«É fal­so que o tú­nel de Mon­te­fu­ra­do fo­se fei­to por es­cra­vos»

Díaz pre­sen­ta­rá ma­ñá en Lu­go «A bo­ca do mon­te», un­ha no­ve­la am­bien­ta­da nas mi­nas de ou­ro do Sil da épo­ca ro­ma­na»

La Voz de Galicia (Lugo) - - Provincia - FRAN­CIS­CO ALBO

Na­tu­ral do mu­ni­ci­pio do Pá­ra­mo, pe­ro tras­la­da­da a Qui­ro­ga na súa in­fan­cia, Ce­lia Díaz Nú­ñez con­ta cun­ha am­pla tra­xec­to­ria co­mo es­cri­to­ra. Ma­ñá pre­sen­ta­rá na li­bre­ría Bi­blos de Lu­go —ás 20 ho­ras— a súa no­ve­la A bo­ca do mon­te, am­bien­ta­da na Ga­li­cia ro­ma­na do sécu­lo II. A his­to­ria que na­rra xi­ra en torno á cons­tru­ción do cé­le­bre tú­nel mi­nei­ro de Mon­te­fu­ra­do. A no­ve­la aca­ba de ser pu­bli­ca­da pola edi­to­rial Ga­la­xia nun­ha co­lec­ción de li­te­ra­tu­ra xu­ve­nil, pe­ro a au­to­ra pre­ci­sa que ta­mén se di­ri­xe a un pú­bli­co adul­to. «De fei­to, a maio­ría a dos que a le­ron ata agora son adul­tos», ex­pli­ca. —¿En que me­di­da se ba­sea a súa obra nos fei­tos his­tó­ri­cos? —Para es­cri­bir es­ta no­ve­la fi­xen un tra­ba­llo de do­cu­men­ta­ción moi ex­ten­so. Re­co­llín moi­ta in­for­ma­ción so­bre a épo­ca ro­ma­na, o mun­do cas­tre­xo, a mi­ne­ría da an­ti­güi­da­de... Pe­ro des­pois in­ten­tei es­que­cer­me de­la para es­cri­bir un­ha obra de fic­ción. Creo que para es­cri­bir un­ha no­ve­la des­te ti­po hai que ba­sear­se en da­tos his­tó­ri­cos ri­go­ro­sos, pe­ro ta­mén hai que crear uns per­so­na­xes que te­ñan vi­da pro­pia e por trans­mi­tir as emo­cións que non se re­flic­ten nos es­tu­dos eru­di­tos. —¿Co­mo era a so­cie­da­de que se creou en torno ás mi­nas ro­ma­nas? —Sem­pre oín di­cir que obras co­mo o tú­nel de Mon­te­fu­ra­do fo- ron fei­tas por es­cra­vos, pe­ro to­dos os es­pe­cia­lis­tas que con­sul­tei es­tán de acor­do en que non era así. Nas mi­nas ro­ma­nas de Ga­li­cia e do Bier­zo tal­vez pui­do ha­ber un nú­me­ro moi pe­queno de es­cra­vos, pe­ro a maio­ría dos tra­ba­lla­do­res non o eran. Na súa maior par­te fo­ron os ha­bi­tan­tes dos cas­tros pró­xi­mos, que eran for­za­dos a fa­cer esas obras po­las au­to­ri­da­des im­pe­riais ro­ma­nas, pe­ro tra­ba­llan­do co­mo asa­la­ria­dos. Ta­mén ha­be­ría ou­tras per­soas che­ga­das de máis lon­xe, atraí­das po­los sa­la­rios das mi­nas. —¿Son eses tra­ba­lla­do­res na­ti­vos os pro­ta­go­nis­tas da súa no­ve­la? —Os per­so­na­xes per­ten­cen a esa so­cie­da­de cas­tre­xa vin­cu­la­da ás mi­nas de ou­ro e ta­mén ao mun­do romano. Os na­ti­vos son ha­bi­tan­tes dun cas­tro que exis­te real­men­te, o cas­tro de Ares, que es­tá va­rios qui­ló­me­tros río abai­xo de Mon­te­fu­ra­do. Na no­ve­la con­to co­mo esa xen­te foi for­za­da a dei­xar os seus an­ti­gos po­boa­dos para ir es­ta­ble­cer­se nos no­vos cas­tros mi­nei­ros que se cons­truí­ron cer­ca dos xa­ce­men­tos de ou­ro para al­ber­gar aos tra­ba­lla­do­res. As mi­nas su­pu­xe­ron un­ha trans­for­ma­ción moi fon­da nos seus há­bi­tos de vi­da. Un as­pec­to im­por­tan­te da no­ve­la é a ac­ti­tu­de de rebeldía que mos­tran os na­ti­vos can­do se de­ca­tan que to­do o ou­ro que en­ce­rra a te­rra que her­da­ron dos seus an­te­pa­sa­dos vai pa­rar ás mans dos ro­ma­nos. —¿Na obra hai per­so­na­xes con exis­ten­cia his­tó­ri­ca real? —Apar­te do em­pe­ra­dor Tra­xano, que apa­re­ce nun­ha par­te da obra, ta­mén es­tá un le­xio­na­rio de ori­xe ga­lai­ca cu­xa exis­ten­cia es­tá do­cu­men­ta­da. Cha­má­ba­se Lu­cio Pom­peio Re­bu­rro e sá­be­se del por un­ha lá­pi­da acha­da na pon­te da Ci­ga­rro­sa, en Pe­tín, e que ho­xe es­tá gar­da­da na Rúa. Vi­viu en Ro­ma e ocu­pou postos re­le­van­tes na le­xión. Na no­ve­la mos­tro a este home nun­ha épo­ca an­te­rior da súa vi­da, na súa mo­ci­da­de. Con este per­so­na­xe que­ro mos­trar que hou­bo moi­ta xen­te na­ti­va que se ro­ma­ni­zou vo­lun­ta­ria­men­te en bus­ca de no­vas opor­tu­ni­da­des e de me­llo­res con­di­cións so­ciais e eco­nó­mi­cas. —¿O es­ce­na­rio de A bo­ca do mon­te re­dú­ce­se á zo­na de Mon­te­fu­ra­do ou com­pren­de ta­mén ou­tros lu­ga­res? —A his­to­ria trans­co­rre na zo­na si­tua­da en­tre Mon­te­fu­ra­do e Au­gas Mes­tas, on­de o río Lor desem­bo­ca no Sil. Pe­ro men­ció­nan­se ta­mén ou­tros lu­ga­res da co­mar­ca on­de hou­bo mi­nas. Nes­te te­rri­to­rio exis­tiu un con­xun­to de ex­plo­ta­cións moi gran­de. En Qui­ro­ga es­tán lo­ca­li­za­das cer­ca de se­sen­ta mi­nas, en Ri­bas de Sil hai cer­ca de trin­ta e no Cou­rel, ou­tra trin­te­na. Na mi­ña pá­xi­na web e nun per­fil de Fa­ce­book que es­tá de­di­ca­do á no­ve­la hai ma­pas on­de es­tán lo­ca­li­za­dos to­dos os es­ce­na­rios da obra. Agora ta­mén es­tou fa­lan­do co Con­ce­llo de Qui­ro­ga coa idea de or­ga­ni­zar ro­tei­ros guia­dos po­los es­ce­na­rios reais da no­ve­la.

«A mi­ne­ría su­pu­xo un­ha fon­da trans­for­ma­ción nos há­bi­tos de vi­da dos na­ti­vos cas­tre­xos»

CE­LIA PARRA

Díaz fron­te ao tú­nel de Mon­te­fu­ra­do, es­ce­na­rio da súa obra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.