O dol­men re­cén ato­pa­do nun mon­te de Friol foi xa des­cu­ber­to en 1992

Dous in­ves­ti­ga­do­res amo­sa­ron da­tos so­bre o ele­men­to me­ga­lí­ti­co na re­vis­ta de Ami­gos de Vi­la­don­ga

La Voz de Galicia (Lugo) - Lugo local - - TERRA CHÁ - XA­BIER MOU­RE

O pa­sa­do día 9 de ou­tu­bro de 2017 en­te­rá­mo­nos po­los me­dios de co­mu­ni­ca­ción de que per­soal de in­cen­dios de Me­dio Ru­ral des­cu­bri­ran un dol­me nos mon­tes de Vi­lal­vi­te, en Friol, uns dos en­te­rra­men­tos do Neo­lí­ti­co, se­gun­do os ar­queó­lo­gos da Xun­ta de Ga­li­cia, me­llor con­ser­va­dos da pro­vin­cia de Lu­go. An­tes de con­ti­nuar que­re­mos acla­rar que con es­ta ache­ga non pre­ten­de­mos, nin de lon­xe, res­tar­lle mé­ri­to aos tra­ba­lla­do­res de Me­dio Ru­ral nin aos ar­queó­lo­gos da Xun­ta, po­la con­tra, gra­zas a eles ca­be a po­si­bi­li­da­de de que se reali­cen un­ha se­rie de ac­tua­cións pa­ra po­ñe­lo en va­lor, evi­tan­do, co­mo acon­te­ce coa maior par­te dos en­te­rra­men­tos me­ga­lí­ti­cos do con­ce­llo de Friol, que se ato­pen nun es­ta­do la­men­ta­ble de con­ser­va­ción ou, co­mo de­nun­cia­mos re­cen­te­men­te nun­has má­moas do par­que em­pre­sa­rial, se des­trúan. Mais, di­to is­to, ta­mén que­re­mos que se co­ñe­za quen fo­ron os seus des­cu­bri­do­res.

O mes­mo día que saíu a no­ti­cia, cha­mou­me o com­pa­ñei­ro Brais Rodríguez Ro­me­ro pa­ra co­mu­ni­car­me a boa no­va, mais axi­ña en­ga­diu que ese dol­men non lle era des­co­ñe­ci­do. Foi en­tón can­do nos pu­xe­mos mans á obra pa­ra ten­tar saír de dú­bi­das. Se ben é cer­to que co­ñe­ce­mos a maio­ría dos en­te­rra­men­tos do con­ce­llo, ta­mén o é que es­te nun­ca o vi­si­ta­ra­mos, pe­ro soar soá­ba­nos. De que? Foi a raíz dun­has fo­tos fei­tas re­cen­te­men­te por in­te­gran­tes da aso­cia­ción A Cas­tro­ne­la, de Friol, can­do sal­tou a le­bre.

No ano 1992, Juan F. Nú­ñez Ja­to e Lau­ra Rodríguez Va­re­la fi­xe­ron un tra­ba­llo ti­tu­la­do «Pros­pec­ción e in­ven­ta­rio de tú­mu­los me­ga­lí­ti­cos do con­ce­llo de Friol (Lu­go). 1ª par­te. Zo­na orien­tal», que lo­go ex­trac­ta­ron no ano 1996 en Croa, nú­me­ro 6 (o bo­le­tín da Aso­cia­ción de Ami­gos do Cas­tro de Vi­la­don­ga), bai­xo o tí­tu­lo «Pros­pec­cións no con­ce­llo de Friol (I): má­moas e fol­clo­re ar­queo­ló­xi­co». De­sas xa es­cri­bi- ron que es­te dol­men era un dos máis in­tere­san­tes do con­ce­llo de Friol, si­tua­do no mon­te de San­ta Marta e co­ñe­ci­do co­mo Me­dor­na da Zan­ca ou Forno dos Mou­ros.

Ho­xe, pi­ñei­ros

Ao ver as fo­tos da aso­cia­ción A Cas­tro­ne­la e dos au­to­res ci­ta­dos, as dú­bi­das es­vaé­ron­se, com­pro­ban­do que se tra­ta do mes­mo en­te­rra­men­to. A úni­ca di­fe­ren­cia es­tá en que can­do o vi­si­ta­ron F. Nú­ñez Ja­to e Lau­ra Rodríguez a tam­pa aín­da pou­sa­ba so­bre os es­teos (ago­ra ató­pa­se des­pra­za­da), e que o si­tio, que na ac­tua­li­da­de es­tá plan­ta­do de pi­nos, da­que­las es­ta­ba in­za­do de ma­le­za.

Nun­ha fi­cha con­fec­cio­na­da po­la Xun­ta de Ga­li­cia no ano 1997 á que ti­ve­mos ac­ce­so (cla­ve de iden­ti­fi­ca­ción GA27020REF13) di que non se pui­do lo­ca­li­zar, fa­cen­do cons­tar, iso si, que se tra­ta­ba dun­ha re­fe­ren­cia de Nú­ñez Ja­to e Rodríguez Va­re­la. É po­si­ble que os téc­ni­cos que na­quel mo­men­to se ache­ga­ron ata o lu­gar non de­ran con el po­la mes­ta ma­to­guei­ra e por­que as coor­de­na­das dos au­to­res es­ta­ban li­xei­ra­men­te erra­das.

Re­co­ñe­ce­men­to

E ata ei­quí a no­sa pe­que­na ache­ga, cu­xa úni­ca in­ten­cio­na­li­da­de é a de re­co­ñe­cer o la­bor de Juan F. Nú­ñez e Lau­ra Rodríguez hai xa 25 anos, sen mi­nus­va­lo­rar o in­te­re­se amo­sa­do po­los tra­ba­lla­do­res da Con­se­lle­ría do Me­dio Ru­ral e dos ar­queó­lo­gos da Xun­ta.

(Máis información no blog http: //ono­so­pa­tri­mo­nio.blogs­pot.es/).

NÚ­ÑEZ-RODRÍGUEZ

O dol­men, nun­ha ima­xe ti­ra­da xa en 1992.

O dol­men de Vi­lal­vi­te, co as­pec­to que ten ares­to­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.