«Sem­pre se co­rri­xe o exa­me en be­ne­fi­cio do alumno»

La Voz de Galicia (Lugo) - - Galicia - TAMARA MON­TE­RO

Xo­sé An­tón Dobarro, ade­mais de pro­fe­sor de La­tín no IES An­to­nio Fra­guas de San­tia­go, é den­de hai máis de dez anos un dos pro­fe­so­res que co­rri­xe os exa­mes de se­lec­ti­vi­da­de. En cin­co días pun­túa arre­dor de 150 pro­bas de la­tín e a ta­xa de apro­ba­dos es­tá pre­to do 90 %. —¿Que cri­te­rios se se­guen pa­ra co­rri­xir un exa­me de se­lec­ti­vi­da­de? —O coor­di­na­dor dá un­has ins­truc­cións, pe­ro son moi xe­rais, de co­mo hai que desen­vol­ver un­ha pre­gun­ta e so­bre to­do que co­rri­xas en be­ne­fi­cio do alumno. A xen­te xa sa­be co­mo ten que fa­cer e ao fi­nal ca­da un se­gue o seu cri­te­rio. Pó­den­che di­cir que va­lo­res o pro­ce­so, que se hai al­gún fa­llo non o deas to­do por in­va­li­da­do, que te­ñas en con­ta os pa­sos que dan e que pro­cu­res pun­tuar to­do o que fi­xe­ra ben. Son con­si­de­ra­cións po­si­ti­vas, que to­do o que es­tea ben que llo pun­túes.

—Pe­ro non é igual un co­men­ta­rio de tex­to que un exer­ci­cio de ma­te­má­ti­cas. —Ho­me cla­ro, hai ma­te­rias nas que en­tra máis a sub­xec­ti­vi­da­de do co­rrec­tor, co­mo his­to­ria, fi­lo­so­fía, ou li­te­ra­tu­ra. Nor­mal­men­te fai­se den­de o pun­to de vis­ta do alumno. Aín­da que non es­teas ti da­cor­do co en­fo­que se o fai ben Xo­sé An­tón Dobarro le­va máis de dez anos co­rri­xin­do exa­mes de se­lec­ti­vi­da­de

e é cohe­ren­te e se non di cou­sas que es­tean mal, pois es­tá ben e pun­túa­se. —¿Can­to tem­po hai pa­ra co­rri­xir os exa­mes? —Nor­mal­men­te ata o xo­ves. Do sá­ba­do, xus­to des­pois de que re­ma­te a se­lec­ti­vi­da­de, ata o xo­ves. É bas­tan­te, hai que co­rri­xir un­has can­tas ho­ras, pe­ro ten que se así por­que se non se pro­lon­ga moi­to a se­lec­ti­vi­da­de, por­que hai que ter en con­ta que des­pois hai re­cla­ma­cións, do­bres co­rrec­cións... —¿Co­mo fun­cio­nan as re­cla­ma­cións? —Hai uns co­rrec­to­res de pri­mei­ra co­rrec­ción, por di­ci­lo así, e ou­tros que son de se­gun­da co­rrec­ción. Son ou­tros co­rrec­to­res que ta­mén se pe­gan un­ha boa xei­ra, por­que hai moi­tí­si­mas re­cla­ma­cións. E os que co­rri­xen a se­gun­da vez non sa­ben quen foi o pri­mei­ro co­rrec­tor.

—¿E os sus­pen­sos? —Ul­ti­ma­men­te sus­pen­den pou­co. En xu­ño é nor­mal que te­ña arre­dor dun 90 % de apro­ba­dos, de­pen­de do lo­te que che to­que. A min non me to­ca nin­gún da co­mi­sión de­le­ga­da na que es­tá o meu ins­ti­tu­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.