«O peor da po­lí­ti­ca, des­de den­tro, é a con­ci­lia­ción»

La Voz de Galicia (Lugo) - - A Fondo -

—Ven­da Ga­li­cia a quen non a co­ñe­za. —Ten un pa­tri­mo­nio enor­me e ab­so­lu­ta­men­te desapro­vei­ta­do. A ni­vel pro­du­ti­vo é tre­men­do. Aí es­tán os gan­dei­ros e os agri­cul­to­res que se es­cor­nan. Aquí hai xen­te so­li­da­ria que es­tá pen­den­te dos ve­ci­ños nos mo­men­tos com­pli­ca­dos. —¿Que é o me­llor e o peor da po­lí­ti­ca? —O me­llor é a ilu­sión de que hai un fu­tu­ro irre­me­dia­ble­men­te me­llor e a im­pli­ca­ción de xen­te que que­re o seu país nun pro­xec­to co­mo En Ma­rea. O peor, des­de den­tro, é a con­ci­lia­ción fa­mi­liar. —¿A de­cla­ra­ción da ren­da saíu­lle a pa­gar ou a de­vol­ver? —A de­vol­ver. A do 2015 é de can­do era do­cen­te. Eu pi­do que me suban o IRPF pa­ra non ter sor­pre­sas. —Un per­so­na­xe his­tó­ri­co. —Hi­pa­tia de Ale­xan­dría, fi­ló­so­fa, as­tró­no­ma, pe­da­go­ga e mes­tra. —Un­ha pe­lí­cu­la. —Na­cio­nal 7, so­bre a se­xua­li­da­de nas per­soas con di­ver­si­da­de fun­cio­nal, pe­ro con ton có­mi­co. —Un li­bro. —Dos in­fan­tís, Ma­má, ti si que me en­ten­des!, con tex­to de Te­re­sa Mou­re e ilus­tra­cións de Lean­dro La­mas. Dos adul­tos, His­to­ria del otro, un pro­xec­to edu­ca­ti­vo pa­les­tino-is­rae­lí que con­ta a his­to­ria de for­ma con­xun­ta. —Un­ha can­ción. —Qué­ro­te máis, de O So­no­ro Ma­xín, que son de Ou­ren­se. —Un­ha vir­tu­de e un de­fec­to. —Vir­tu­de, a im­pli­ca­ción. De­fec­to, a ca­be­zo­ne­ría. Non sei se pola for­ma­ción cien­tí­fi­ca ou por­que son así. Cos­ta fa­cer­me cam­biar de opinión. —Un pra­cer cul­pa­ble. —To­do o que le­ve cho­co­la­te. —A úl­ti­ma vez que se emo­cio­nou. —Aca­bo de ter un­ha pe­que­na. É es­pec­ta­cu­lar a for­ta­le­za e a sen­si­bi­li­da­de da túa pa­re­lla ao dar a luz. —A vi­da sen In­ter­net se­ría... —Máis pau­sa­da, cal­ma­da. —Nun­ha pa­la­bra: Ra­joy. —Corrupción. —Pe­dro Sán­chez. —Ca­mi­sa de for­za. Non sa­be­mos se que­re­ría, pe­ro non po­de. —Pa­blo Igle­sias. —Plu­ra­li­da­de. Un­ha das per­soas máis vi­si­bles dun pro­xec­to co­ral. —Al­bert Ri­ve­ra. —Venezuela. Fa­la tan­to dou­tro país que pa­re­ce que é de alí.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.