Con­ver­te­lo no Mu­seo da Ro­ma­ni­za­ción de Ga­li­cia é un­ha moi bo idea

La Voz de Galicia (Lugo) - - La Voz Lugo - GA­BI­NE­TE GAU

Can­do tra­ta­mos do an­ti­go cuar­tel de San Fer­nan­do, des­de o pun­to de vis­ta da opi­nión é evi­den­te que hai que ac­tuar. O de­ber de con­ser­va­ción es­tá na pro­pia lei; te­mos un­ha Lei de Patrimonio que o pro­te­xe. A con­ser­va­ción é un­ha obri­ga do pro­pie­ta­rio, se­xa quen se­xa. Que hai que ac­tuar, po­de velo cal­que­ra, por­que o de­te­rio­ro no que es­tá su­mi­do es­te edi­fi­cio de­cla­ra­do Ben de In­tere­se Cul­tu­ral (BIC) é alar­man­te.

Nós ve­mos como es­tá por fó­ra o an­ti­go cuar­tel, e é alar­man­te. Non sa­be­mos como es­tá ago­ra por den­tro; sa­be­mos como es­ta­ba. E sa­be­mos ta­mén que no seu mo­men­to foi moi ben va­lo­ra­do po­las súas cua­li­da­des, por man­ter a es­tru­tu­ra de ma­dei­ra da cu­ber­ta e dos pi­sos. Es­ta é a va­lo­ra­ción que se fi­xo no seu mo­men­to po­los téc­ni­cos. En­tón des­ta­cou­se o va­lor da es­tru­tu­ra de ma­dei­ra, que foi un­ha adap­ta­ción do pro­xec­to ori­xi­nal, por­que o ori­xi­nal era moi cus­to­so e op­ti­mi­zou­se de ma­nei­ra ex­tra­or­di­na­ria apro­vei­tan­do os re­cur­sos es­ca­sos me­dian­te so­lu­cións téc­ni­cas moi sa­lien­ta­bles.

Xa di­xe­mos que non sa­be­mos como es­tá o edi­fi­cio por den­tro, pe­ro se es­tá como o ve­mos por fó­ra, é moi preo­cu­pan­te. Por iso cre­mos que a re­so­lu­ción do fis­cal que des­car­tou ac­tuar ao fío da de­nun­cia pre­sen­ta­da por un­ha aso­cia­ción foi desa­cer­ta­da, por­que a pro­tec­ción ten que pro­du­cir­se an­tes de que oco­rra o mal.

So­bre a ne­ce­si­da­de de in­ter­vir po­de­mos re­su­mi­la así: É un edi­fi­cio des­ta­ca­do, tan­to que es­tá de­cla­ra­do BIC; é di­cir, o an­ti­go cuar­tel é un mo­nu­men­to, un edi­fi­cio des­ta­ca­do e hai un­ha Lei de Patrimonio que obri­ga a pro­te­xe­lo. Po­lo tan­to, pou­co máis se po­de di­cir ao res­pec­to.

Fin com­pa­ti­ble

Hai que apli­car a lei e ga­ran­tir a con­ser­va­ción do edi­fi­cio. A par­tir de aí, ¿que se fai con el, a que fin se de­di­ca? Pois ao que es­ta­ba pre­vis­to ou a ou­tro, sem­pre que se­xa com­pa­ti­ble coa es­tru­tu­ra e a ti­po­lo­xía do edi­fi­cio. Pen­sa­mos que con­ver­te­lo en Mu­seo da Ro­ma­ni­za­ción de Ga­li­cia é un­ha moi boa idea. Ex­pli­ca­re­mos por que. Por un la­do é un uso moi im­por­tan­te pa­ra a ci­da­de, de gran in­tere­se, pa­ra o que é un edi­fi­cio moi fa­cil­men­te adap­ta­ble. Un mu­seo así fa­vo­re­ce­rá o turismo cul­tu­ral, que vai a máis; hai que ter en con­ta que Lu­go es­tá a un­ha ho­ra de San­tia­go e se con­se­gui­mos que só un 5% dos que che­gan a esa ci­da­de pa­sen un día en Lu­go, o re­sul­ta­do po­de ser real­men­te es­pec­ta­cu­lar.

Ta­mén é re­le­van­te por­que re­for­za­rá a pre­sen­za de Lu­go no ám­bi­to nacional como ci­da­de de ori­xe ro­ma­na. O Ga­bi­ne­te de Ar­qui­tec­tu­ra e Ur­ba­nis­mo (GAU) es­tá for­ma­do po­los ar­qui­tec­tos Jor­ge Sal­va­dor, Al­ber­te Gon­zá­lez, Ma­nuel Ló­pez e Jor­ge Ló­pez. No seu mo­men­to opu­xé­ron­se ao pro­xec­to pa­ra con­ver­ter San Fer­nan­do en au­di­to­rio, por­que su­po­ñía vul­ne­rar a súa es­tru­tu­ra ori­xi­nal, re­la­cio­na­da co uso como hos­pi­tal, de mo­do que crea­ba es­pa­zos des­con­for­mes co ca­rác­ter des­te edi­fi­cio. En­tre ou­tras ini­cia­ti­vas, GAU pro­mo­ve a de­cla­ra­ción do Agro do Ro­lo como ARRU.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.