Un con­cer­to pa­ra «en­gan­char­se» á mú­si­ca clá­si­ca

O pú­bli­co po­de­rá go­zar es­te do­min­go co pri­mei­ro pa­se da tem­po­ra­da da LU­CA, cun re­per­to­rio cheo de rit­mo

La Voz de Galicia (Lugo) - Lugo local - - AGENDA - LAURA LÓ­PEZ

Do­min­go día 15•19.30 ho­ras•Au­di­to­rio Gus­ta­vo Frei­re (Lu­go) • En­tra­da: 10 eu­ros • A Or­ques­tra Clá­si­ca de Lu­go, Lu­go Ca­me­ra­ta (LU­CA), es­trea tem­po­ra­da es­te do­min­go cun con­cer­to úni­co, es­pe­cial­men­te pen­sa­do pa­ra que o pú­bli­co «se en­gan­che» á mú­si­ca clá­si­ca.

A ac­tua­ción cum­pri­rá cun dos ob­xec­ti­vos cos que se creou a LU­CA hai uns me­ses, que é o de xe­rar un­ha pla­ta­for­ma de in­ter­cam­bio mu­si­cal e cul­tu­ral. Des­te xei­to, o con­cer­to do do­min­go con­ta­rá con dous mú­si­cos con­vi­da­dos: a vio­li­nis­ta Re­be­ca Ma­se­da e o ce­llis­ta Iván Si­so, que on­te co­me­za­ron os en­saios —que se­gui­rán ho­xe e ma­ñá— coa or­ques­tra no Ve­llo Cár­ce­re.

Iván Si­so mos­tra­ba on­te o seu en­tu­sias­mo por for­mar par­te des­te pro­xec­to: «Fai­me moi­ta ilu­sión vol­ver ao si­tio on­de em­pe­cei e con­tri­buír a es­te pro­xec­to tan ilu­sio­nan­te, co que se pre­ten­de fa­cer un­ha gran la­bor na ci­da­de», ex­pli­ca. De fei­to, ou­tro dos ob­xec­ti­vos des­tes con­cer­tos é «po­pu­la­ri­zar a mú­si­ca clá­si­ca na ci­da­de e sa­ca­la do eli­tis­mo», in­sis­te Si­so.

Te­mas de éxi­to e po­pu­la­res O ce­llis­ta vi­lal­bés con­ta que o con­cer­to do do­min­go é «un­ha opor­tu­ni­da­de idó­nea pa­ra dar a co­ñe­cer a or­ques­tra» e pa­ra que a xen­te «se en­gan­che» á mú­si­ca clá­si­ca. De fei­to, ma­ti­za que o re­per­to­rio eli­xi­do é moi po­pu­lar, «con te­mas que ti­ve­ron moi­to éxi­to na súa épo­ca», ins­pi­ra­das no fol­clo­re e «con moi­to rit­mo, con mú­si­ca moi vi­va, que po­de gus­tar mes­mo a pú­bli­co que non es­tea ha­bi­tua­do a ir a con­cer­tos de mú­si­ca clá­si­ca».

Po­la súa ban­da, Re­be­ca Ma­se­da des­ta­ca o pa­pel que xo­ga a LU­CA nun­ha ci­da­de co­mo Lu­go que, ata o de ago­ra, non ti­ña nin­gun­ha or­ques­tra clá­si­ca fi­xa. Es­ta vio­li­nis­ta de Mon­do­ñe­do si­na­la que o con­cer­to se­rá «moi ameno» pa­ra «cal­que­ra pú­bli­co» por­que «a mú­si­ca non ten ida­de, nin fron­tei­ras nin pre­xuí­zos», e que se­rá «emo­cio­nan­te» pa­ra os pro­pios mú­si­cos po­la pe­cu­lia­ri­da­de de to­car, nes­ta oca­sión, sen di­rec­tor. «Li­de­ra­re­mos nós mes­mos a or­ques­tra, e ca­da un dos mú­si­cos to­ma máis res­pon­sa­bi­li­da­de, máis en­tre­ga e máis li­ber­da­de (...) A or­ques­tra prés­ta­se pa­ra es­tas ini­cia­ti­vas por­que é pe­que­na», acla­ra. Pro­gra­ma do con­cer­to

O pro­gra­ma des­te pri­mei­ro con­cer­to da tem­po­ra­da é o se­guin­te:

· Le Grand Tan­go pa­ra vio­lon­che­llo y or­ques­ta. A Piaz­zo­lla (1982)

· Con­cier­to en Do Ma­yor Hob VIIb: 1 pa­ra vio­lon­ce­llo y or­ques­ta. J. Haydn (1761)

· Cuar­te­to «ame­ri­cano» Nº12, Op. 96. A. Dvo­rak (18411904)

A LU­CA co­me­zou os en­saios no Ve­llo Cár­ce­re.

Iván Si­so e Re­be­ca Ma­se­da son os mú­si­cos con­vi­da­dos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.