Fomento da ar­queo­lo­xía co­mo re­cur­so eco­nó­mi­co

La Voz de Galicia (Lugo) - Lugo local - - LUGO -

Vol­vo a in­sis­tir no que xa di­xen nou­tras oca­sións. A ci­da­de de Lu­go aín­da non saíu da cri­se e tar­da­rá moi­to en le­van­tar ca­be­za si se­gui­mos con es­ta pa­si­vi­da­de de­ses­pe­ran­te. A no­sa eco­no­mía é ter­cia­ria, o no­so mo­tor eco­nó­mi­co son os fun­cio­na­rios e os xu­bi­la­dos, des­tes dous co­lec­ti­vos vi­ven o res­to dos ne­go­cios. Os fun­cio­na­rios, que ca­da vez son me­nos, co­me­zan a re­cu­pe­rar al­go do seu sa­la­rio, pe­ro os pen­sio­nis­tas, que ca­da vez so­mos máis, co­bra­mos me­nos. Me­nos fun­cio­na­rios, me­nos tra­ba­lla­do­res, me­nos in­gre­sos, me­nor ca­pa­ci­da­de ad­qui­si­ti­va, me­nor ac­ti­vi­da­de económica.

In­ves­ti­ga­ción

Po­ten­cian­do a in­ves­ti­ga­ción ar­queo­ló­xi­ca, non só fa­vo­re­ce­mos un­ha fon­te de co­ñe­ce­men­to, se­nón ta­mén a crea­ción de em­pre­go e a xe­ra­ción de ri­que­za. Hai que re­to­mar a área ar­queo­ló­xi­ca in­me­dia­ta á Por­ta Mi­ñá, e ac­tuar nou­tras no­vas, co­mo na pra­za de Pío XII ante a fa­cha­da prin­ci­pal da ca­te­dral, que apor­ta­ría ele­men­tos ro­ma­nos e me­die­vais. É ta­mén e im­pres­cin­di­ble sa­car adian­te dun­ha vez o Mu­seo Ga­lai­co Ro­mano de San Fer­nan­do.

Con iso non só es­ta­ria­mos crean­do postos di­rec­tos de tra­ba­llo nes­te sec­tor, se­nón que ta­mén in­di­rec­tos en moi­tos ou­tros, es­pe­cial­men­te na hos­ta­le­ría.

Re­fle­xión

Creo que o te­ma ben me­re­ce un­ha de­ti­da e seria re­fle­xión por par­te dos que se con­si­de­ren alu­di­dos por es­tas cues­tións. Os ci­da­dáns só po­de­mos apor­tar ideas, pe­ro as ad­mi­nis­tra­cións pú­bli­cas, si o con­si­de­ra opor­tuno, po­den po­ñer os me­dios pa­ra exe­cu­ta­las.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.