As 18.000 va­cas do ru­ral de Lugo be­ben 3.500 me­tros cú­bi­cos de au­ga ao día pe­ro non hai traí­das, se­gun­do Lu­go­no­vo

La Voz de Galicia (Lugo) - Lugo local - - LUGO -

As ex­plo­ta­cións gan­dei­ras do ter­mo mu­ni­ci­pal de Lugo, ao igual que ou­tras da pro­vin­cia, qué­dan­se sen au­ga de­bi­do a se­ca. Lu­go­no­vo ad­ver­tiu que no ru­ral lu­cen­se os cen­sos gan­dei­ros re­co­llen a exis­ten­cia de 17.895 re­ses des­ti­na­das á pro­du­ción lei­tei­ra e cár­ni­ca. Con­su­men, se­gun­do os cálcu­los da for­ma­ción, 3.500 me­tros cú­bi­cos de au­ga ao día, a ra­zón de 200 li­tros por res, pe­ro re­sul­ta que o 75% das pa­rro­quias do ter­mo mu­ni­ci­pal non dis­po­ñen de traí­das nin tam­pou­co de sa­nea­men­to.

«Pa­ra aten­der xa non só as ne­ce­si­da­des das vi­ven­das, se­nón ta­mén as do gan­do ou as da te­rra, os ve­ci­ños te­ñen que bo­tar man das re­ser­vas dos seus po­zos que xa es­tán bai­xo mí­ni­mos. Por iso, aín­da que den­de o go­berno lo­cal in­sis­tan en que a si­tua­ción non é alar­man­te, a nós pa­ré­ce­nos preo­cu­pan­te a es­ca­sa con­cien­cia que, den­de as ad­mi­nis­tra­cións, se ten das con­se­cuen­cia des­ta fa­lla de in­fraes­tru­tu­ras», ex­pre­sou o con­ce­llei­ro Iña­ki Gar­cía.

Par o con­ce­llei­ro de Lu­go­no­vo, a re­co­men­da­ción de pe­char a bi­lla e mu­dar o ba­ño po­la du­cha, que pro­pu­xo o con­ce­llei­ro Daniel Pi­ñei­ro, «é un par­che ao es­ti­lo de ape­lar a San­ta Bár­ba­ra can­do tro­na». A maio­res en­ga­diu: «Pa­ra que esa men­sa­xe ca­le, esa sen­si­bi­li­za­ción hai que im­pul­sa­la du­ran­te to­do o ano; non só can­do non cho­ve. Hai que apro­vei­tar (...) Non se en­ten­de a po­lí­ti­ca de bra­zos caí­dos que o go­berno amo­sa co ci­clo da au­ga».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.