As illas máis gran­des do mun­do

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - >> SOCIALES -

Á de­fi­ni­ción clá­si­ca de illa (por­ción de te­rra ro­dea­da de au­ga por to­das par­tes) os xeó­gra­fos pó­ñen­lle pe­gas e fa­lan de illas con­ti­nen­tais, que é o que vul­gar­men­te se cha­ma con­ti­nen­te. Ou se­xa, Eu­fra­sia (Eu­ro­pa, Áfri­ca e Asia), Amé­ri­ca, Ocea­nía e a An­tár­ti­da. E aín­da así, ¿can­do un­ha por­ción de te­rra se con­si­de­ra illa? Eses mes­mos xeó­gra­fos din que non hai máis de 2.149, en oca­sións agru­pa­das en 22 ar­qui­pé­la­gos, o máis gran­de dos ca­les é o ma­laio, in­te­gra­do por na­da me­nos que 25.000 illas e illo­tes. O cu­rio­so é que aín­da hoxe se se­guen des­cu­brin­do illas no­vas aín­da que se­xan de pe­queno ta­ma­ño (pe­ro en ab­so­lu­to mi­núscu­lo), so­bre to­do ago­cha­das en­tre man­gla­res. No úl­ti­mo de­ce­nio son xa 657 as que pa­sa­ron a for­mar par­te dos ma­pas.

De­fi­ni­cións apar­te, no pla­ne­ta Te­rra só hai cin­co illas que se­xan máis gran­des que Es­pa­ña, que mi­de al­go máis de 504.000 qui­ló­me­tros ca­dra­dos. Son es­tas:

Groen­lan­dia. Su­ma na­da me­nos que 2.130.000 qui­ló­me­tros ca­dra­dos, é di­cir, ca­tro ve­ces Es­pa­ña. Al­ber­ga un­ha po­boa­ción de 57.000 per­soas (Vi­go vai ca­mi­ño das 300.000), o cal da un­ha den­si­da­de de 0,026 in­di­vi­duos por ca­da qui­ló­me­tro ca­dra­do. É un­ha au­to­no­mía da­ne­sa e o sen­ti­men­to in­de­pen­den­tis­ta é tan for­te que non hai que des­bo­tar que nun pra­zo bre­ve poi­da ser un país in­de­pen­den­te.

No­va Gui­nea. Son 785.753 qui­ló­me­tros ca­dra­dos, pe­ro re­par­ti­dos en­tre In­do­ne­sia por un­ha ban­da e Pa­púa-No­va Gui­nea por ou­tra. Aí hai no­ve mi­llóns e me­dio de al­mas.

Bor­neo. Peor es­tán en Bor­neo des­de o pun­to de vis­ta po­lí­ti­co: Bru­nei, In­do­ne­sia e Ma­lai­sia re­pár­ten­se os seus 748.000 qui­ló­me­tros ca­dra­dos, os ca­les al­ber­gan 19.712.000 per­soas. Ma­da­gas­car. Os ca­se 21 mi­llóns de ha­bi­tan­tes de Ma­da­gas­car te­ñen máis sor­te, posto que eses 587.000 qui­ló­me­tros ca­dra­dos for­man un país re­co­ñe­ci­do in­ter­na­cio­nal­men­te.

Baf­fin. Sen dú­bi­da a máis des­co­ñe­ci­da de to­das es­tas. Ató­pa­se en Ca­na­dá, mi­de 507.451 qui­ló­me­tros ca­dra­dos e aco­lle a pou­co máis de 11.000 per­soas.

A ci­da­de de Na­nor­ta­lik, da illa máis gran­de do mun­do, Groen­lan­dia

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.