«O que aín­da se con­ser­va do ba­rrio do Car­me de­be­ría ser in­to­ca­ble»

La Voz de Galicia (Lugo) - Lugo local - - LUGO -

O his­to­ria­dor Adol­fo de Abel Vi­le­la é crí­ti­co co pla­nea­men­to ur­ba­nís­ti­co da capital lu­cen­se, en xe­ral, e co do en­torno do Car­me en par­ti­cu­lar. «É co­ñe­ci­do que a maio­ría dos pro­pie­ta­rios ven­de­ron as pro­pie­da­des a pro­mo­to­res in­mo­bi­lia­rios no au­xe da cons­tru­ción». Ten cla­ro que na xes­tión do pú­bli­co, «non se tra­ta de non ter en con­ta os in­tere­ses dos mes­mos, se­nón de con­ci­lia­los, e pa­ra iso hai me­ca­nis­mos le­gais, pe­ro pa­ra apli­ca­los son ne­ce­sa­rias po­lí­ti­cas e po­lí­ti­cos que se­xan ca­pa­ces de desen­vol­ve­las». E non só apun­ta a crí­ti­ca aos po­lí­ti­cos ao re­cor­dar al­gun­has in­ter­ven­cións ur­ba­nís­ti­cas le­va­das a ca­bo na ci­da­de amu­ra­lla­da: «Ta­mén hai ou­tros res­pon­sa­bles, co­mo son os téc­ni­cos, a maio­ría das ve­ces ig­no­ran­tes das cues­tións his­tó­ri­cas e pa­tri­mo­niais, que son nos que des­pois se am­pa­ran os po­lí­ti­cos can­do xor­de al­gún pro­ble­ma le­gal». Abel Vi­le­la ten moi pre­sen­tes al­gun­has das des­fei­tas ur­ba­nís­ti­cas vi­vi­das des­de a Transición en Lu­go. Por iso, ao fa­lar do Car­me, non se aco­lle ás me­dias tin­tas.

—Que se po­de fa­cer pa­ra pre­ser­var es­te pa­tri­mo­nio?

—O que se con­ser­va do ba­rrio do Car­me de­be­ría ser in­to­ca­ble. Non se po­de per­mi­tir que a es­pe­cu­la­ción ro­dee de edi­fi­cios a ca­pe­la. Iso é un­ha abe­rra­ción tan­to des­de o punto de vis­ta his­tó­ri­co co­mo ur­ba­nís­ti­co é un aten­ta­do ao pa­tri­mo­nio co­lec­ti­vo. A ci­da­de no só é dos pro­pie­ta­rios das ca­sas e dos so­la­res, é dos que vi­vi­mos aquí e fó­ra, dos que es­ta­mos ho­xe e dos que ve­ñan no fu­tu­ro, que se la­men­ta­rán dun­ha po­lí­ti­ca ur­ba­nís­ti­ca errá­ti­ca.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.