18 anos co «feís­mo» ás cos­tas

La Voz de Galicia (Lugo) - - Galicia -

Te­ño es­cri­to en La Voz de Ga­li­cia so­bre es­te asun­to, in­ten­tan­do dar­lle un sen­ti­do a un subs­tan­ti­vo que fi­xo for­tu­na me­diá­ti­ca e po­lí­ti­ca e que pa­re­ce ex­pli­ci­tar o que es­tá a pa­sar en Ga­li­cia en re­la­ción co mal­tra­to ou o des­coi­do do te­rri­to­rio nos úl­ti­mos cin­cuen­ta anos. Un fe­nó­meno que, se­gun­do co­mún opi­nión, non es­tá tan pre­sen­te en As­tu­rias, Can­ta­bria, o País Vas­co ou o nor­te de Por­tu­gal. En ca­da oca­sión pre­gun­tá­ba­me o por­qué da si­tua­ción, e non tan­to pola súa ex­pre­sión es­té­ti­ca. Pen­sa­ba, e pen­so, que o pro­ble­ma ten ra­zóns ca­se an­tro­po­ló­xi­cas vin­cu­la­das á ten­za e mais á trans­mi­sión da te­rra, a un ré­xi­me fo­ral xe­ne­ra­li­za­do, me­nos cla­ro con­trac­tual­men­te ca o arren­da­men­to, que pro­mo­veu nal­gun­ha me­di­da a emi­gra­ción se­cu­lar pa­ra ob­ter car­tos en efec­ti­vo cos que re­di­mir o fo­ro.

O cam­pe­si­ño que cons­truíu des­de o ano­ni­ma­to pai­sa­xes ho­xe con­si­de­ra­das de cul­to, que re­sis­tiu re­sig­na­do o ta­lón do pro­pie­ta­rio co desexo his­tó­ri­co de po­suír a te­rra, que creou edi­fi­ca­cións que po­de­ria­mos de­no­mi­nar ar­qui­tec­tu­ra bio­cli­má­ti­ca, pro­di­gou ao mes­mo tem­po un­ha tra­di­ción cul­tu­ral pa­ra su­pe­rar o illa­men­to dun me­dio eco­no­mi­ca­men­te em­po­bre­ci­do. Faz e en­vés dun­ha mes­ma reali­da­de, a for­ma pa­cí­fi­ca de con­vi­vir co país, be­le­za e mi­se­ria que Rosalía poe­ti­zou sen cir­cun­lo­quios.

Por ou­tro la­do, a bur­gue­sía me­dia ur­ba­na que des­de o me­die­vo bus­ca­ba o seu lu­gar na so­cie­da­de ante un­ha fi­dal­guía min­guan­te che­gou a aca­dar cer­to es­plen­dor, ex­pre­sa­do en edi­fi­cios e es­pa­zos de re­la­ción, pe­ro re­ma­tou por desis­tir de tal pre­ten­sión ante o fe­nó­meno da con­cen­tra­ción ur­ba­na que, nas dé­ca­das dos 60 e 70 do sécu­lo pa­sa­do, crea­ba en­san­ches es­pe­cu­la­ti­vos, pro­mo­vi­dos en boa me­di­da cos ca­pi­tais acu­mu­la­dos da emi­gra­ción, que abo­ca­ron to­das as ci­da­des sen ex­cep­ción a un­ha den­si­fi­ca­ción irre­ver­si­ble en de­tri­men­to dos va­lo­res pa­tri­mo­niais. A de­mo­cra­cia e a au­to­no­mía con­tri­buí­ron a me­llo­rar cla­ra­men­te as con­di­cións xe­rais de vi­da, ma non tan­to a pai­sa­xe.

Na bus­ca do fon­do da cues­tión é ne­ce­sa­rio trans­cen­der as for­mas, a es­té­ti­ca, a ca­sa inaca­ba­da, sen re­bo­car, as co­res, os pe­ches. Non po­de con­ver­ter­se a pa­la­bra feís­mo nun le­ma de ur­ba­ni­tas cul­ti­va­dos, pa­ra me­ter­lle o de­do no ollo a un mun­do ru­ral que se­gue re­sis­tin­do a pe­sar das mu­ta­cións e do que ca­se to­dos pro­ce­de­mos. Pe­ro tam­pou­co po­de ser un pro­ce­so de in­cul­pa­ción e au­to­odio fron­te a un­ha des­me­su­ra­da loan­za, ca­se ve­ne­ra­ción do no­so que nos in­ca­pa­ci­te pa­ra ver a reali­da­de.

A edi­fi­ca­ción da fo­to le­va anos así. Mes­mo se po­de­ría adu­cir que esa es­tru­tu­ra aé­rea non é fea de seu. Se­gu­ra­men­te de­trás de­la hai ra­zóns, pre­gun­tas que cóm­pre res­pon­der. Un­ha nova cul­tu­ra do te­rri­to­rio non vai só de car­tas, ca­tá­lo­gos, di­rec­tri­ces, leis, re­gu­la­men­tos, plans, en­co­mia­bles e ne­ce­sa­rios, si, pe­ro que pou­cos fan seus e que se su­ce­den a to­da ve­lo­ci­da­de sen tem­po pa­ra abor­da­los. As boas pai­sa­xes son as que re­sis­ten o en­fo­que da mi­ra­da des­de a dis­tan­cia á pro­xi­mi­da­de do ei­ra­do, do in­di­vi­dual ao co­lec­ti­vo. A cul­tu­ra da pai­sa­xe se­ría a súa ex­pre­sión ma­te­rial e in­ma­te­rial.

FO­TO DENÍS E. F.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.