A cu­rio­sa re­la­ción en­tre o cas­tro da Pi­rin­ga­lla e a Mu­ra­lla ro­ma­na

Ca­tro fe­rra­dos de cen­teo pro­du­ci­do na agra do cas­tro su­fra­ga­ban o cul­to na ca­pe­la da por­ta de San Pe­dro

La Voz de Galicia (Lugo) - Lugo local - - LUGO - ADOLFO DE ABEL VILELA

¡Co­mo pa­sa o tem­po! Fa­rá dez anos en de­cem­bro de 2007, que apa­re­ce­ron di­ver­sas pe­zas de ce­rá­mi­ca e ou­tros ele­men­tos per­ten­cen­tes a un asen­ta­men­to cas­tre­xo ro­mano ao fa­cer un­ha nova ca­na­li­za­ción po­la rúa Mar Can­tá­bri­co pa­ra a au­ga po­ta­ble que so­be des­de a es­ta­ción de­pu­ra­do­ra do río Mi­ño aos depósitos da Pi­rin­ga­lla. Se­gu­ra­men­te oco­rreu o mes­mo ao fa­cer as ci­men­ta­cións das ca­sas da rúa Ace­ro­lei­ro, pe­ro co­mo adoi­ta oco­rrer nes­tes ca­sos, ocul­ta­rían­se os acha­dos ou por ig­no­ran­cia ou por te­mor xus­ti­fi­ca­do á bu­ro­cra­cia. Nes­te ca­so, co­mo a obra era pú­bli­ca os ar­queó­lo­gos ac­tua­ron e dé­ron­nos a no­ti­cia de que alí ha­bía un cas­tro, al­go que xa se di en do­cu­men­tos da pri­mei­ra me­ta­de do sécu­lo XVIII.

Es­te cas­tro es­ti­vo re­la­cio­na­do ca­sual­men­te cun­ha par­te da Mu­ra­lla, en con­cre­to coa ca­pe­la das Er­mi­das que es­ta­ba no in­te­rior da Por­ta de San Pe­dro. Pa­ra su­fra­gar o cul­to que se ce­le­bra­ba alí, o 17 de se­tem­bro de 1749, ou­tor­gou tes­ta­men­to Ma­ría da Por­te­la, e dei­xa ao que cha­ma «san­tua­rio y ca­pi­lla de Nues­tra Se­ño­ra de las Er­mi­tas, si­ta so­bre la Puer­ta de San Pe­dro de es­ta ciu­dad», ca­tro fe­rra­dos de cen­teo cos seus de­rei­tos de pro­pie­da­de que lle pa­ga­ba anual­men­te Mar­cos Pi­ca­do, co­mo así mes­mo dá­ba­lle to­dos os bens raí­ces que le­va­ba e po­suía Mar­cos Ra­jal.

Os bens da ca­pe­la fo­ron in­cau­ta­dos e po­xa­dos po­lo Es­ta­do en 1807. O 12 de mar­zo, Francisco Sán­chez Vaa­mon­de, xuíz co­mi­sio­na­do po­lo in­ten­den­te xe­ral do Reino de Ga­li­cia pa­ra a ven­da de bens per­ten­cen­tes a es­ta­ble­ce­men­tos pia­do­sos na ci­da­de e pro­vin­cia, e o pres­bí­te­ro Pe­dro Cor­bei­ra, que era o ad­mi­nis­tra­dor dos que per­ten­cían á ca­pe­la, for­ma­ron ex­pe­dien­te re­sul­ta­do que eran de­la quin­ce lei­ros de her­da­de de­di­ca­dos a la­bra­dío que doa­ra con ou­tros Ma­ría da Por­te­la, viú­va de To­mé Varela, ve­ci­ños de Lu­go, se­gun­do cons­ta­ba no tes­ta­men­to, con car­ga de dúas mi­sas de aniver­sa­rio.

As lei­ras es­ta­ban si­tua­das en dis­tin­tos lu­ga­res da fre­gue­sía de San Lou­ren­zo de Al­bei­ros. Pe­ro on­ce lei­ros es­ta­ban na Agra do Cas­tro, xun­to ao ca­mi­ño que ía a Ro­may de Arri­ba, pois ao dar os lindes da lei­ra di­se o que me­día «por la ca­be­ce­ra que mi­ra al cas­tro».

Lei­ros

Na mes­ma agra ha­bía ou­tros ca­tro lei­ros, e nun de­les vól­ve­se a re­pe­tir que po­la «par­te que da ha­cia el cas­tro», li­mi­ta­ba cun­ha pro­pie­da­de de Do­min­go de Ro- may. Ou­tra das lei­ras es­ta­ba den­tro del cas­tro. Xa que lo­go es­te cas­tro es­ta­ba do­cu­men­ta­do pe­ro non ca­ta­lo­ga­do por des­co­ñe­ce­men­to. O mes­mo oco­rreu co que ía ser arra­sa­do po­la au­to­vía A-54 en Coe­ses, cu­xa exis­ten­cia era co­ñe­ci­da por to­dos os ve­ci­ños da pa­rro­quia, o que evi­den­cia que a ca­ta­lo­ga­ción é moi de­fi­cien­te xa que ig­no­ra ele­men­tos de ar­queo­lo­xía maior.

Tem­pus fu­git

Si, o tem­po voa, pe­ro en Lu­go pa­re­ce que non se mo­ve e que a al­gúns lles dá igual. Pe­ro a min non xa que me gus­ta­ría­me ver fei­tas moi­tas cou­sas an­tes de que me le­ven a po­dre­cer a San Froi­lán. No mes de maio do ano 2010, ¡xa pa­sa­ron se­te anos!, di­cía nes­tas pá­xi­nas, que to­das as ac­tua­cións que se desen­vol­van no cam­po da ar­queo­lo­xía de­bían de con­tem­plar­se co­mo un po­si­ble re­cur­so tu­rís­ti­co coa in­cor­po­ra­ción de no­vas mu­sea­li­za­cións, que com­ple­men­ta­ría a re­de ar­queo­ló­xi­ca ac­tual. Se se dis­pu­xe­se dun pro­xec­to pa­ra sa­ber o que se de­be fa­cer e con que fi­na­li­da­de, e se to­dos os anos se de­di­ca­se un­ha par­ti­da nos or­za­men­tos pa­ra fa­cer un­ha cam­pa­ña de es­ca­va­ción, ho­xe ter­mi­na­ria­mos a nú­me­ro dez no cas­tro da Pi­rin­ga­lla e o co­ñe­ce­men­to so­bre es­te xa­ce­men­to ar­queo­ló­xi­co se­ría ben dis­tin­to ao que te­mos ho­xe.

Doe ter que di­ci­lo, pe­ro dez anos des­pois es­ta­mos no pun­to cero e así se­gui­re­mos. Is­to ta­mén in­di­ca que se ca­re­ce dun pro­xec­to re­la­cio­na­do coa his­to­ria e a ar­queo­lo­xía da ci­da­de, es­cri­to, cos seus ob­xec­ti­vos e pre­su­pos­ta­do pa­ra desen­vol­ve­lo por fa­ses.

Dis­po­ñer en ple­na área ur­ba­na dun xa­ce­men­to ar­queo­ló­xi­co des­tas ca­rac­te­rís­ti­cas, con ves­ti­xios cas­tre­xos e do sécu­lo I, é un ele­men­to de sin­gu­lar im­por­tan­cia non só pa­ra o co­ñe­ce­men­to do no­so pa­sa­do, se­nón que ta­mén se­ría un atrac­ti­vo ex­cep­cio­nal pa­ra o tu­ris­mo cul­tu­ral.

Doe ter que di­ci­lo, peor dez anos des­pois es­ta­mos no pun­to cero e así se­gui­re­mos Xa que lo­go es­te cas­tro es­ta­ba do­cu­men­ta­do pe­ro non ca­ta­lo­ga­do por des­co­ñe­ce­men­to

ÓS­CAR CE­LA

So se es­ca­vou nun­ha pe­que­na par­te do cas­tro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.