O Por­tal das Pa­la­bras da RAG, un exem­plo pa­ra ou­tras 80 lin­guas

A Aca­de­mia e a Fun­da­ción Ba­rrié pre­sen­ta­rán a idea no País Vas­co

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - RO­DRI GAR­CÍA

«As lin­guas do mun­do son pa­tri­mo­nio de to­dos e quen ama un­ha lin­gua ama ne­la to­das as lin­guas». Is­to di­cía on­te, na Real Aca­de­mia Ga­le­ga (RAG), o pre­si­den­te da Fun­da­ción Ba­rrié, Jo­sé Ma­ría Arias. «Hoxe ce­le­bra­mos o ter­cei­ro aniver­sa­rio do Por­tal das Pa­la­bras, que é un­ha em­pre­sa fer­mo­sa e efi­caz a fa­vor das pa­la­bras ga­le­gas», apun­ta­ba Xe­sús Alon­so Mon­te­ro, pre­si­den­te da RAG. Es­ta ini­cia­ti­va das dúas en­ti­da­des vén de cum­prir tres anos (na­ceu o 13 de xu­ño do 2013) e ten de­trás «desafíos tec­no­ló­xi­cos moi im­por­tan­tes», ex­pli­cou Hen­ri­que Mon­tea­gu­do, se­cre­ta­rio da RAG, quen adian­tou a po­si­bi­li­da­de de trans­fe­rir es­tas tec­no­lo­xías a ou­tras lin­guas pa­ra «fa­ci­li­tar a di­fu­sión do lé­xi­co...». A oca­sión se­rá o vin­dei­ro día 23 can­do se pre­sen­te es­te pro­xec­to en Her­na­ni (Gui­púz­coa) dian­te de re­pre­sen­tan­tes de más de oi­ten­ta lin­guas eu­ro­peas.

Dos con­ti­dos do Por­tal das Pa­la­bras en­cár­ga­se o se­mi­na­rio de le­xi­co­gra­fía da RAG, e on­te pre­sen­ta­ron al­gúns as­pec­tos do mes­mo. «Un­ha das ini­cia­ti­vas máis in­no­va­do­ras é un bot [fe­rra­men­ta di­xi­tal] pa­ra Fa­ce­book, Di­cio­na­rio RAG, que de mo­do ins­tan­tá­neo de­fi­ne ter­mos por me­dio do Mes­sen­ger des­ta re­de so­cial», ex­pli­ca­ron. Mon­tea­gu­do fi­xo un­ha de­mos­tra­ción des­te re­cur­so nun por­tal que ta­mén es­trea no­vas ver­sións das apli­ca­cións pa­ra An­droid e iOS do di­cio­na­rio, «un­has das máis in­no­va­do­ras de Eu­ro­pa».

Ou­tra das no­vi­da­des do por­tal, que ca­da día pro­pón un­ha pa­la­bra, é a uti­li­da­de que per­mi­te com­par­tir nas re­des so­ciais o re­sul­ta­do dos xo­gos, así co­mo un­ha ver­sión des­tes es­pe­cial­men­te pre­pa­ra­da pa­ra ma­ne­xar só co pol­gar des­de un te­lé­fono mó­bil.

So­bre os usua­rios do por­tal, ano­ta­ron que «é un pú­bli­co am­plo e di­ver­so con cu­rio­si­da­de e in­te­re­se po­lo idio­ma e o seu lé­xi­co». Pe­ro é que, in­ci­di­ron, re­sul­ta útil pa­ra cal­que­ra per­soa «que quei­ra ache­gar­se á lin­gua aín­da que se­xa de xei­to ini­cial».

Mon­tea­gu­do adian­tou que, des­pois do ve­rán, ca­da co­le­xio ga­le­go po­de­rá fa­cer a súa ver­sión des­te por­tal.

MAR­COS MÍGUEZ

Arias, Mon­te­ro e Mon­tea­gu­do fa­la­ron on­te das no­vi­da­des do Por­tal das Pa­la­bras.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.