Alon­so Mon­te­ro: «Sen per­soas co­mo Ca­mi­lo, o mun­do se­ría máis po­bre»

A Fun­da­ción Ote­ro Pe­dra­yo dis­tin­gue ao en­saís­ta e po­lí­ti­co co pre­mio Tra­sal­ba

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - P. SEOANE

Con tan­to aga­ri­mo fa­la­ron del to­dos os que o pre­ce­de­ron que Ca­mi­lo No­guei­ra, pre­mio Tra­sal­ba 2016 da Fun­da­ción Ote­ro Pe­dra­yo, que ao eco­no­mis­ta, en­sais­ta e po­lí­ti­co pou­ca mar­xe lle que­da­ba. Con to­do, non dei­xou de fa­lar de Eu­ro­pa, de des­ta­car o pu­lo do ga­le­go na súa vin­cu­la­ción co por­tu­gués pa­ra di­cir que é un dos idio­mas máis fa­la­do do mun­do, ou amo­sar a tris­tu­ra de ver co­mo Ga­li­cia pa­sou en me­nos de dous sécu­los de ser un país po­pu­lo­so co­mo nin­gún a su­frir un­ha for­te caí­da de­mo­grá­fi­ca. «Que can­te o mer­lo», re­ma­tou, co que dou pé a Xesús Alon­so Mon­te­ro, pa­ra que lem­bra­se un di­to da súa ne­nez nas te­rras do Ri­bei­ro: «Sau­di­ña e que can­te o mer­lo».

Mos­trou­se ro­tun­do o pre­si­den­te da Real Aca­de­mia Ga­le­ga na de­rra­dei­ra in­ter­ven­ción. «Sen per­soas co­mo Ca­mi­lo No­guei­ra, o mun­do se­ría máis po­bre», afir­mou, nun en­torno no que se pa­sou de Ote­ro a No­guei­ra, e vi­ce­ver­sa, pa­ra enal­te­cer o idio­ma e o eu­ro­peís­mo dos dous. O ho­me­na­xea­do re­ci­biu o pre­mio de mans pre­ci­sa­men­te de Xesús Alon­so Mon­te­ro, e que sim­bo­li­za un­ha es­cul­tu­ra obra do ar­tis­ta Bu­ci­ños.

Acre­di­ta­do ma­xis­te­rio

O re­co­ñe­ce­men­to por par­te da fun­da­ción Ote­ro Pe­dra­yo che­gou na edi­ción XXXIV a es­te vi­gués de acre­di­ta­do ma­xis­te­rio en moi­tos ei­dos, cun­ha tra­xec­to­ria de com­pro­mi­so co país ga­ba­da por to­dos os que ti­ve­ron oca­sión de fa­lar del e non só o au­tor da lau­da­tio, o es­cri­tor Su­so de To­ro. Sem­pre se fai es­ta fes­ta o de­rra­dei­ro domingo de xu- ño e, aín­da con elec­cións, man­tí­vo­se un­ha tra­di­ción ini­cia­da no ano 1983.

Nun en­torno no que ca­da ano ga­na pe­so a fi­gu­ra to­té­mi­ca de Ote­ro Pe­dra­yo, Ca­mi­lo No­guei­ra (Vi­go, 1936) que­dou on­te re­tra­ta­do co­mo un in­te­lec­tual, un op­ti­mis­ta na­to, un ho­me cu­xos ac­tos son sem­pre a fa­vor da vi­da e da his­to­ria; un in­sa­tis­fei­to coa mar­cha do país, pe­ro non un de­pri­mi­do; un po­lí­ti­co exem­plar na súa tra­xec­to­ria; un depu­tado in­can­sa­ble, be­li­xe­ran­te e útil; un dos «bos e no­bres», un mo­derno, un exem­plo de co­ra­xe e un­ha per­soa, que es­tan­do no Par­la­men­to Eu­ro­peo, fa­ci­li­tou a pre­sen­za ins­ti­tu­cio­nal de Nun­ca Máis can­do a des­fei­ta do Pres­ti­ge. No­guei­ra, que foi quen, xun­to con Bautista Álvarez, de re­xis­trar hai xa ben anos a ban­dei­ra bran­ca e azul coa es­tre­la ver­me­lla.

MI­GUEL VI­LLAR

Ca­mi­lo No­guei­ra (es­quer­da), re­ci­biu o ga­lar­dón de mans do pre­si­den­te da RAG, Alon­so Mon­te­ro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.