Mon­ta­ñas sub­ma­ri­nas

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - CIENCIAS -

A ex­pe­di­ción do Cha­llen­ger fa­ci­li­tou a pri­mei­ra pers­pec­ti­va dos prin­ci­pais ac­ci­den­tes xeo­grá­fi­cos do fon­do oceá­ni­co. Os cien­tí­fi­cos que via­xa­ban a bor­do uti­li­za­ron son­das de ca­ble pa­ra de­ter­mi­nar as pro­fun­di­da­des oceá­ni­cas en di­fe­ren­tes lu­ga­res do Atlán­ti­co e o Pa­cí­fi­co. Che­ga­ron a rea­li­zar 492 son­da­xes en au­gas de gran pro­fun­di­da­de. Así des­cu­bri­ron a dor­sal me­soatlán­ti­ca, un­ha cor­di­llei­ra sub­ma­ri­na que cru­za o océano Atlán­ti­co de nor­te a sur, e a fo­sa das Ma­ria­nas, a zo­na máis pro­fun­da co­ñe­ci­da.

Moi­tos anos des­pois, mo­der­nos mé­to­dos de ex­plo­ra­ción sub­ma­ri­na, como o so­nar e a pros­pec­ción sís­mi­ca, co­rro­bo­ra­rían os da­tos ob­ti­dos po­los cien­tí­fi­cos do Cha­llen­ger e con­fir­ma­ría­se a exis­ten­cia de xi­gan­tes­cas dor­sais oceá­ni­cas, al­gun­has das ca­les po­suían va­les e pro­fun­das fen­de­du­ras no seu cen­tro. Des­cu­bri­ría­se ta­mén que to­das es­tas dor­sais, ou cor­di­llei­ras sub­ma­ri­nas, es­ta­ban co­nec­ta­das en­tre si for­man­do o maior sis­te­ma mon­ta­ño­so do pla­ne­ta: a re­de glo­bal de dor­sais oceá­ni­cas es­tén­de­se ao lon­go de 80.000 km e un­ha gran fen­de­du­ra per­co­rre o seu cen­tro co­ma se dun­ha co­lum­na ver­te­bral tra­tá­se­se. En 1960, o xeó­lo­go es­ta­dou­ni­den­se Harry Hess des­cu­briu que a tra­vés des­ta gran fen­de­du­ra cen­tral ma­nan ma­te­riais pro­ce­den­tes do man­to te­rres­tre.

Ba­seán­do­se no seu des­cu­bri­men­to, Hess for­mu­lou a teo­ría da expansión do fon­do oceá­ni­co, que man­tén que es­ta enor­me gre­ta, que co­me­za no océano Ár­ti­co e que avan­za a tra­vés do Atlán­ti­co e o Ín­di­co pa­ra ter­mi­nar fron­te ás cos­tas de Ca­li­for­nia, é o lu­gar no que na­ce a cor­ti­za te­rres­tre. Is­lan­dia es­tá si­tua­da so­bre o lí­mi­te nor­te da dor­sal cen­tro-atlán­ti­ca e é un dos pou­cos lu­ga­res da Te­rra nos que un­ha cor­di­llei­ra se ele­va á su­per­fi­cie, de ma­nei­ra que a ac­ti­vi­da­de vol­cá­ni­ca ao lon­go de­la re­sul­ta en erup­cións vi­si­bles por en­ci­ma da su­per­fi­cie da au­ga, no canto de por centos de me­tros por bai­xo. Du­ran­te os úl­ti­mos 80 mi­llóns de anos, o Atlán­ti­co es­ten­deu­se a un rit­mo de 2 cen­tí­me­tros por ano. Ca­da ano pro­dú­cen­se 4 qui­ló­me­tros cú­bi­cos de cor­ti­za no­va nas dor­sais oceá­ni­cas. O des­cu­bri­men­to do que re­pre­sen­ta­ban os sis­te­mas de cor­di­llei­ras do cen­tro do océano, des­cu­ber­tas po­los cien­tí­fi­cos do Cha­llen­ger, su­pu­xo un gran sal­to adian­te pa­ra a xeo­lo­xía e un­ha no­va vi­sión da evo­lu­ción da Te­rra.

SI­MON HIRSBRUNNER

Is­lan­dia é un dos pou­cos lu­ga­res da Te­rra nos que un­ha cor­di­llei­ra ma­ri­ña se ele­va á su­per­fi­cie

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.