«Xun­to co quei­xo e coas fes­tas do Ce­brei­ro, a fei­ra de gan­do é un ali­cien­te pa­ra vi­si­tar­nos»

JO­SÉ LUIS RA­PO­SO AL­CAL­DE DE PEDRAFITA A tra­di­ción do cer­ta­me «é al­go que os vi­si­tan­tes agra­de­cen», se­gun­do afir­na o re­xe­dor

La Voz de Galicia (Lugo) - Lugo local - - PROVINCIA - X.M.P.

Non hai ho­xe tan­tas ex­plo­ta­cións gan­dei­ras co­mo po­día ha­ber trin­ta anos atrás. Po­rén, a fei­ra de gan­do va­cún que ho­xe se ce­le­bra en Pedrafita aché­ga­se aos trin­ta anos de an­ti­güi­da­de —aca­da as 29 edi­cións es­te do­min­go— coa sen­sa­ción de ter con­se­gui­do un­ha evi­den­te es­ta­bi­li­da­de. O cer­ta­me es­tá or­ga­ni­za­do po­lo Con­ce­llo, e o al­cal­de, Jo­sé Luis Ra­po­so, amó­sa­se sa­tis­fei­to do po­der de con­vo­ca­to­ria.

Por ou­tra ban­da, aín­da que des­cen­deu o nú­me­ro de ex­plo­ta­cións, man­ten­se o de ca­be­zas, xa que me­drou a me­dia de ani­mais nas que se man­te­ñen ares­to­ra en ac­ti­vo.

—Cal po­de ser a cla­ve da con- so­li­da­ción que deu con­se­gui­do a fei­ra?

—Po­de de­ber­se á or­ga­ni­za­ción, ás obras que fi­xe­mos no mer­ca­do...; pe­ro ta­mén a que da­mos pre­mios a aga­sa­llos im­por­tan­tes aos gan­dei­ros, á po­xa de ani­mais da Gran­xa Ga­yo­so Cas­tro... To­do axu­da.

—Agra­de­cen os gan­dei­ros que aco­den á fei­ra es­te in­tere­se que se ten con eles?

—Si. Ta­mén os de fó­ra do con­ce­llo. O que é gan­dei­ro vén co seu gan­do. A tra­di­ción da fei­ra é al­go que os vi­si­tan­tes ta­mén agra­de­cen.

—É ho­xe a fei­ra un dos em­ble­mas do con­ce­llo pa­ra pre­sen­tar­se dian­te dos fo­ras­tei­ros?

—Xun­to co quei­xo e coas fes­tas do Ce­brei­ro, es­ta fei­ra é un dos ali­cien­tes que ten o con­ce­llo de Pedrafita pa­ra vi­si­ta­lo.

—Hai boas pre­vi­sións pa­ra a fei­ra des­te ano?

—Po­de pre­xu­di­car un pou­co o sa­nea­men­to, que es­te ano vai con al­go de re­tra­so.

—A car­ne de va­cún ga­le­go ten un­ha ca­li­da­de da que non se du­bi­da. Cal po­de ser, vis­ta a si­tua­ción den­de fó­ra, a ra­zón po­la que a Mon­ta­ña e ou­tras zo­nas con­ser­van ese im­por­tan­te pres­ti­xio? —Os ani­mais te­ñen un cre­ce­men­to al­go máis len­to, pe­ro o que co­men é de ca­li­da­de. Es­ta é un­ha das pou­cas zo­nas de Es­pa­ña, xun­to cos mon­tes de León, on­de os ani­mais ma­man lei­te e des­pois co­men un pen­so de ce­reais, o cal dá co­mo re­sul­ta­do un­ha al­ta ca­li­da­de da car­ne.

KIKE

Jo­sé Luis Ra­po­so sa­lien­ta a boa saú­de que ten a fei­ra ca­se trin­ta anos de­pois da súa crea­ción, pe­ro ta­mén en­ga­de que un dos prin­ci­pais pia­res é a ca­li­da­de do gan­do va­cún que se cría nas ex­plo­ta­cións da zo­na e que aco­de ao cer­ta­me.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.