En­tre­vis­ta

El his­to­ria­dor Adol­fo de Abel Vi­le­la ana­li­za có­mo de­be de ser la fies­tas ro­ma­na

La Voz de Galicia (Lugo) - - La Voz De Lugo - EN­RI­QUE G. SOU­TO

Lu­go ten un cro­nis­ta de fei­to aín­da que tal tí­tu­lo non ten aín­da a con­si­de­ra­ción ofi­cial. O his­to­ria­dor Adol­fo de Abel Vi­le­la co­ñe­ce po­lo miú­do a his­to­ria da ci­da­de, co­mo acre­di­tan os seus nu­me­ro­sos li­bros e ar­ti­gos, e apún­ta­se a re­vi­vi­la can­do ten oca­sión. É un dos im­pul­so­res do mer­ca­do me­die­val que se ce­le­bra en ou­tu­bro e a súa pre­sen­za é ha­bi­tual no Arde Lu­cus des­de as súas pri­mei­ras edi­cións. Ad­mi­te que pa­ra el foi un­ha sor­pre­sa que tan­ta xen­te se apun­ta­se des­de os pri­mei­ros anos a ves­tir­se de épo­ca nes­ta fes­ta, da que des­ta­ca a im­por­tan­cia eco­nó­mi­ca que ten pa­ra a ci­da­de. E avi­sa do ris­co que im­pli­ca «dei­xar­se le­var po­lo en­tu­sias­mo dos nú­me­ros», pola ten­ta­ción de me­dir o éxi­to po­lo nú­me­ro de asis­ten­tes. —Vos­te­de par­ti­ci­pa na fes­ta des­de os pri­mei­ros días... —Fun o pri­mei­ro que fi­xen de Pau­lo Fabio Má­xi­mo, que foi o fun­da­dor da ci­da­de. E des­pois dé­ron­me por es­te mo­ti­vo a dis­tin­ción de Ci­vi­tas Ho­no­ris. Nes­te mes­mo ano hou­bo un xan­tar or­ga­ni­za­do po­las aso­cia­cións que par­ti­ci­pan no Arde Lu­cus e con­vi­dá­ron­me. Asis­ti­ron a al­cal­de­sa e a con­ce­llei­ra de Cul­tu­ra e ta­mén ti­ve­ron un­ha dis­tin­ción co­mi­go. —Co­mo ve a evo­lu­ción da fes­ta? —Foi un­ha sor­pre­sa que ti­ve­ra tan­ta acep­ta­ción por par­te dos lu­cen­ses. Eu son se­cre­ta­rio de aso­cia­ción de an­ti­gos alum­nos da Es­co­la Ra­món Fal­cón e or­ga­ni­za­mos o mer­ca­do me­die­val no mes de ou­tu­bro; gus­ta­ría­nos que a xen­te par­ti­ci­pa­ra ves­tín­do­se de épo­ca, pe­ro non o fai. Sen dú­bi­da o do Arde Lu­cus é to­do un éxi­to. —Hai al­go que de­ba cam­biar ou me­llo­rar? —Hai cou­sas que per­fec­cio­nar. Eu creo que hai que ani­mar á xen-

te a coidar a ca­rac­te­ri­za­ción, pa­ra que os tra­xes te­ñan un­ha ca­li­da­de mí­ni­ma. Eu creo que ago­ra que é Fies­ta de In­te­rés Tu­rís­ti­co Na­cio­nal hai que coidar a es­té­ti­ca dos ac­tos. Pen­so que non im­por­ta tan­to a can­ti­da­de co­mo a ca­li­da­de. —Que lle fal­ta á fes­ta? —Por un la­do, hai cou­sas que po­de­rían es­tar pre­sen­tes to­do o ano. Por exem­plo, as má­qui­nas de gue­rra po­de­rían­se ex­po­ñer e cons­ti­tui­rían un atrac­ti­vo máis da ci­da­de. A xen­te po­de apor­tar moi­tas ideas, un­has se­rán máis acer­ta­das que ou­tras, pe­ro al­gun­has po­de­ran­se apli­car. In­clu­so se po­día en­car­gar a un au­tor que es­cri­bi­ra un­ha obra de tea­tro. Po­día es­tar ba­sea­da en in­di­vi­duos dos que se co­ñe­ce al­go, co­mo o cen­tu­rión e xe­fe da ofi­ci­na de re­ca­da­ción que era o dono do que ho­xe co­ñe­ce­mos co­mo a Do­mus do Mi­treo, o li­ber­to Sa­tur­nino ou Ga­lion o Ve­llo. E ta­mén pen­so que o Arde Lu­cus de­be ter un per­fil reivin­di­ca­ti­vo, de­be ser­vir pa­ra re­cla­mar o cen­tro da ro­ma- ni­za­ción ou a in­ves­ti­ga­ción de xa­ce­men­tos ar­queo­ló­xi­cos co­mo o do Cas­tro da Pi­rin­ga­lla ou com­ple­tar a es­ca­va­ción na Ti­ne­ría. —In­clu­so des­de al­gun­ha das aso­cia­cións do Arde Lu­cus se apun­ta a ne­ce­si­da­de de le­var á fes­ta a un te­rreo un pou­co máis cul­tu­ral... —Xa si­na­lei an­tes que a ma­si­fi­ca­ción non é boa. É co­mo no tu­ris­mo. En Lu­go aín­da es­ta­mos a tem­po de bus­car, de atraer, tu­ris­mo cul­tu­ral, de ca­li­da­de, non maio­ri­ta­rio e con po­der ad­qui­si­ti­vo. Non hai por que in­ten­tar que ca­da ano se su­peren os nú­me­ros da edi­ción an­te­rior, que é al­go que ao fi­nal nos le­va ao ris­co de caer no ab­sur­do.

—Pre­xu­di­ca o Arde Lu­cus ao San Froi­lán ou son dúas fes­tas com­pa­ti­bles? —Un­ha gran par­te do éxi­to do Arde Lu­cus es­tá nas fe­chas nas que se ce­le­bra. Du­ran­te moi­to tem­po hou­bo a po­lé­mi­ca de se se de­bían cam­biar de fe­cha as fei­ras e fes­tas de San Froi­lán, e ao fi­nal de­ci­diu­se que non. O Cor­pus foi un­ha fes­ta moi im­po­ran­te en Lu­go ata o XIX, pe­ro foi de­ca­en­do. Tan­to o Arde Lu­cus co­mo o San Froi­lán son moi im­por­tan­tes pa­ra a eco­no­mía de Lu­go. É un­ha in­ver­sión pro­du­ti­va, o que é im­por­tan­te nun­ha ci­da­de que só vi­ve dos ser­vi­zos.

—En que li­bros es­tá tra­ba­llan­do ul­ti­ma­men­te? —Te­ño un so­bre a es­tan­cia dos fran­ce­ses en Lu­go e ou­tro so­bre a his­to­ria do par­que de Rosalía de Cas­tro. E te­ño ta­mén (le­vo moi­tos anos tra­ba­llan­do nel) un so­bre a his­to­ria do Con­ce­llo de Lu­go no An­ti­go Ré­xi­me. Hai ou­tro so­bre o cul­to eu­ca­rís­ti­co en Lu­go. —To­tal, que non pa­ra... —Es­tou me­ti­do en moi­tas cou­sas, si. En­tre ou­tras cou­sas, tra­ba­llei cun equi­po de in­ves­ti­ga­do­res so­bre o mos­tei­ro de So­bra­do dos Mon­xes; fi­xen un es­tu­do do mos­tei­ro na bi­blio­gra­fía.

ÓS­CAR CELA

Un ano máis, Adol­fo de Abel par­ti­ci­pa no Arde Lu­cus, cu­xo rá­pi­do éxi­to o sor­pren­deu.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.