Ad­mi­nis­trar emo­cións

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión -

Oes­pec­tácu­lo das in­cha­das fa­ná­ti­cas, os ti­fos­si, os hoo­li­gans ou co­mo quei­ra­mos cha­ma­los, en­fron­ta­dos a gol­pes nos par­ques públicos, nas ban­ca­das ou nos arre­do­res dos es­ta­dios pro­du­ce un­ha sen­sa­ción cer­ta­men­te des­alen­ta­do­ra, ou me­llor: arre­pian­te. Des­alen­ta­do­ra por­que un es­pe­ra sem­pre do ser hu­mano ou­tra cou­sa. Arre­pian­te por­que non se me oco­rre ou­tro ad­xec­ti­vo pa­ra cua­li­fi­car tal mes­tu­ra de abraio, vio­len­cia e sen­ra­zón. A cró­ni­ca de­por­ti­va an­da es­tes días re­vol­ta coa cró­ni­ca de su­ce­sos. Tam­pou­co é a pri­mei­ra vez. Sei­ca un dos pa­tro­ci­na­do­res dos equi­pos ga­le­gos de pri­mei­ra di­vi­sión pu­xo co­mo con­di­ción pa­ra in­cor­po­rar a súa mar­ca aos equi­pa­men­tos dos clu­bes que as di­rec­ti­vas res­pon­sa­bles dos mes­mos eli­mi­na­sen ra­di­cal­men­te dos seus dis­cur­sos cal­que­ra alu­sión im­plí­ci­ta ou ex­plí­ci­ta que aci­rra­se as pai­xóns pri­mi­ti­vas en­tre as afec­cións. Un­ha me­di­da in­te­li­xen­te que hon­ra a mar­ca pa­tro­ci­na­do­ra e as di­rec­ti­vas que a asu­mi­ron. O mes­mo de­be­ría­mos fa­cer na po­lí­ti­ca. ¿Quen apa­ga o in­cen­dio que se pren­de nas cam­pa­ñas elec­to­rais, e nas pre­cam­pa­ñas, con afir­ma­cións, des­ca­li­fi­ca­cións, acu­sa­cións non sem­pre de­mos­tra­das (nin de­mos­tra­bles), ad­xec­ti­vos e arrau­tos con­tra o ad­ver­sa­rio, can­do ao día ou á se­ma­na se­guin­te hai que sen­tar­se a fa­lar? ¿Có­mo ex­pli­car­lle á afec­ción (os sea­rei­ros) que o que se di­cía da­que­la non con­ta vin­te­ca­tro ho­ras des­pois, que as pa­la­bras son pa­xa­ri­ñas que le­va o vento, es­po­le­tas que se des­ac­ti­van soas? Hai quen se per­de po­la bo­ca e lo­go que­re fa­cer co­mo que non pa­sou na­da. E hai quen se de­la­ta po­la bo­ca. Que ca­da quen po­ña no­mes, que hai pa­ra to­dos. O ser hu­mano ten dúas di­men­sións, am­bas as dúas ac­ti­vas: a ra­zón e o sen­ti­men­to. O se­gun­do é o máis di­fí­cil de xes­tio­nar. Apa­ren­te­men­te é moi agra­de­ci­do, por­que ape­la á vís­ce­ra do co­ra­zón que, co­mo ben ad­ver­tía o fi­ló­so­fo, ten as súas ra­zóns pro­pias. Mais ta­mén é o máis pe­ri­go­so. Lo­go que se ac­ti­va non hai xei­to de do­mes­ti­ca­lo (ra­cio­na­li­za­lo). Un­ha par­te moi im­por­tan­te das ra­zóns do elec­to­ra­do bri­tá­ni­co no re­fe­ren­do do pró­xi­mo día 23, por exem­plo, fun­da­mén­tan­se nes­te prin­ci­pio dos sen­ti­men­tos, non na eco­no­mía, co­mo al­gún que­ren ver. E ou­tro­sí no ca­so ca­ta­lán, por fa­lar de dúas reali­da­des pró­xi­mas e non ter que re­cuar na His­to­ria. Os res­pon­sa­bles da po­lí­ti­ca (de to­das as fron­tes da po­lí­ti­ca) de­be­rían ter is­to moi pre­sen­te: un­ha vez que se dis­pa­ran as emo­cións non é doa­do su­xei­ta­las e mes­mo aca­ban vol­vén­do­se con­tra os que as en­ci­rran. Ou ac­tua­mos ten­do en con­ta es­tas dúas va­ria­bles ou non acer­ta­re­mos nun­ca na po­lí­ti­ca. Sen o equi­li­brio da ra­zón a pai­xón se des­con­tro­la, o afec­cio­na­do que ani­ma o seu equi­po con­vér­te­se nun ani­mal en­lou­que­ci­do, e o vo­tan­te nun­ha má­qui­na ins­tin­ti­va: bran­co ou ne­gro, ou co­mi­go ou con­tra min. A de­mo­cra­cia é o gran in­ven­to da ra­zón a prol do equi­li­brio de in­tere­ses que cóm­pre lo­go con­cer­tar pa­ra fa­cer a vi­da ha­bi­ta­ble. A po­lí­ti­ca non é un­ha idea re­li­xio­sa, non se mo­ve po­la fe, se­nón po­la ra­cio­na­li­da­de e, ¿por qué non di­ci­lo ta­mén? po­la ne­ce­sa­ria con­ve­nien­cia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.