«Hai que dar no­vos mo­de­los de amar»

O so­ció­lo­go lu­cen­se ana­li­za «a de­cons­tru­ción do amor ro­mán­ti­co»

La Voz de Galicia (Lugo) - Lugo local - - PROVINCIA - PA­TRI­CIA BLAN­CO

Un ma­chis­mo re­gre­si­vo en­tre as xe­ra­cións máis no­vas, un afian­za­men­to de es­tru­tu­ras he­te­ro­pa­triar­cais, es­te­reo­ti­pos, neo­ma­chis­mo, con­cep­ción da so­cie­da­de den­de un pun­to de vis­ta mas­cu­lino... Hai xa tem­po que o so­ció­lo­go e pro­fe­sor na Uni­ver­si­da­de de Santiago Jor­ge Gar­cía Marín (Lu­go, 1966), un dos crea­do­res no seu día de Ho­mes Galegos po­la Igual­da­de, vén tra­tan­do to­das es­tas cues­tións. Dal­gún xei­to, es­ta­rán ta­mén pre­sen­tes na char­la que ofre­ce­rá es­ta tar­de en Car­ba­llo, or­ga­ni­za­da po­lo Cen­tro de In­for­ma­ción á Mu­ller, ás 19.00 ho­ras, na bi­blio­te­ca Re­go da Bal­sa. A súa in­ter­ven­ción le­va por tí­tu­lo A de­cons­tru­ción do amor ro­mán­ti­co e se­rá a con­ti­nua­ción da per­for­man­ce O amor non sem­pre triun­fa, do gru­po de tra­ba­llo do Se­mi­na­rio Per­ma­nen­te de No­vas Mas­cu­li­ni­da­des e Cam­bio So­cial do Ins­ti­tu­to de Cien­cias da Educación (ICE) da USC, no que Gar­cía Marín é un dos in­ves­ti­ga­do­res e no que te­ñen en mar­cha es­tu­dos so­bre redes so­ciais e do­mi­na­ción mas­cu­li­na.

—Dun tem­po a es­ta par­te ven­se fa­lan­do da «de­cons­tru­ción do amor ro­mán­ti­co». ¿Que se en­ten­de, an­tes de na­da, por amor ro­mán­ti­co?

—É un amor que na­ce no con­tex­to his­tó­ri­co do sécu­lo XIX, en con­tra­po­si­ción ao amor que ha­bía an­ti­ga­men­te, un amor máis por con­ve­nio, con­cer­ta­do. Non obs­tan­te, es­te amor que en prin­ci­pio na­ce co­mo aquel no que a xen­te po­de es­co­ller a pa­re­lla que lle ape­te­za, e que en prin­ci­pio po­de­ría ser un­ha li­be­ra­ción, ca­rre­xa un­ha se­rie de mi­tos que son no­ci­vos no que se re­fi­re á li­ber­da­de dos in­di­vi­duos e, con­cre­ta­men­te, máis aín­da das mu­lle­res. De aí as crí­ti­cas den­de o fe­mi­nis­mo.

—¿Ca­les se­rían eses mi­tos?

—Iso de que o amor to­do o po­de, o mi­to da me­dia la­ran­xa, o de que non se po­de vi­vir só e hai que ter sem­pre al­guén na túa vi­da... To­do iso re­cons­trúe un ti­po de amor que é o que a es­ta so­cie­da­de lle in­tere­sa: o amor he­te­ro­se­xual e vin­cu­la­do a un­ha con­cep­ción pa­triar­cal.

—¿Que me­ca­nis­mos ha­be­ría, lo­go, pa­ra a de­cons­tru­ción dese amor así con­ci­bi­do? ¿A educación?

—Exac­ta­men­te. Hai que dar no­vos mo­de­los de amar, do que sig­ni­fi­ca amar, e eses mo­de­los te­ñen moi­to máis que ver con re­la­cións máis igua­li­ta­rias en­tre ho­mes e mu­lle­res. Ne­se sen­ti­do, pois, non que­dar­mos só cos mo­de­los de Dis­ney ou Holly­wood, en­ten­der que hai ou­tras for­mas.

—¿A que pú­bli­co di­ri­xe se­sións co­ma es­ta que o le­va­rá a Car­ba­llo?

—Pen­so que pa­ra to­dos aque­les que cren en San Va­len­tín se­ría bo que vi­sen ou­tro mo­de­lo. Fun­da­men­tal­men­te, cla­ro, ve­ñen sen­do os ado­les­cen­tes e mo­zos.

—Ten fa­la­do das no­vas xe­ra­cións e dun ma­chis­mo re­gre­si­vo ne­las. As no­vas tec­no­lo­xías, o con­trol que exer­cen so­bre a pa­re­lla a tra­vés dos mó­bi­les... Un pro­ble­ma se­rio.

—Si, moi se­rio, e ade­mais son moi de­man­da­das ese ti­po de se­sións po­las aso­cia­cións de pais e po­las ANPA. No pro­ble­ma das no­vas tec­no­lo­xías de­be­ría­se fa­cer moi­to fin­ca­pé. To­do o que son redes so­ciais, reali­da­des pa­ra­le­las vir­tuais... é al­go no que se de­be­ría fo­ca­li­zar, por­que é un mun­do bas­tan­te des­co­ñe­ci­do e que se­gue tra­ba­llan­do con ar­que­ti­pos.

—¿Por que se­gue pa­san­do is­to se ca­da vez hai máis in­for­ma­ción?

—To­do o que é so­cia­li­za­ción de xé­ne­ro co­me­za den­de ida­des moi tem­pe­rás. Ra­pa­ces de in­fan­til xa te­ñen cla­ros os mo­de­los des­ta so­cie­da­de. Por iso fa­la­mos de que hai que de­cons­truír moi­tas cou­sas pa­ra ter un­ha máis igua­li­ta­ria.

—¿Ca­les son os axen­tes que de­be­rían in­ter­vir? ¿A es­co­la, a fa­mi­lia? —Evi­den­te­men­te, a fa­mi­lia ten un­ha fun­ción moi im­por­tan­te na so­cia­li­za­ción pri­ma­ria. O sis­te­ma edu­ca­ti­vo se­ría o mo­de­lo máis al­ter­na­ti­vo pa­ra con­se­guir es­te ob­xec­ti­vo, po­lo que o tra­ba­llo que se poi­da fa­cer den­de a es­co­la ta­mén vai re­sul­tar fun­da­men­tal. Hai ta­mén me­dios [de co­mu­ni­ca­ción] que se­guen con­ser­van­do ima­xes es­te­reo­ti­pa­das, pe­ro vai ha­ben­do cam­bios e xor­na­lis­tas que es­cri­ben des­tas cou­sas. —Xa ten di­to que des­mon­tar un­ha so­cie­da­de pa­triar­cal non é cou­sa do día pa­ra a noi­te, mais ven­do o que ve, ¿cre que al­gún día se cha­ga­rá a esa so­cie­da­de igua­li­ta­ria? —Creo que é un tra­ba­llo de moi­tas xe­ra­cións. O tra­ba­llo do fe­mi­nis­mo co­me­za na Ilus­tra­ción e as con­quis­tas das mu­lle­res fo­ron sen­do gra­duais. Ne­se sen­ti­do, do mes­mo xei­to que elas fo­ron aca­dan­do de­rei­tos que ata o de en­tón só per­ten­cían ao uni­ver­so mas­cu­lino, co­mo vo­tar, tra­ba­llar ou es­tu­dar, hoxe es­ta­mos nou­tra fa­se na que hai que ir avan­zan­do ne­sas con­quis­tas. Ten­do en con­ta, si, que a cur­to pra­zo non imos po­der ver un­ha so­cie­da­de igua­li­ta­ria. Terán que pa­sar un­has can­tas xe­ra­cións. —¿Co­mo reac­cio­nan os ra­pa­ces can­do lles fa­la de que con­tro­lar co­mo vis­te a pa­re­lla non é amor? —Hai quen si e hai ta­mén os cha­ma­dos neo­ma­chis­tas, que en­tran á de­fen­si­va di­cin­do que son par­va­das, e que xa es­tá ben de fe­mi­nis­mo, que al­gúns vi­vi­mos do con­to. Hai de to­do, pe­ro en xe­ral, can­do pos as ga­fas de co­lor li­la... Sor­pren­de a aco­lli­da en mo­zos e adul­tos. Ás ve­ces os mo­zos, que pa­re­ce­rían máis pro­gre­sis­tas, non o son.

SAN­DRA ALONSO

Gar­cía Marín aler­ta do pa­pel de no­vas tec­no­lo­xías e redes.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.