Ou­tra vez en dan­za

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinion - Víc­tor F. Frei­xa­nes

Non saí­mos dun­ha e xa es­ta­mos nou­tra, di­ría o meu pai. E os datos da úl­ti­ma en­qui­sa do CIS, rea­li­za­da hai al­go máis dun mes, pe­ro que con­fir­ma o que adian­ta­ron se­ma­nas an­tes ou­tras pros­pec­cións (Son­da­xe), non ve­ñen máis que a su­bli­ñar unha ten­den­cia que es­tá nas co­lum­nas de opi­nión, nas ter­tu­lias e nas so­bre­me­sas fa­mi­lia­res: o Par­ti­do Po­pu­lar man­tén as po­si­cións e se­gue a ser a lis­ta máis vo­ta­da (ma­lia a abraian­te acu­mu­la­ción de es­cán­da­los de co­rrup­ción nes­tes úl­ti­mos anos); as pla­ta­for­mas arre­dor de Po­de­mos e Es­quer­da Uni­da so­ben vo­tos ata aca­dar a con­di­ción de se­gun­da for­za no Par­la­men­to; cae o PSOE es­pec­ta­cu­lar­men­te, a pro­pos­ta de Ci­da­dáns non dá ca­lla­do, e en Ga­li­cia o na­cio­na­lis­mo (di­vi­di­do) des­apa­re­ce do ma­pa co­mo tal. Ca­da un des­tes pun­tos da­ba pa­ra un en­saio.

O do PP só se ex­pli­ca, pri­mei­ro: po­lo ca­rác­ter mi­li­tan­te, ca­se que re­li­xio­so, do vo­to da de­rei­ta en Es­pa­ña (ta­mén en Ga­li­cia), e se­gun­do: po­la au­sen­cia dun­ha al­ter­na­ti­va cri­ble e con­sis­ten­te coa que mo­bi­li­zar o elec­to­ra­do nou­tra di­rec­ción dun xei­to efi­caz. Os par­ti­dos ga­ñan ou per­den den­de o po­der, que cer­ta­men­te des­gas­ta, mais ta­mén en fun­ción das ou­tras pro­pos­tas que se ba­ra­llan. Na ma­rea da se­ma­na pa­sa­da apun­tei al­gun­has ideas so­bre as pri­ma­rias do PS­deG-PSOE e a de­man­da de cam­bio que apun­tan as súas ba­ses. Só dese xei­to se ex­pli­ca o apoio a Lei­cea­ga fron­te á for­te apa­ra­ta­xe con­ti­nuís­ta. Mais ¿có­mo afron­tar esa cri­se, que sen dú­bi­da é de es­tra­te­xia, dis­cur­so, po­lí­ti­ca de comunicación, et­cé­te­ra, an­tes dos pró­xi­mos co­mi­cios (mes­mo an­tes das elec­cións ga­le­gas)? Se­ría in­xus­to esi­xir­lle ao no­vo can­di­da­to mi­la­gres en seis me­ses. A pur­ga (a pu­ri­fi­ca­ción) le­va tem­po e esi­xe to­car fon­do, se non dun xei­to to­tal can­do me­nos re­la­ti­vo.

Ou­tro­sí o BNG (o úni­co na­cio­na­lis­mo que for­mal­men­te se pre­sen­ta co­mo tal). Nal­gún mo­men­to qui­zais foi po­si­ble unha al­ter­na­ti­va pa­ra li­de­rar o país den­de o ga­le­guis­mo, ou pa­ra aca­dar unha re­pre­sen­ta­ción cua­li­fi­ca­da que orien­ta­se o fu­tu­ro ne­sa di­rec­ción, mais iso sig­ni­fi­ca­ba abrir o abano do dis­cur­so ca­ra ao cen­tro e ca­ra a po­si­cións con­ci­lia­do­ras que, aín­da que al­gúns in­ten­ta­ron, as con­tra­di­cións e mes­mo os in­tere­ses in­ter­nos da or­ga­ni­za­ción, igual que su­ce­de nou­tras, frus­tra­ron o ca­mi­ño. Sos­pei­to que ago­ra as de­ri­va­das van ca­ra a ou­tros ho­ri­zon­tes: as Ma­reas e as pla­ta­for­mas da es­quer­da es­ta­tal, por exem­plo, con­fluen­cias que, por moi­to que se di­ga, ne­ce­si­tan ma­du­rar, en­gue­de­lla­das na re­tó­ri­ca dou­tros tem­pos (o asem­blea­ris­mo ro­mán­ti­co do 68) e nos efec­tos es­pe­ciais, mais inex­per­tas na xes­tión da pro­sa in­gra­ta de ca­da día, que é on­de á fin se mi­de a via­bi­li­da­de dos pro­xec­tos.

E pa­ra re­ma­tar, a abs­ten­ción e os in­de­ci­sos, que se­gun­do to­das as son­da­xes an­dan arre­dor do 30 por cen­to. Cun­ha cues­tión de fon­do que, na mi­ña opi­nión, é a cla­ve do fu­tu­ro: as cou­sas es­tán a cam­biar pro­fun­da­men­te. Non só en Ga­li­cia, no mun­do glo­bal. Se as or­ga­ni­za­cións non o en­ten­den, mes­mo as cha­ma­das «for­zas emer­xen­tes», que xa non o son tan­to, a his­to­ria vai pa­sar por ri­ba de nós co­ma unha api­soa­do­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.