«O que te­ño que fa­cer é ma­tar­te, e vou­te ma­tar»

La Voz de Galicia (Lugo) - - Lugo - X. C.

«O que te­ño que fa­cer é ma­tar­te, e vou­te ma­tar». Esa foi a se­ve­ra ad­ver­ten­cia que un ve­ci­ño de Tras­mon­te (Friol) lle fi­xo a súa mai, se­gun­do o fis­cal. Lo­go de­sa in­ter­ven­ción pa­re­ce que foi á co­ci­ña, co­lleu un coite­lo e di­ri­xiu­se a seu ir­mán a quen ta­mén amea­zou con ma­tar. A peor par­te le­vou­na o pai que re­ci­biu un gol­pe. To­do iso pro­du­ciu­se du­ran­te un­ha dis­cu­sión na que in­fluíu o al­cohol.

Eses fei­tos tar­da­ron ca­se cin­co anos en ser xul­ga­dos. A vis­ta ce­le­brou­se en Lu­go sen a pre­sen­za do acu­sa­do ao que ta­mén lle atri­búen, ne­sa mes­ma noi­te, un­ha ten­ta­ti­va de agre­sión ao seu pai. O fis­cal di­xo que o aga­rrou a al­tu­ra do pei­to, pe­ro non che­gou a fa­cer­lle dano por­que foi ou­tro fi­llo o que se­pa­rou ao su­pos­to agre­sor. Pe­ro uns mi­nu­tos des­pois deu­lle un­ha pu­ña­da na cara, cau­sán­do­lle da­nos no na­riz que mo­ti­va­ron a súa aten­ción no cen­tro mé­di­co.

O fis­cal ad­ver­tiu que o acu­sa­do non es­ta­ba moi ben esa noi­te. Ti­ña be­bi­do, se ca­dra en ex­ce­so. O ho­me foi á ca­dea o día se­guin­te dos fei­tos e non saíu ata o mes de agos­to de 2010. Ten prohibido xu­di­cial­men­te apro­xi­mar­se aos pais e ao ir­mán e o fis­cal que­re que es­ta si­tua­ción se man­te­ña, pe­ro por un tem­po de dez anos pa­ra ga­ran­tir a se­gu­ri­da­de das ví­ti­mas.

O ho­me, que non asis­tiu ao xuí­zo, es­tá acu­sa­do de dous de­li­tos de ma­los tra­tos, de un de amea­zas e ta­mén dun­ha fal­ta. Po­los dous pri­mei­ros, o fis­cal que­re que o con­de­nen a un ano de ca­dea; po­las amea­zas a cin­co me­ses e po­la fal­ta a un­ha mul­ta.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.