«Sa­bía­se que ha­bía al­go, pe­ro non es­pe­ra­ba o que me ato­pei»

Con­si­de­ra que é im­por­tan­te re­cu­pe­rar os achá­de­gos e po­ñe­los a dis­po­si­ción da ci­da­de e de Ga­li­cia

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - JO­SÉ SUÁ­REZ OTERO XO­SÉ MANUEL CAMBEIRO

Jo­sé Suá­rez acu­diu co­mo ar­queó­lo­go ao entorno de Salomé pa­ra ve­ri­fi­car os achá­de­gos e axi­ña se de­ca­tou da im­por­tan­cia dos res­tos na con­fi­gu­ra­ción do an­ti­go claus­tro gó­ti­co do tem­plo. Le­va un­has se­ma­nas es­tu­dan­do os no­vos ele­men­tos, que arro­xa­rán luz sobre o an­ti­go edi­fi­cio. —Su­po­ño que que­da­ría abraia­do ao ato­par ese achá­de­go. —Si me asom­brou. Sa­bía da exis­ten­cia deses ar­cos no bar Los Por­ches. Nun­ca re­pa­ra­ra no seu po­si­ble in­tere­se. Tam­pou­co era cons­cien­te de que eses ar­cos se pro­lon­ga­ban con ou­tros ar­cos más alá do que se po­día ver no bar. Can­do fun tra­ba­llar alí ti­ña in­tere­se por­que sa­bía da exis­ten­cia deses ar­cos, pe­ro non ti­ña idea das di­men­sións do des­cu­bri­men­to. Sa­bía que ha­bía ar­cos aí, que ha­bía al­gún na an­ti­ga li­bre­ría Ve­tus­ta e iso es­ta­ba na cons­cien­cia dos in­ves­ti­ga­do­res, de que aí ha­bía al­go, pe­ro non es­pe­ra­ba ato­par­me o que ato­pei. —Ha­ben­do eses sig­nos, ¿por qué nin­guén se lan­zou a pes­cu­dar que pa­sa­ra co an­ti­go claus­tro? —Non o sei. Eu non era es­pe­cia­lis­ta ne­se te­ma e nun­ca me me­te­ra ne­se ám­bi­to. Tra­ba­lla­ba na Ca­te­dral e no entorno in­me­dia­to da ba­sí­li­ca. Non fo­ra más alá. Eu sos­pei­to que o que pa­sa­ba, por un­ha ban­da, é que as no­ti­cias que se ti­ñan eran in­co­ne­xas, re­ta­llos sol­tos que da­ban idea de al­go. Dun­ha par­te deses res­tos que ago­ra se co­ñe­cen non se sa­bía, por­que es­ta­ban en zo­nas inac­ce­si­bles ao pu­bli­co e aos in­ves­ti­ga­do­res. To­do iso, e a fal­ta de do­cu­men­ta­ción, xun­tá­ron­se pa­ra que nin­guén mon­ta­se o puzzle. —¿Que im­por­tan­cia hai que dar­lle ao achá­de­go? —O grao de im­por­tan­cia é moi al­to. Pri­mei­ro, por­que non se con­ser­van claus­tros gó­ti­cos en San­tia­go. O que me vén á ca­be­za co­mo úni­co claus­tro me­die­val é o da igre­xa de Sar, que é ro­má­ni­co. Lo­go, son res­tos abun­dan­tes dun in­mo­ble de­sas ca­rac­te­rís­ti­cas. Non te­mos moi­tos ele­men­tos pa­ra co­ñe­cer o gó­ti­co dos edi­fi­cios me­die­vais de San­tia­go. Es­tá no cen­tro da ci­da­de, dun­ha ci­da­de que vi­ve do seu pa­tri­mo­nio fun­da­men­tal­men­te. É un re­cur­so que ven agran­dar a ca­li­da­de da ofer­ta á xen­te e aos vi­si­tan­tes. Es­tá nun­ha vía im­por­tan­te co­mo a Rúa No­va no San­tia­go me­die­val. Ade­mais da im­por­tan­te sig­ni­fi­ca­ción dos res­tos, per­mí­te­nos re­cu­pe­rar a igre­xa de Salomé, que en­ce­rra un pa­tri­mo­nio de moi­to valor. Gá­ña­se o claus­tro e a pro­pia igre­xa. —¿Pó­den­se de­ter­mi­nar as di­men­sións do claus­tro? —Po­las va­lo­ra­cións que fi­xen pen­so que nos mo­ve­mos nun­has di­men­sións de en­tre 300 e 400 me­tros ca­dra­dos. É rec­tan­gu­lar, cuns la­dos lon­gos no nor­te e sur das di­men­sións do cor­po da igre­xa ac­tual sen con­tar a tra­sei­ra. Os la­dos cur­tos son os que dan á rúa No­va e a Tras Salomé. Os cur­tos te­ñen en­tre tres e ca­tro ar­cos e os lon­gos, seis ou se­te. —¿Gran­de ou pe­queno, en­tre os claus­tros me­die­vais? —Non é un claus­tro dun gran edi­fi­cio co­mo a Ca­te­dral ou San Mar­ti­ño Pi­na­rio. En edi­fi­cios me­no­res ten en­ti­da­de, sobre to­do na es­ca­la dun­ha ci­da­de co­mo San­tia­go. —Alo­me­nos pó­de­se sa­ber on­de em­pe­za ou aca­ba por ele­men­tos co­mo o tím­pano. —Apa­re­ceu o frag­men­to dun dos tím­pa­nos de ac­ce­so ao claus­tro, na ba­se do tím­pano que foi re­uti­li­za­da no edi­fi­cio que es­tá ago­ra en obras. —¿Com­pos­te­la ten un gó­ti­co con se­lo pro­pio? —Si, é un gó­ti­co com­pos­te­lán, non é o in­ter­na­cio­nal, o clá­si­co. É o que se plas­ma en Com­pos­te­la sobre to­do nun­ha eta­pa re­la­ti­va­men­te avan­za­da da Ida­de Me­dia. Fa­la­mos do fi­nal do XIV, prin­ci­pios do XV. Ten re­fe­ren­tes na mes­ma Ca­te­dral nal­gúns ar­cos só­li­dos. —¿Que imos fa­cer con es­tes res­tos? ¿Po­de­rán ser vi­si­ta­dos? —De mo­men­to es­tán nun­ha si­tua­ción de im­pas­se. Nós es­ta­ba­mos aco­me­ten­do un­ha obra pun­tual li­ga­da a un edi­fi­cio moi de­te­rio­ra­do, e ago­ra o pro­pie­ta­rio, que é o Ar­ce­bis­pa­do, é quen es­tá pro­mo­ven­do to­do, e as ad­mi­nis­tra­cións in­tere­sa­das no te­ma te­rán que ver o que se de­ci­de. Is­to in­terésa­lle á ci­da­de e á co­mu­ni­da­de au­tó­no­ma. É ne­ce­sa­rio re­cu­pe­rar un pa­tri­mo­nio tan im­por­tan­te en be­ne­fi­cio de to­dos. Pe­ro non hai nin­gún plan fei­to. Hai que sen­tar­se e o prio­ri­ta­rio ago­ra é do­cu­men­tar o que hai e fa­cer un le­van­ta­men­to pla­ni­mé­tri­co de to­dos os res­tos. —Aí hai una co­lec­ción de can­zo­rros im­pre­sio­nan­te. —Si, si. Ha­be­ría que po­ñer en valor iso e per­mi­tir o ac­ce­so a al­go que non se po­de ver den­de fó­ra co­mo é una co­lec­ción de can­zo­rros na igre­xa de Salomé. Un­ha par­te de­les son ro­má­ni­cos e ou­tros po­de que se­xan pos­te­rio­res. É un­ha co­lec­ción ex­ce­len­te, das pou­cas que hai en San­tia­go. Pe­ro non es­tá vi­si­ble. —¿Que era real­men­te ese edi­fi­cio claus­tral? —Ah, iso é o que non sa­be­mos, cal era o sen­ti­do dese claus­tro. É un­ha in­cóg­ni­ta. Imos sa­ben­do co­mo era, pe­ro non o que era.

XOÁN A. SO­LER

Jo­sé Suá­rez des­ta­ca a gran re­le­van­cia des­te achá­de­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.