«Co­ñe­ce­mos o cir­cuí­to e o río, é un­ha van­ta­xe que te­mos»

La Voz de Galicia (Lugo) - - Deportes - M. OTE­RO

Un dos clá­si­cos da lon­ga dis­tan­cia é Tono Cam­pos (O Gro­ve, 1985). For­mou equi­po du­ran­te anos con Ós­car Gra­ña pe­ro o do­min­go se­rán ri­vais. Aín­da que o me­co non des­car­ta co­la­bo­rar pa­ra su­pe­rar ás em­bar­ca­cións hún­ga­ras, as gran­des ri­vais dos pa­de­xei­ros ga­le­gos que, se­gun­do Cam­pos, aca­da­rán os dez me­tais. —Fa­lar de Tono Cam­pos é fa­lar dun­ha len­da da lon­ga dis­tan­cia. ¿Fál­ta­lle un­ha éxi­to na ca­sa? —Tre­ce me­da­llas en mun­diais e dúas en Eu­ro­peos, con­se­guir ga­ñar na ca­sa se­ría un plus. —¿Ten ga­ñas de mos­trar o teu ta­len­to dian­te da túa xen­te? —Com­pe­tir dian­te do teu pú­bli­co sem­pre é moi­to máis emo­cio­nan­te. Non é que se­xa un so­ño, pe­ro sa­bes que hai po­si­bi­li­da­des de ga­ñar e pre­pá­ras­te pa­ra fa­ce­lo o me­llor po­si­ble. —O cir­cui­to non se­rá un­ha no­vi­da­de pa­ra vos­te­de, ¿ca­les son as tram­pas que hai que es­qui­var? —Esa é un­ha van­ta­xe que te­mos, que ades­tra­mos aquí a dia­rio e co­ñe­ce­mos o cir­cuí­to e o río. O que po­de mar­car a di­fe­ren­za é o ven­to que po­de fa­cer ve­la no por­teo dos bar­cos e a bo­ga de arri­ba coa bai­xa co­rren­te do río po­de ser o pun­to máis com­pli­ca­do. Ta­mén a zo­na da praia que po­de ser a que te­ña me­nos ca­la­do. Pe­ro non é o máis com­pli­ca­do. —¿É máis com­pli­ca­do que os de ou­tras ci­da­des? —Com­pa­ra­do con Hun­gría no mun­dial do ano pa­sa­do é moi­to me­llor es­te río. Alí ti­ña cin­cuen­ta cen­tí­me­tros de pro­fun­di­da­de e se fi­xo moi du­ro. To­ca­ba­mos coa pa­la abai­xo en boa par­te do re­co­rri­do. —¿Mo­ti­va com­pe­tir dian­te da súa xen­te? —Iso es­tá cla­ro e máis can­do é o pú­bli­co da ca­sa que vai es­tar arrou­pan­do aos es­pa­ñois. Iso sem­pre axu­da, é un im­pul­so a maio­res que te fai sa­car un­has for­zas ex­tras. —Es­te ano o equi­po ga­le­go é un dos máis nu­me­ro­sos. ¿Hai pi­ques en­tre vos­te­des? —Ga­li­cia sem­pre foi un­ha po­ten­cia a ni­vel mun­dial, non é de ex­tra­ñar que es­tea­mos aí no top. Eu ades­tro a dia­rio con Ós­car Gra­ña e xa le­va­mos sen­do ri­vais des­de o ano 2013. Un­has ga­ñan eles, ou­tras nós. Pó­de­se for­mar equi­po, co­la­bo­rar e que ga­ño o máis for­te. So­mos ami­gos pe­ro so­mos ri­vais á ho­ra de com­pe­tir. —¿Can­tas me­da­llas van con­se­guir os ga­le­gos? —Tam­pou­co sei de me­mo­ria os par­ti­ci­pan­tes, pe­ro déi­xa­me con­ta­bi­li­zar (tó­ma­se uns se­gun­dos). Eu pen­so que Ga­li­cia an­da­rá pre­to das dez me­da­llas. Eu creo que se po­den con­se­guir. Ve­xo se­te ,pe­ro a dez pó­de­se che­gar.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.