«Foi un ac­to es­pon­tá­neo no que par­ti­ci­pa­ron os do po­bo e os fi­llos dos emi­gran­tes»

La Voz de Galicia (Lugo) - - Agenda -

Xosé Es­pín era al­cal­de na­cio­na­lis­ta das No­gais can­do se em­pre­gou a to­rre de Don­cos co­mo es­pa­zo pa­ra ce­le­brar o 25 de xu­llo, ao abei­ro da fes­ta do pa­trón da pa­rro­quia, San­tia­go, aquel ve­rán de 1981.

«Na zo­na dá­ban­se ci­ta moi­tas per­soas, so­bre to­do emi­gran­tes e os seus fi­llos que pa­sa­ban o ve­rán, así que en 1981, de xei­to es­pon­tá­neo, de­ci­di­ron moi­tos ve­ci­ños e ami­gos le­var a fes­ta á to­rre de Don­cos e fes­te­xar o Día da Pa­tria Ga­le­ga», lem­bra Es­pín,. «Foi un ac­to reivin­di­ca­ti­vo des­ta Ga­li­cia que xa es­tá no Bier­zo», ex­pli­ca Es­pín, que lo­go se­ría al­cal­de co PSOE.

Aque­la fes­ta con­tou cun­ha mar­cha po­lo río, con gai­tas e un­ha ro­ma­ría, pe­ro o mo­men­to máis lu­ci­do foi can­do se de­ci­diu es­ca­lar a to­rre pa­ra co­lo­car un­ha ban­dei­ra ga­le­ga. «Fí­xoo un ra­paz que vi­vía en Bar­ce­lo­na, To­pe, que era da ca­sa dos Cás­tor, que emi­gra­ron a Ca­ta­lu­ña», si­na­la Es­pín.

Que fo­ra o fi­llo dun emi­gran­te ga­le­go ti­vo aín­da máis un sig­ni­fi­ca­do pa­ra os que alí se con­gre­ga­ron. A fes­ta vol­veu­se ce­le­brar un par de anos máis. «Es­te ve­rán que­re­mos re­cu­pe­rar un­ha fei­ra de oficios e trae­re­mos a pin­to­res de to­da Es­pa­ña pa­ra que ilus­tren a to­rre», ex­pli­ca o ex­re­xe­dor das No­gais.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.