CAR­MEN CANDA, FUN­DA­DO­RA Y GE­REN­TE DE LA FIR­MA XERUGA

Con máis de dúas dé­ca­das de ex­pe­rien­cia no sec­tor, es­ta mu­ller de­ci­diu dar un xi­ro á súa tra­xec­to­ria e to­mar as ren­das da man da em­pre­sa Xeruga, que axu­da a to­das as em­pre­sas do ru­ral nos ám­bi­tos fis­cal, con­ta­ble, la­bo­ral ou xu­rí­di­co. Aín­da que en reali­da

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - PORTADA - L. Mí­guez

Un­ha lon­ga ex­pe­rien­cia tra­ba­llan­do no sec­tor do agro e un es­ti­lo de vi­da que le­va no san­gue fo­ron as mo­ti­va­cións que le­va­ron a Car­men Canda a mon­tar a súa pro­pia em­pre­sa no ru­ral adi­ca­da a axu­dar a agri­cul­to­res e gan­dei­ros. Un ser­vi­zo de ase­so­ra­men­to e axu­da para os pro­fe­sio­nais do sec­tor que aposta po­la for­ma­ción e por dar un pa­pel máis vi­si­ble á mu­ller nun sec­tor no que, his­to­ri­ca­men­te, foi re­le­ga­da a un se­gun­do plano.

—Co­mo xur­diu Xeruga?

—Eu le­va­ba en Xó­ve­nes Agri­cul­to­res 25 anos tra­ba­llan­do pe­ro hou­bo un re­vés la­bo­ral. Sem­pre me in­tere­sei po­lo te­ma do ru­ral por­que na mi­ña ca­sa sem­pre se vi­viu da ven­da do lei­te e dos be­ce­rros. Ven­do a mi­ña nai, ás ve­ci­ñas ou ás mi­ñas tías sem­pre me in­tere­sou o te­ma da mu­ller no sec­tor, creo que me­re­cían que al­guén fi­xe­ra al­go por elas, para que pui­de­ran ex­pre­sar a súa va­lía. A mu­ller ten moi­to es­pa­zo, pe­ro o agro é un mun­do moi in­vi­si­ble para ela. Así que me de­ci­dín a mon­tar a mi­ña pro­pia em­pre­sa. Para iso con­tei coa axu­da de Elías Fer­nán­dez, un en­xe­ñei­ro agrí­co­la ao que lle gus­ta tan­to is­to co­mo a min. E de­ci­di­mos em­pren­der un­ha an­dai­na no­va. E así na­ceu Xeruga, da que mon­ta­mos ofi­ci­na hai uns anos, que es­tá en­ca­mi­ña­da ao ru­ral, ao ase­so­ra­men­to para agri­cul­to­res e gan­dei­ros en te­mas fis­cais, sub­ven­cións, IVA ou si­mi­lar.

—Que tal aco­lli­da ti­ve­ron?

—Foi un éxito to­tal. Ha­bía uns anos de ex­pe­rien­cia que nos res­pal­da­ban pe­ro a ver­da­de é que a res­pos­ta foi moi boa. A xen­te con­tou con nós den­de o co­me­zo para tra­ba­llar e nós es­ta­mos en­can­ta­dos de poder in­cre­men­tar o nú­me­ro de gan­dei­ros que con­fían en nós e en me­llo­rar a ca­li­da­de do ser­vi­zo.

—Can­tos clien­tes te­ñen na ac­tua­li­da­de?

— A car­tei­ra ac­tual e duns 400, o cal para nós, que es­ta­mos co­me­zan­do, é un éxito. Para dar res­pos­ta a to­dos, tan­to o meu so­cio coma mín es­ta­mos tra­ba­llan­do moi­to e adi­can­do moi­tas ho­ras de tra­ba­llo. Arran­ca­mos is­to sen axu­das nin na­da e foi moi sa­cri­fi­ca­do.

—Que ser­vi­zos ofre­cen?

—Te­mos ser­vi­zos de ase­so­ra­men­to fis­cal, con­ta­ble, la­bo­ral, xu­rí­di­co, me­di­cións de fin­cas, tra­mi­ta­cións de ser­vi­zos... A ver­da­de é que axu­da­mos en todo o que podemos, den­de tra­mi­tar a bai­xa dun ani­mal, un du­pli­ca­do dun cro­ta­do, moi­tos pe­que­nos de­ta­lles do día a día di­fí­ci­les de enu­me­rar. Hai días que ata ve­ñen clien­tes a xes­tio­nar un­ha mul­ta de trá­fi­co. A xen­te aín­da ten me­do das no­vas tec­no­lo­xías, de fa­cer trá­mi­tes no cai­xei­ro ou por In­ter­net.

—Co­me­za ago­ra a mu­ller no ru­ral a ser máis vi­si­ble con ini­cia­ti­vas coma a súa?

—Vái­se­nos em­pe­zan­do a ver pou­co a pou­co e gús­ta­me moi­to. O mun­do do cam­po sem­pre foi moi masculino pe­ro en reali­da­de a mu­ller sem­pre tra­ba­llou nel. En reali­da­de, fai xor­na­da do­bre, no cam­po e lo­go den­tro da ca­sa. Creo que ago­ra as axu­das que exis­ten para a mu­ller, as no­vas xe­ra­cións e o cam­bio de men­ta­li­da­de van fa­vo­re­cen­do que elas ta­mén se­xan máis vi­si­bles. A xen­te no­va ca­da vez va­lo­ra máis a pro­fe­sión dos seus pais e o con­si­de­ran xa co­mo un me­dio de vi­da. O ru­ral xa é un­ha al­ter­na­ti­va máis para bus­car­se a vi­da. Ho­xe en día hai moi­tas opor­tu­ni­da­des e a mu­ller po­de apro­vei­ta­las.

| RO­BER AMA­DO

Car­men Canda ta­mén foi mem­bro da aso­cia­ción de mulleres e fa­mi­lias de ám­bi­to ru­ral.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.