«Te­le­vi­sio­nes In­vic­ta»

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - Pe­dro Puy

Ose­ñor Pi­ta Lei­ra, ve­ci­ño da pa­rro­quia de Se­ran­tes, en cu­xo ce­mi­te­rio re­pou­sa o seu fi­llo máis ilus­tre, D. Gon­za­lo To­rren­te Ba­lles­ter, era un ho­me in­no­va­dor pa­ra a súa épo­ca: adi­cá­ba­se a mon­tar te­le­vi­so­res no seu ta­ller, que co­mer­cia­li­za­ba co no­me de Te­le­vi­sio­nes In­vic­ta. O fi­llo dun dos seus clien­tes, o meu ami­go Hi­pó­li­to, a quen lle te­ño acon­se­lla­do que non dei­xe de es­cri­bir esta e ou­tras das de­li­cio­sas anéc­do­tas coas que de can­do en vez nos ob­se­quia, lem­bra o que o se­ñor Pi­ta Lei­ra, em­pre­sa­rio in­no­va­dor, lle di­cía aos seus co­ñe­ci­dos: «Com­pro as pe­zas a dúas pe­se­tas e ven­do os te­le­vi­so­res a ca­tro pe­se­tas; e con ese dous por cen­to pois vou ti­ran­do...». A pro­cu­ra do éxi­to em­pre­sa­rial a ba­se de co­ller pe­zas soltas e mon­tar cou­sas no­vas non é ex­clu­si­vo do mun­do co­mer­cial. En po­lí­ti­ca co­me­za a ser moi ha­bi­tual, pre­ci­sa­men­te en­tre os máis no­vos em­pre­sa­rios da po­lí­ti­ca. Por exem­plo, un can­di­da­to de Uni­dos-Po­de­mos-Ma­reas co­lle a pa­la­bra «fra­ter­ni­da­de», de fon­das rai­za­mes re­vo­lu­cio­na­rias, e a in­clúe nun­ha fra­se («es­tou con­ven­ci­do de que no ca­so de que ha­xa a po­si­bi­li­da­de de for­mar ese go­berno de cam­bio en­tre o PSOE e as for­zas de con­fluen­cia fra­ter­na...») pa­ra re­fe­rir­se a súa pro­pia or­ga­ni­za­ción. Xus­to o mes­mo día no que ou­tro mem­bro des­ta­ca­do de­sa or­ga­ni­za­ción lle de­cla­ra a Fer­nan­da Ta­ba­rés en Vía V que o que re­ci­biu dou­tra ter­cei­ra li­de­re­sa de­sa mes­ma or­ga­ni­za­ción foi in­gra­ti­tu­de e des­leal­da­de; li­de­re­sa á quen o des­ta­ca­do lí­der xa lle pre­gun­ta­ra an­te­rior­men­te nun me­dio ra­dio­fó­ni­co por qué que­ría «sa­car­me do me­dio». Máis que ape­lar á fra­ter­ni­da­de, a si­tua­ción en­cai­xa máis ben nou­tra fra­se ori­xi­na­ria da mes­ma épo­ca his­tó­ri­ca: a atri­buí­da ao xi­ron­dino a pi­ques de ser gui­llo­ti­na­do: «É de te­mer que a re­vo­lu­ción, co­mo Sa­turno, re­ma­ta­rá de­vo­ran­do aos seus pro­pios fi­llos». Ou­tra no­bre cau­sa que cir­cu­la po­la no­sa ci­vi­li­za­ción des­de hai sécu­los é o da ma­te­ria­li­za­ción da Xus­ti­za. Un­ha Xus­ti­za que, co­mo di­cía Mon­tes­quieu, «cas­ti­gue os cri­mes e de­ci­da nas con­ten­das en­tre par­ti­cu­la­res». Ve­lla e fer­mo­sa are­la, a da fa­cer xus­ti­za per­se­guin­do o cri­me e a co­rrup­ción, que é co­lli­da por ou­tro lí­der in­te­lec­tual da no­va po­lí­ti­ca pa­ra cons­truír un­ha fra­se sa­lien­ta­ble: «Nas no­sas rin­glei­ras van moi­tos xuí­ces por­que es­tán agar­dan­do a que o go­berno lle dea a or­de de de­ter a to­da esa cor­da de co­rrup­tos...». Es­que­cen­do, ob­via­men­te, que co­mo di­cía o pro­pio Mon­tes­quieu (que ao final non era máis cun mem­bro de­sa cas­ta da no­bre­za pri­vi­le­xia­da), «se o po­der xu­di­cial se ato­pa uni­do ao le­xis­la­ti­vo, se­ría ar­bi­tra­ria a po­tes­ta­de so­bre a vi­da e a li­ber­da­de dos ci­da­dáns... Se se pre­sen­ta uni­do ao po­der exe­cu­ti­vo, o xuíz po­de­ría ter a for­za dun ti­rano». Non che­ga xa con li­mi­tar ao cuar­to po­der, su­xei­tan­do a li­ber­da­de de pren­sa ao pa­re­cer do go­berno; pa­re­ce que, prac­ti­ca­men­te di­luí­das as ba­rrei­ras en­tre o exe­cu­ti­vo e o le­xis­la­ti­vo, fai fa­lla car­gar­se ta­mén a in­de­pen­den­cia do po­der xu­di­cial. E así po­de­ría­mos se­guir ana­li­zan­do máis pe­zas do dis­cur­so des­tes no­vos em­pre­sa­rios da po­lí­ti­ca. Des­de a de­fen­sa da exem­pla­ri­da­de das per­soas que se adi­can a po­lí­ti­ca, por quen á vez ava­lía a res­pec­ta­bi­li­da­de dun­ha can­di­da­ta pe­se a uti­li­zar frau­du­len­ta­men­te un­ha tar­xe­ta de apar­ca­men­to nun­ha pra­za re­ser­va­da pa­ra dis­ca­pa­ci­ta­dos (o fí­xoo an­tes de en­trar na po­lí­ti­ca); pa­san­do po­la tan ca­care­xa­da ne­ce­si­da­de de eli­mi­nar os «pri­vi­le­xios a cus­ta do po­bo», por quen ago­ra (que as per­ci­ben eles) xus­ti­fi­can co­mo le­gais e de­mo­crá­ti­cas as com­pen­sa­cións po­la ab­di­ca­ción (sem­pre tem­po­ral) ás fun­cións de re­pre­sen­ta­ción po­lí­ti­ca. Ao igual que o fun­da­dor e pro­pie­ta­rio de Te­le­vi­sio­nes In­vic­ta, e que tan­tos ou­tros em­pre­sa­rios in­no­va­do­res, os crea­do­res das no­vas for­ma­cións po­lí­ti­cas xun­tan pe­zas soltas, que es­ta­ban aí mes­mo dian­te de to­dos, pa­ra fa­bri­car un pro­du­to apa­ren­te­men­te no­vo co que ga­ñar co­ta de mercado. Da­lles, co­ma a aquel e de mo­men­to, pa­ra ir ti­ran­do. A di­fe­ren­za non é só que sa­quen máis do dous por cen­to. A di­fe­ren­za é que as Te­le­vi­sións In­vic­ta fun­cio­na­ban; e a pan­ta­lla dos no­vos par­ti­dos apun­ta, máis ben, e no me­llor dos ca­sos, a emi­sión en bran­co e ne­gro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.