O no­vo por­tal da to­po­ni­mia ofre­ce­rá in­for­ma­ción da ori­xe dos no­mes

A fi­cha com­ple­ta­ra­se con len­das ou acon­te­ce­men­tos his­tó­ri­cos dos lu­ga­res

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - MONTSE GAR­CÍA

O no­vo por­tal da to­po­ni­mia de Ga­li­cia, que es­ta­rá ope­ra­ti­vo nos vin­dei­ros me­ses, irá moi­to máis alá de re­co­ller o no­me ofi­cial dos lu­ga­res. Ade­mais de xeo­rre­fe­ren­cia­los, ta­mén in­clui­rá un­ha fi­cha con in­for­ma­ción da ori­xe des­ta de­no­mi­na­ción. «¿Por que un lu­gar se cha­ma Chan­dre­xa Quei­xa ou Li­ña­res?. Ex­pli­ca­mos a súa his­to­ria e, o que fa­ce­mos, é que a xen­te sin­ta un res­pec­to moi­to maior por ese lu­gar», ase­gu­rou o se­cre­ta­rio de Po­lí­ti­ca Lin­güís­ti­ca da Xun­ta, Va­len­tín Gar­cía.

Es­ta in­for­ma­ción da ori­xe dos to­pó­ni­mos po­de­rá ter co­mo com­ple­men­to ví­deos ou ar­qui­vos so­no­ros nos que se re­co­lle­rán acon­te­ce­men­tos his­tó­ri­cos ou len­das dese lu­gar. Ade­mais, ta­mén que­da­rá o to­pó­ni­mo re­co­lli­do a ni­vel fo­né­ti­co. Nes­te apar­ta­do, te­rá es­pe­cial im­por­tan­cia a co­la­bo­ra­ción ci­da­dá, xa que es­te no­vo por­tal da To­po­ni­mia de Ga­li­cia te­rá un apar­ta­do pa­ra que co­lec­ti­vos ou per­soas in­tere­sa­das poi­dan par­ti­ci­par. «Se­rá un ins­tru­men­to [o por­tal] que non exis­te en nin­gún ou­tro pun­to de Es­pa­ña», en­ga­diu Va­len­tín Gar­cía.

Nes­ta ac­tua­li­za­ción da web ofi­cial da To­po­ni­mia de Ga­li­cia (to­po­ni­mia.xun­ta.gal) tra­ba­llan con­xun­ta­men­te Vi­ce­pre­si­den­cia da Xun­ta —o ór­gano com­pe­ten­te na ma­te­ria—, as con­se­lle­rías de Cul­tu­ra e de Me­dio Ambiente e Ordenación do Te­rri­to­rio, así co­mo a Axen­cia pa­ra a Mo­der­ni­za­ción Tec­no­ló­xi­ca de Ga­li­cia e a Real Aca­de­mia Ga­le­ga. Re­pre­sen­tan­tes das en­ti­da­des par­ti­ci­pa­ron na pre­sen­ta­ción des­te no­vo por­tal, que bus­ca di­fun­dir o va­lor, ri­que­za e sin­gu­la­ri­da­de dos to­pó­ni­mos ga­le­gos. A no­va apli­ca­ción se­rá ac­ce­si­ble den­de to­dos os dis­po­si­ti­vos (PC, mó­bi­les e ta­ble­tas) e ta­mén me­llo­ra­rá o bus­ca­dor pa­ra ato­par o to­pó­ni­mo con maior pre­ci­sión. «É un pa­so im­por­tan­te nun pro­xec­to que le­va moi­tos anos», afir­mou o vi­ce­pre­si­den­te da Xun­ta, Al­fon­so Rue­da. Nes­ta pá­xi­na te­rá pre­sen­za a mi­cro­to­po­ni­mia, no­mes de mon­tes, vías ou te­rras, en­tre ou­tros, un tra­ba­llo que ini­cia­ron fai anos e co que agar­dan re­unir 1.300.000 to­pó­ni­mos. Ga­li­cia con­ta con 37.308 to­pó­ni­mos re­co­lli­dos no seu No­men­clá­tor. Des­ta ri­que­za to­po­ní­mi­ca — un 24 % dos no­mes de lu­ga­res ha­bi­ta­dos de Es­pa­ña es­tá en Ga­li­cia e su­pera a Por­tu­gal en 5.000 de­no­mi­na­cións— e do seu in­tere­se son bo re­fle­xo os máis de 625 tra­ba­llos de in­ves­ti­ga­ción que se fi­xe­ron so­bre ela. Des­te nú­me­ro, 130 fo­ron fei­tos des­pois da apro­ba­ción do No­men­clá­tor no ano 2003, ex­pli­cou Xe­sús Fe­rro, mem­bro

SANDRA ALON­SO

Re­pre­sen­tan­tes das en­ti­da­des que co­la­bo­ran no no­vo por­tal pre­sen­ta­ron o pro­xec­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.