Es­te ano, o himno ga­le­go non que­da­rá a me­dio to­car

La Voz de Galicia (Lugo) - Lugo local - - LUGO - X. CARREIRA

Con­tan nos co­rre­do­res do con­sis­to­rio lu­gués que o ano pa­sa­do un gai­tei­ro “hips­ter, cha­ma­do Simón Pi­ñón, foi o en­car­ga­do de to­car o himno ga­le­go o Do­min­go das Mo­zas na ofren­da a Ro­sa­lía. Sen que se sai­ba se foi por­que lle fal­ta­ron fol­gos ou, se ca­dra, ou­tra in­con­tin­xen­cia, o mú­si­co dei­xou a pe­za de Eduar­do Pon­dal á me­ta­de. Es­ta­ba no lu­gar a pre­goei­ra, Pi­lar García Ne­gro (es­cri­to­ra e so­cio­lin­güis­ta), mu­ller con ca­rác­ter e fon­do com­pro­mi­so po­la te­rra e a súa cul­tu­ra, e non llas co­ceu o cor­po: cha­mou a aten­ción ao gai­tei­ro e ta­mén á al­cal­de­sa. Dei­xar o himno sen pa­sar por to­das as es­tro­fas era al­go que no se po­día con­sen­tir.

Pe­ro a po­lé­mi­ca non se apa­gou coas choi­vas do in­verno, non. No mes de xu­llo a por­ta­voz de Lu­go­no­vo, Cristina Pé­rez, fi­xo un­ha pro­pos­ta pa­ra que non vol­ver a su­ce­der tal cou­sa na ofren­da. Himno ga­le­go to­tal, e non par­cial. E a po­der ser «que a in­ter­pre­ta­ción instrumental se acom­pa­ñe vo­gal­men­te da le­tra».

Es­te ano non ha­be­rá gai­ta, nin gai­tei­ro, na ofren­da. Os in­te­gran­tes da ban­da mu­ni­ci­pal irán ao par­que pa­ra in­ter­pre­tar o himno do país e non po­de­rá que­dar nin­gun­ha es­tro­fa. Ha­be­rá que em­pe­zar por o que din os ru­mo­ro­sos e aca­bar coa na­zón de Breo­gán. O que non se sa­be, po­lo de ago­ra, se ha­be­rá acom­pa­ña­men­to vo­cal.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.