«A vi­da sen In­ter­net se­ría co­mo era na in­fan­cia»

La Voz de Galicia (Lugo) - - A Fondo -

—Ven­da Galicia a quen non a co­ñe­za. —Di­ría­lle que ten que vir a Galicia pa­ra des­cu­brir a súa ri­que­za pa­tri­mo­nial, cul­tu­ral, pai­sa­xís­ti­ca, gas­tro­nó­mi­ca e o seus vi­ños, por su­pos­to. Os que ve­ñan se­gu­ro que vol­ve­rán a Galicia can­do co­ñe­zan a súa xen­te. —¿Que é o me­llor e o peor da po­lí­ti­ca? —O me­llor é po­der es­coi­tar á xen­te e sa­ber que po­des so­lu­cio­nar­lle cou­sas. O peor, o tem­po que lle qui­tas á túa fa­mi­lia e aos ami­gos. —¿A de­cla­ra­ción da ren­da saíu­lle a pa­gar ou a de­vol­ver? —A de­vol­ver. —Un per­so­na­xe his­tó­ri­co. —Eduar­do Ba­rrei­ros. —Un­ha pe­lí­cu­la. —Cal­que­ra das de Hitch­cock. —Un li­bro. —Son máis de ler pa­ra apren­der que por en­tre­te­men­to. Cal­que­ra pu­bli­ca­ción téc­ni­ca do sec­tor agra­rio. —Un­ha can­ción. —Cal­que­ra de Di­re Straits. —Un­ha vir­tu­de e un de­fec­to. —A vir­tu­de é que, se­gún din, son em­pá­ti­co. O de­fec­to, que son moi con­tro­la­dor, xa o di o meu fi­llo. —Un pra­cer cul­pa­ble. —O co­ci­do de mi­ña nai. —Un me­do con­fe­sa­ble. —Per­der aos que máis que­res. —A úl­ti­ma vez que se emo­cio­nou. —Eu emo­ció­no­me fa­cil­men­te. A úl­ti­ma vez que me emo­cio­nei foi ven­do un par­ti­do de ba­lon­ces­to que xo­ga­ba o meu fi­llo. —A vi­da sen In­ter­net se­ría... —Co­ma a in­fan­cia ou co­ma a ado­les­cen­cia. —Nun­ha pa­la­bra: Ma­riano Ra­joy. —Xes­tión. —Pe­dro Sán­chez. —Per­di­do. —Pa­blo Igle­sias. —Con­tos. —Al­bert Ri­ve­ra. —De­pen­de, ve­le­ta. —Gus­ta­ría­lle que o re­cor­da­ran co­mo... —Aque­la per­soa que de­fen­de ata as úl­ti­mas con­se­cuen­cias aque­lo no que cre.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.