Es­ta for­ta­le­za, sen dono pe­ro re­cla­ma­da po­lo Con­ce­llo, foi es­ce­na­rio en 1981 dun­ha cu­rio­sa fes­ta reivin­di­ca­ti­va

La Voz de Galicia (Lugo) - - Agenda - SU­SO VA­RE­LA

A to­rre sen dono de Don­cos, nas No­gais, ti­vo ao lon­go da súa his­to­ria moi­tos acon­te­ce­men­tos gue­rrei­ros e se­ño­riais, ade­mais de atri­buír­se­lle len­das e con­tos de to­do ti­po. Des­de hai máis de dous anos non ten pro­pie­ta­rio ofi­cial, lo­go de que a Ca­sa de Al­ba lle di­xe­ra ao Con­ce­llo que non se fa­cía car­go da con­ser­va­ción do mo­nu­men­to por­que non es­ta­ba den­tro da súa ex­ten­sa lis­ta de do­mi­nios.

Pe­ro máis de cin­co sécu­los de vi­da dan pa­ra moi­to nun mo­nu­men­to des­te es­ti­lo, que se­gue en pé de xei­to mi­la­gro­so tras so­por­tar te­rre­mo­tos, fu­ra­cáns e in­ver­nos chu­vio­sos. Aín­da así, fen­das e da­nos ten por to­das as pa­re­des, in­cluí­da a per­da do ar­co que cu­bría a to­rre.

Pre­ci­sa­men­te es­te ar­co exis­tía hai 35 anos, can­do un es­ca­la­dor se atre­veu a su­bir po­los mu­ros de ca­se vin­te me­tros de al­tu­ra cun­ha ban­dei­ra ga­le­ga na man pa­ra fa­ce­la ben vi­si­ble. Foi o cu­mio dun­ha xor­na­da reivin­di­ca­ti­va, que fi­xe­ron sim­pa­ti­zan­tes do na­cio­na­lis­mo e da es­quer­da ga­le­guis­ta, acom­pa­ña­dos dos ve­ci­ños da pa­rro­quia, que es­ta­ban en fes­tas.

Foi un Día da Pa­tria Ga­le­ga ben dis­tin­to aos de ago­ra, pe­ro que se­guía o es­pí­ri­to dos fun­da­do­res des­ta fes­ta, as Ir­man­da­des da Fa­la, alá po­lo ano 1920.

«Ago­ra que o na­cio­na­lis­mo pa­re­ce que ne­ce­si­ta un­ha re­fun­da­ción, se­ría bo sa­ber de on­de vi­mos», afir­ma con so­rri­so e nos­tal­xia o can­tan­te e poe­ta An­tón Val­car­ce, un dos que aquel 25 de xu­llo de 1981 par­ti­ci­pa­ron na­quel im­pro­vi­sa­do Día da Pa­tria Ga­le­ga, e per­soa que pre­ci­sa­men­te pe­diu ao Ca­tas­tro que lle asig­ne a pro­pie­da­de de Don­cos a el co­mo her­dei­ro da li­ña­xe que do­mi­nou a for­ta­le­za an­tes do sécu­lo XV. O Con­ce­llo das No­gais, po­la súa ban­da, ta­mén li­ti­ga por fa­cer­se dono da to­rre for­ta­le­za, an­tes de que se ve­ña abai­xo po­la fal­ta de coida­dos, en­tre eles as evi­den­tes fen­das.

Destacadas fi­gu­ras

Non sa­be­mos se os im­pul­so­res da­que­la fes­ta pa­trió­ti­ca —na que par­ti­ci­pa­ron co­ñe­ci­dos mú­si­cos, co­mo Tareixa No­vo, ou ac­ti­vis­tas co­mo Son­so­les Iz­quier­do, pre­cur­so­ra do eco­lo­xis­mo lucense a tra­vés de Adelp­ha— ti­ñan pre­sen­te que Don­cos, se­gun­do ver­sións de his­to­ria­do­res, for­ma par­te dos agra­vios da co­ñe­ci­da co­mo «do­ma e cas­tra­ción de Ga­li­cia», co que os no­bres ga­le­gos per­de­ron as súas po­se­sións en mans dos no­bres de fó­ra de Ga­li­cia.

O que si es­tá cla­ro é que os par­ti­ci­pan­tes na fes­ta reivin­di­ca­ti­va go­za­ron dun­ha xor­na­da de le­di­cia e ilu­sión por un­ha no­va eta­pa en Ga­li­cia. Non po­dían di­cir o mes­mo os na­cio­na­lis­tas que ese mes­mo día se ma­ni­fes­ta­ban po­las rúas de Com­pos­te­la, nun­ha con­vo­ca­to­ria prohi­bi­da que aca­bou a paus en­tre po­li­cías e ma­ni­fes­tan­tes.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.