In­cer­te­zas dun­ha saí­da

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión -

Moi ma­la no­ti­cia, den­de lo­go, pa­ra Eu­ro­pa e pa­ra o eu­ro­peís­mo. Trá­ta­se da se­gun­da eco­no­mía da UE, dun­ha cien­cia ago­ra es­ga­za­da de Eu­ro­pa, dun­has eli­tes das que non an­da­mos so­bra­dos, dun­ha ei­va que po­de es­co­rar a cons­tru­ción eu­ro­pea e, ao ca­bo, des­fa­cer boa par­te do ca­mi­ño eu­ro­peo an­da­do.

Moi di­fe­ren­tes son as cou­sas olla­das den­de o Reino Uni­do. A miú­do es­que­ce­mos que o im­pe­rio in­glés, á súa pe­cu­liar ma­nei­ra, se­gue sen­do un­ha reali­da­de ben ope­ra­ti­va. En xe­ral, po­de que un­ha gran­de maio­ría (moi­to máis do que in­di­can os vo­tos do día 21) se sin­ta máis có­mo­da fó­ra da UE que den­tro. Pa­ré­ce­me que o que é un ma­ni­fes­to fra­ca­so pa­ra a UE non o é tan­to, nin moi­to me­nos, pa­ra o Reino Uni­do, far­to de atu­rar un­ha po­lí­ti­ca an­ti­so­cial exer­ci­da por bu­ró­cra­tas nin de­mo­crá­ti­cos nin po­lí­ti­cos.

Pe­ro, ao me­llor, tam­pou­co é to­do tan ne­ga­ti­vo pa­ra a UE. En boa ló­xi­ca (a ló­xi­ca e a reali­da­de non sem­pre son a mes­ma cou­sa), os bu­ró­cra­tas eu­ro­peos de­be­ran em­pe­zar a com­pren­der que a saí­da in­gle­sa ten moi­to que ver coas súas po­lí­ti­cas neo­li­be­rais, que ta­mén po­den le­var a ou­tros paí­ses a se­guir o mes­mo ca­mi­ño.

De ago­ra en dian­te ha­be­rá un­has ne­go­cia­cións moi di­fí­ci­les. Te­ño a se­gu­ri­da­de de que o Reino Uni­do sa­be­rá ne­go­ciar moi ben a súa no­va si­tua­ción cos pig­meos po­lí­ti­cos da UE. Po­de­ría adian­tar que non se van que­dar fó­ra de to­do. Ou se­xa, que ao me­llor non van que­dar de ma­nei­ra moi dis­tin­ta á que dei­ca ago­ra ti­ñan.

Un­ha ob­ser­va­ción máis: se o Reino Uni­do ten éxi­to nes­ta no­va si­tua­ción, se­nón xa an­tes, Bru­xe­las te­rá que coidar moi­to que ou­tros —po­de que Ita­lia e ou­tros que lle si­gan— non co­llan o mes­mo ca­mi­ño. Esa si que se­ria a gran des­fei­ta. Non sei se alí se po­de­rá cam­biar tan­to co­mo pa­ra che­gar a un cam­bio ver­da­dei­ro. Al­go te­rán apren­di­do. Ao me­llor.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.