Ma­dri­ña

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinion -

Eli­sa Za­ni­ta Cán­di­da. Tres no­mes pa­ra un­ha mu­ller. Tres san­tos pa­ra un­ha san­ta. que­dan cur­tos. Za­ni­ta, co­ma a co­ñe­cían to­dos, era a mi­ña ma­dri­ña, e moi­to máis ca iso. Foi un­ha ne­na que non go­zou dun­ha in­fan­cia fá­cil e o tem­po non lle me­llo­rou moi­to máis a vi­da.

Me­drou sen pro­xe­ni­to­ra. Pa­ra com­pen­sa­lo, foi nai dos seus fi­llos e da súa so­bri­ña, mi­ña nai, can­do que­dou soa. Foi, po­lo tan­to, ta­mén a avoa ma­ter­na que mi­ña ir­má e eu non ti­ve­mos. Na ca­sa, to­dos lle cha­ma­ba­mos ma­dri­ña.

O cor­po era miú­do e frá­xil. Li­xei­ro ta­mén na fa­cen­da. Se­me­lla­ba que po­de­ría bo­tar­se a voar en cal­que­ra mo­men­to cun só re­fu­ga­llo de ven­to. Pe­ro a súa for­ta­le­za de es­pí­ri­to sem­pre a man­ti­vo ape­ga­da á te­rra. Re­xa, for­te, tra­ba­lla­do­ra. Loi­tan­do.

Criou ne­tos e mi­mou bis­ne­tos. Coas mans re­tor­ci­das po­los gol­pes da vi­da e os ollos e o oí­do xa moi fe­bles. Sem­pre cun so­rri­so. O día que o seu fi­llo per­deu a vi­da, a ela tron­zóu­se­lle a me­ta­de da súa.

Co­mo aquel cor­po miú­do po­día aguan­tar tan­to su­fri­men­to con ese es­toi­cis­mo? A en­tei­re­za e a pa­cien­cia fo­ron sem­pre as súas ar­mas.

Fa­cía as me­llo­res em­pa­na­das de ma­zá do mun­do. É o olor que iden­ti­fi­co coa in­fan­cia, a raíz, a fe­li­ci­da­de. Da­ba ata o que non ti­ña.

Mar­chou no ven­to. Des­pre­gou as ás de an­xo e bo­tou­se a voar. Sem­pre ti­ven me­do de que se fo­se axi­ña. Coi­dou­nos de pre­to moi­to tem­po e fa­rao on­de es­tea.

Pe­ro Li­res, o no­so lu­gar, o lu­gar, non vol­ve­rá ser o mes­mo sen ela, sen a súa luz. Bo­ta­ra­na de me­nos. Eu, ade­mais, dei­xo de ser un­ha ne­na. Sen avós é di­fí­cil sen­tir­se ne­ta.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.