Vo­to útil, depu­tado inú­til

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión -

Ode­ba­te so­bre o vo­to útil ali­mén­ta­se de que o sis­te­ma elec­to­ral es­pa­ñol ac­tual non é re­pre­sen­ta­ti­vo nin no te­rri­to­rial nin no por­cen­tual. O pro­ble­ma non é só o sis­te­ma D’Hondt de dis­tri­bu­ción de es­ca­nos, como moi­tas ve­ces se re­pi­te. Pen­se­mos que, por exem­plo, o BNG te­ría asen­to en Madrid nas elec­cións pa­sa­das con ese mes­mo cómpu­to se a cir­cuns­cri­ción fo­se ga­le­ga —que sería o ló­xi­co— ou mes­mo se a cir­cuns­cri­ción fo­se es­ta­tal. É re­cha­man­te que, con me­nos de 22.000 vo­tos, ha­xa for­zas que te­ñan un depu­tado (Hues­ca, pa­sa­do 20 de de­cem­bro) e for­zas que su­pe­ran os 70.000 fi­ca­sen fó­ra. Se­rá le­gal, mais non é de­mo­crá­ti­co. Así e to­do, é un­ha ba­rrei­ra que se ten su­pe­ra­do no pa­sa­do e que ta­mén se su­pe­rará o vin­dei­ro 26X.

O de­ba­te ar­tei­ro so­bre «o vo­to útil» sem­pre foi ali­men­ta­do e uti­li­za­do po­los par­ti­dos he­xe­mó­ni­cos pa­ra se per­pe­tua­ren no po­der. Aque­las op­cións que nal­gún mo­men­to fo­ron crí­ti­cas, como o PSOE, dei­xa­ron de se­lo en can­to a ro­da do sis­te­ma se mo­veu ao seu ser­vi­zo. Se­guín­doo, ho­xe ou­tras op­cións re­pi­ten o mes­mo re­cur­so á uti­li­da­de, pa­ra ocu­pa­ren o es­pa­zo das for­zas das na­cións do Es­ta­do con von­ta­de de exis­tir po­li­ti­ca­men­te. Ga­li­za sem­pre te­ría que es­pe­rar, se­gun­do os seus cri­te­rios. Mais, como di­xo a poe­ta, é un­ha «es­pe­ran­za lou­ca». Non nos con­for­me­mos coas mi­ga­llas, re­be­lé­mo­nos po­lo pan.

A pe­sar de­sa xin­ca­na de di­fi­cul­ta­des, as depu­tadas do BNG te­ñen de­mos­tra­do en re­pe­ti­das oca­sións, e en es­ce­na­rios de moi­ta maior es­ta­bi­li­da­de do sis­te­ma, a súa ca­pa­ci­da­de de par­ti­ci­pa­ción, de in­fluen­cia e de in­ter­ven­ción de ca­ra a con­se­guir adian­tos so­ciais. Pa­ra co­me­zar, as depu­tadas na­cio­na­lis­tas sem­pre im­pe­di­ron Go­ber­nos do PP e só fa­la­ron coas ou­tras for­zas es­ta­tais so­bre os in­tere­ses de Ga­li­za, so­bre a me­llo­ra do mun­do des­de un­ha óp­ti­ca ga­le­ga, so­bre un pro­ce­so de de­mo­cra­ti­za­ción pro­fun­da das ins­ti­tu­cións.

Se o BNG ten con­se­gui­do in­ves­ti­men­tos ou to­mas de po­si­ción do Go­berno es­ta­tal xus­tos pa­ra Ga­li­za foi por­que o prin­ci­pal ob­xec­ti­vo des­ta for­ma­ción é a de­fen­sa dos in­tere­ses das ga­le­gas e dos ga­le­gos, das per­soas nor­mais que po­ñen en mar­cha es­te país. Son in­tere­ses aos que nun­ca re­nun­cia­rá por de­fen­der ob­xec­ti­vos su­pos­ta­men­te «maio­res», que son «maio­res» só por­que son os dou­tros te­rri­to­rios con maior pe­so po­lí­ti­co.

O BNG foi ga­ran­tía, ade­mais, de que os depu­tados e depu­tadas dou­tros par­ti­dos ti­ve­sen que fa­cer ao lon­go de 20 anos al­gún ti­po de demanda pa­ra Ga­li­za, aín­da que fo­se só pa­ra non que­da­ren en ver­go­ña. O Dia­rio de Se­sións do Con­gre­so é moi elo­cuen­te. Ga­li­za pa­re­cía só un te­rri­to­rio bre­te­mo­so nos de­ba­tes da Ca­rre­ra de San Je­ró­ni­mo an­tes de 1996, can­do che­gou a re­pre­sen­ta­ción do BNG. A súa exis­ten­cia lan­gui­de­ceu de no­vo nes­tes me­ses de le­xis­la­tu­ra fa­li­da, cun­ha pre­gui­za xe­ne­ra­li­za­da das súas se­ño­rías. Ca­da vo­to ao BNG é, ta­mén, un­ha ad­ver­ten­cia.

Vo­to útil é aquel co que apoias un pro­xec­to. Vo­to útil é aquel que ser­ve pa­ra trans­for­mar as cou­sas. Vo­to útil é aquel que ser­ve pa­ra bo­tar fó­ra a Ra­joy e, ade­mais, pon Ga­li­za no ma­pa. Vo­to útil é aquel co que non te arre­pin­tes ao día se­guin­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.