«O pa­no­ra­ma ac­tual da li­te­ra­tu­ra in­fan­til e xu­ve­nil ga­le­ga é moi am­plo e moi rico»

La Voz de Galicia (Lugo) - - Provincia -

Ce­lia Díaz, que tra­ba­lla co­mo pro­fe­so­ra de en­sino me­dio e uni­ver­si­ta­rio en Ou­ren­se —on­de re­si­de na ac­tua­li­da­de— pu­bli­cou an­te­rior­men­te a no­ve­la his­tó­ri­ca Ru­gan­do, am­bien­ta­da na an­ti­ga fe­rre­ría qui­ro­gue­sa do mes­mo no­me. É ta­mén au­to­ra dou­tros obras de li­te­ra­tu­ra in­fan­til e xu­ve­nil —nos xé­ne­ros narrti­vo e tea­tral— e de obras en­saís­ti­cas co­mo As vo­ces da te­rra, un li­bro que es­tu­da a pre­sen­za de Qui­ro­ga na li­te­ra­tu­ra ga­le­ga. Co­mo do­cen­te, a es­cri­to­ra tra­ba­lla no ám­bi­to da lin­gua e li­te­ra­tu­ra ga­le­gas e na di­dác­ti­ca do en­sino nes­te idio­ma. —¿Hai al­gun­ha re­la­ción en­tre Ru­gan­do e es­ta nova no­ve­la? —Nas dúas fi­xen al­go pa­re­ci­do, que foi crear un­ha his­to­ria de fic­ción par­tin­do de fei­tos his­tó­ri­cos reais. O te­rri­to­rio é o mes­mo, pe­ro son épo­cas moi di­fe­ren­tes, por­que Ru­gan­do su­ce­de no sécu­lo XIX. —¿Co­mo ve o pa­no­ra­ma ac­tual da li­te­ra­tu­ra in­fan­til e xu­ve­nil en ga­le­go? ¿É tan pu­xan­te co­mo o era hai al­gúns anos? —Creo que é moi bo, co­mo xa o vén sen­do des­de moi­to tem­po. Se­gue ha­ben­do moi­tos au­to­res de gran­de ca­li­da­de pu­bli­can­do no­vas obras un­ha va­rie­da­de in­men­sa de xé­ne­ros e de te­mas. Os au­to­res ga­le­gos le­van to­dos os pre­mios es­pe­cia­li­za­dos nes­te ti­po de li­te­ra­tu­ra que hai a ni­vel es­ta­tal. É un pa­no­ra­ma moi am­plo e moi rico. —¿Ten pre­vis­to pu­bli­car máis en­saios e es­tu­dos so­bre a li­te­ra­tu­ra co­mo As vo­ces da te­rra ou agora es­tá ocu­pa­da só coas obras de fic­ción? —Agora mes­mo es­tou moi me­ti­da no te­rreo da fic­ción. Te­ño un li­bro de re­la­tos a me­dio es­cri­bir e e ta­mén es­tou ocu­pa­da con pro­xec­tos de no­vas obras de tea­tro para ne­nos. Nes­te mo­men­to non me atrae o en­saio.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.