Ca­mi­lo No­guei­ra, Tra­sal­ba, Eu­ro­pa

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinion - Víc­tor F. Frei­xa­nes

Un ano máis, no de­rra­dei­ro do­min­go de San Xoán, cos cas­ti­ñei­ros flo­ri­dos nos sou­tos de Tra­sal­ba, os ami­gos de Ote­ro Pe­dra­yo reuní­mo­nos na Ca­sa Gran­de de Ci­ma­de­vi­la pa­ra hon­rar a me­mo­ria do pa­triar­ca e en­tre­gar o pre­mio gran­de da ins­ti­tu­ción, que nes­ta oca­sión acor­da­mos con­ce­der a Ca­mi­lo No­guei­ra Ro­mán (La­va­do­res, Vi­go, 1936): to­da un­ha vi­da en­tre­ga­da a Ga­li­cia e ao ga­le­guis­mo, pen­san­do Ga­li­cia no mun­do, non dun xei­to en­do­gá­mi­co e lo­ca­lis­ta, se­nón en­xer­ga­da no gran dis­cur­so eu­ro­peo, que con tan­ta pai­xón e in­te­li­xen­cia afir­ma­ron os ho­mes da xe­ra­ción Nós. «Que­re­mos po­ñer a cul­tu­ra eu­ro­pea en ga­le­go», es­cri­bía da­que­la Vi­cen­te Ris­co.

Non sei se exis­ten as ca­sua­li­da­des. Hai quen di que non. En cal­que­ra ca­so, a con­ce­sión do Pre­mio Tra­sal­ba vén ca­drar co re­fe­ren­do que o pa­sa­do xo­ves si­túa fó­ra da Unión Eu­ro­pea a quen his­to­ri­ca­men­te é un dos gran­des axen­tes cons­ti­tu­ti­vos de Eu­ro­pa: o Reino Uni­do. ¿Co­mo en­ten­der Eu­ro­pa sen a Gran Bre­ta­ña, sen os seus sím­bo­los, a súa cul­tu­ra, as súas ins­ti­tu­cións, o seu pen­sa­men­to, a súa fi­lo­so­fía, a súa re­vo­lu­ción in­dus­trial, o seu par­la­men­ta­ris­mo de­mo­crá­ti­co, a súa eco­no­mía, a súa iden­ti­da­de, mes­mo a súa di­ver­si­da­de? Pois ve­laí un fei­to his­tó­ri­co cu­xas con­se­cuen­cias non é doa­do es­ta­ble­cer. O xi­gan­tes­co es­for­zo dos fun­da­do­res (Jean Mon­net, Ro­bert Schu­man, Kon­rad Ade­nauer, Jo­seph Bech, Wins­ton Chur­chill, Paul-Hen­ri Spaak), po­la tor­pe­za duns e de ou­tros, aca­so po­la in­cons­cien­cia de uns e de ou­tros, fi­ca trun­ca­do ou can­do me­nos sen­si­ble­men­te afec­ta­do po­lo re­sul­ta­do da con­sul­ta po­pu­lar.

En­tre os ar­gu­men­tos que a Fun­da­ción Ote­ro Pe­dra­yo con­si­de­rou no seu mo­men­to pa­ra con­ce­der o ga­lar­dón, un dos máis po­de­ro­sos foi sen dú­bi­da a vo­ca­ción eu­ro­peís­ta do no­so per­so­na­xe. Na me­llor tra­di­ción do ga­le­guis­mo de Cas­te­lao, Vi­cen­te Ris­co, Ote­ro Pe­dra­yo, Vi­llar Pon­te, et­cé­te­ra, Ca­mi­lo No­guei­ra re­pre­sen­ta a ac­ción e o pen­sa­men­to dos que non con­ci­ben Ga­li­cia sen Eu­ro­pa. O ga­le­guis­mo mo­derno, que se for­mu­la a par­tir dos anos 20 do pa­sa­do sécu­lo, é un ga­le­guis­mo pro­fun­da­men­te eu­ro­peís­ta, com­pro­me­ti­do coa cons­tru­ción dun­ha Eu­ro­pa so­li­da­ria dos po­bos, na li­ña que en 1948 ex­pli­ci­ta­ba o pro­pio Cas­te­lao, can­do es­cri­be o seu tex­to a prol dun­ha Unión Eu­ro­pea, pu­bli­ca­do den­de o exi­lio en A No­sa Te­rra, e mes­mo nas de­rra­dei­ras pá­xi­nas de Sem­pre en Ga­li­za. Ga­li­cia sen Eu­ro­pa non é Ga­li­cia, e ao re­vés: sen Ga­li­cia (sen a es­tra­te­xia his­tó­ri­ca da pe­re­gri­na­ción a Com­pos­te­la, por exem­plo) tam­pou­co é doa­do en­ten­der a reali­da­de cul­tu­ral e po­lí­ti­ca eu­ro­pea.

Hai dous tex­tos de Ca­mi­lo es­pe­cial­men­te sig­ni­fi­ca­ti­vos ao res­pec­to: Ga­li­za na Unión. A por­ta atlán­ti­ca e Eu­ro­pa, o con­ti­nen­te pen­sa­do, am­bos os dous pu­bli­ca­dos no ano 2008, pro­du­to en gran me­di­da da ex­pe­rien­cia do au­tor no Par­la­men­to Eu­ro­peo, en­tre 1999 e 2004. O re­fe­ren­do bri­tá­ni­co pon de ac­tua­li­da­de un­ha cues­tión que sen dú­bi­da nos afec­ta moi se­ria­men­te. «O fu­tu­ro non se vai ga­ñar en dous días», ad­ver­tía Ro­bert Schu­man nos anos 50. Nun­ca a von­ta­de e a in­te­li­xen­cia po­lí­ti­ca fo­ron tan ne­ce­sa­rias co­ma nes­ta ho­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.