao lon­go de to­do o seu pro­ce­so de cre­ce­men­to.

KA­RAH LE­VELY-RINALDI

As re­la­cións so­ciais son fun­da­men­tais pa­ra re­for­zar a au­to­es­ti­ma

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.