«Bus­ca­mos cap­tar alum­nos coa ca­li­da­de e fi­de­li­za­los con ser­vi­zos adi­cio­nais»

La Voz de Galicia (Lugo) - - La Voz De Lugo -

Mer­ce­des Montes é di­rec­to­ra da Es­co­la Uni­ver­si­ta­ria de Relacións Laborais de Lu­go, un cen­tro ads­cri­to á USC que es­te ano cum­pre vin­te anos. A súa res­pon­sa­ble le­va á fron­te do mes­mo des­de 1998 e, «en prin­ci­pio», ten pre­vis­to con­ti­nuar. Hai un­has se­ma­nas ce­le­bra­ron un­has xor­na­das pa­ra con­me­mo­rar o vin­te aniver­sa­rio.

—¿Que tal trans­co­rre­ron os ac­tos de ce­le­bra­ción? —Con moi­ta emo­ción e ilu­sión por par­te de to­do o equi­po. Nes­tes ac­tos, a di­ver­si­da­de de ac­ti­vi­da­des e a ca­li­da­de das mes­mas con mo­ti­vo da con­me­mo­ra­ción da no­sa aper­tu­ra en 1995, le­van­ta­ron un gran­de in­tere­se en­tre o alum­na­do ac­tual e os an­ti­gos alum­nos da es­co­la. Foi un es­for­zo gran­de che­gar ata ho­xe en día, pe­ro te­mos moi­tos pro­xec­tos de fu­tu­ro pa­ra con­ti­nuar co­mo mí­ni­mo ou­tros vin­te anos máis. Ese foi o sig­ni­fi­ca­do prin­ci­pal do ac­to. Pro­xi­ma­men­te fa­re­mos a en­tre­ga da ini­cia­ti­va so­li­da­ria 2016, po­la cal re­ca­da­mos máis de mil eu­ros pa­ra a Pro­tec­to­ra de Ani­mais e Pran­tas de Lu­go. Se­gui­re­mos rea­li­zan­do ac­ti­vi­da­des pa­ra alum­nos e in­tere­sa­dos, co­mo as xor­na­das que fa­ce­mos to­do o ano en co­la­bo­ra­ción con ou­tras or­ga­ni­za­cións, así co­mo con­cur­sos, cur­sos e ou­tros ac­tos.

—¿Que cam­bios des­ta­ca­ría nes­tes vin­te anos de his­to­ria da es­co­la? —Os prin­ci­pais cam­bios fo­ron o tras­la­do fí­si­co da es­co­la ao no­vo com­ple­xo do­cen­te da USC. Des­ta­ca­mos co­mo cam­bio a adap­ta­ción do an­ti­go tí­tu­lo ao ac­tual grao en Relacións Laborais e Re- cur­sos Hu­ma­nos, on­de o ni­vel de ca­li­da­de e in­no­va­ción nos mé­to­dos e con­ti­dos do en­sino man­ti­vé­ron­nos co­mo re­fe­ren­tes. Nes­te sen­ti­do, fo­mos os pri­mei­ros en im­plan­tar un­ha ti­tu­la­ción on­li­ne se­mi­pre­sen­cial de adap­ta­ción de an­ti­gos tí­tu­los a grao. Ac­tual­men­te, me­llo­ra­mos a no­sa ca­pa­ci­da­de co­mu­ni­ca­ti­va e de in­no­va­ción, xe­ran­do no­vas vías de con­tac­to e aten­ción aos alum­nos e no­vos pro­xec­tos que po­ñer en mar­cha. —¿Co­mo evo­lu­cio­nou o nú­me­ro de alum­nos? —De­cre­ceu de for­ma xe­ra­li­za­da en to­do o campus de Lu­go. Co­mo é de es­pe­rar, a nós ta­mén nos afec­tou ne­se sen­ti­do. Po­rén, con­si­de­ra­mos que é un si­nal pa­ra se­guir abrin­do no­vas vías edu­ca­ti­vas que se adap­ten ás con­di­cións da so­cie­da­de ac­tual. Nos de­rra­dei­ros anos nó­ta­se un le­ve in­cre­men­to da ma­trí­cu­la. Ac­tual­men­te, no grao en Relacións Laborais e Re­cur­sos Hu­ma­nos con­ta­mos con 212 alum­nos. Te­mos dúas mo­da­li­da­des de más­ter en Di­rec­ción de Re­cur­sos Hu­ma­nos, nos ca­les es­tán ma­tri­cu­la­dos 15 alum­nos to­tais na ac­tua­li­da­de, aín­da que es­ta­mos en pleno pe­río­do de ma­trí­cu­la. E ta­mén un cur­so on­li­ne de Es­pe­cia­lis­ta en Se­gu­ri­da­de So­cial.

—¿In­fluíu al­go o plan de cap­ta­ción da USC e a Depu­tación? —Foi un­ha gran­de ini­cia­ti­va que axu­dou a moi­tos alum­nos a ac­ce­der ao sis­te­ma uni­ver­si­ta­rio. No no­so ca­so, no­ta­mos un li­xei­ro au­men­to no nú­me­ro de alum­nos que en­tra­ron no grao.

—¿Que ou­tras es­tra­te­xias po­rán en mar­cha pa­ra atraer alum­na­do? —Te­mos un for­te com­pro­mi­so coa ca­li­da­de e in­no­va­ción na do­cen­cia; esa é a no­sa pre­mi­sa prin­ci­pal. Tra­ba­lla­mos día a día pa­ra im­ple­men­tar ser­vi­zos que apor­ten va­lor en­ga­di­do á co­mu­ni­da­de uni­ver­si­ta­ria, e te­mos va­rios pro­xec­tos en desen­vol­ve­men­to pa­ra im­ple­men­tar no­vas ti­tu­la­cións e mo­de­los in­no­va­do­res de en­sino. Bus­ca­mos cap­tar alum­nos a tra­vés da ca­li­da­de e a in­no­va­ción, e fi­de­li­za­los cun­ha am­pla ga­ma de ser­vi­zos adi­cio­nais que lles per­mi­tan desen­vol­ver­se na co­mu­ni­da­de uni­ver­si­ta­ria e no fu- tu­ro pro­fe­sio­nal. —¿Que ofer­ta aca­dé­mi­ca ofre­cen pa­ra o pró­xi­mo cur­so? —Man­te­mos a mes­ma, coa sal­ve­da­de de que o cur­so ponte se­mi­pre­sen­cial pa­ra a con­ver­sión ao grao en RRLL e RRHH se ex­tin­gui­rá ne­se ano na súa mo­da­li­da­de se­mi­pre­sen­cial, pe­ro con­ti­nuan­do na pre­sen­cial. Se­gui­re­mos ofer­tan­do o grao en Relacións Laborais e Re­cur­sos Hu­ma­nos; o cur­so ponte pre­sen­cial pa­ra adap­ta­ción ao Grao en RRLL e RRHH; os no­sos más­te­res: o Paulo Fa­bio e Paulo Fa­bio In­ter­na­cio­nal en Di­rec­ción de Re­cur­sos Hu­ma­nos —es­te úl­ti­mo, pó­de­se rea­li­zar ao mes­mo tem­po que se cur­san ter­cei­ro e cuar­to do grao—; e o cur­so de Es­pe­cia­lis­ta en Se­gu­ri­da­de So­cial

on­li­ne. Con­ti­nuan­do coa ofer­ta per­ma­nen­te po­la que se des­ta­ca e di­fe­ren­za es­te cen­tro, te­mos múl­ti­ples cur­sos e ac­ti­vi­da­des com­ple­men­ta­rias, que su­po­ñen un gran apoio aos alum­nos da es­co­la e de ou­tros cen­tros; así co­mo to­das as xor­na­das e ac­ti­vi­da­des com­ple­men­ta­rias.

«Co plan da USC e a Depu­tación no­ta­mos un li­xei­ro au­men­to no nú­me­ro de alum­nos que en­tra­ron no grao»

«O cur­so ponte se­mi­pre­sen­cial pa­ra a con­ver­sión ao grao en RRLL e RRHH ex­tin­gui­ra­se es­te ano»

CAR­LOS CAS­TRO

Mer­ce­des Montes, nun ac­to de gra­dua­ción de alum­nos da Es­co­la de Relacións Laborais hai uns días.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.