Pai non hai más que un

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinion - PÁ­XI­NAS SOLTAS MARINA MA­YO­RAL

En to­do es­te cru­za­men­to de ex­pli­ca­cións da Ca­sa Real, do Con­gre­so e do Go­berno so­bre a au­sen­cia de don Juan Car­los nos ac­tos con­me­mo­ra­ti­vos do 40.º aniver­sa­rio das elec­cións ce­le­bra­das en xu­ño de 1977, ao ci­da­dán do mon­tón só lle que­dou un­ha cou­sa cla­ra: que non con­vi­da­ron ao prin­ci­pal pro­ta­go­nis­ta da­que­les acon­te­ce­men­tos e que el, con ra­zón, sén­te­se mo­les­to por iso.

Nun ac­to no que es­ta­ban ata a ne­ta da Pa­sio­na­ria e o fi­llo de Ca­rri­llo, a xen­te nor­mal, co­mo eu, non en­ten­de­mos que non se con­vi­de ao que en­tón era rei.

Se a de­ci­sión de­beu­se ao desexo de se­pa­rar a fi­gu­ra do rei ac­tual da de don Juan Car­los, o que a to­mou fí­xo­lle un fra­co ser­vi­zo a Fe­li­pe VI, que xa apun­tou ma­nei­ras na­quel fu­ne­ral no que apa­re­ceu a in­fan­ta Cristina e a el so­bre­veu­lle un ata­que de tor­tí­co­lis que lle im­pe­diu mi­ra­la. Pe­ro un­ha cou­sa é po­ñer dis­tan­cia e ba­rrei­ras co en­torno de Ur­dan­ga­rin e ou­tra cou­sa é non con­vi­dar a un pai a un ac­to ao que el desexa­ba acu­dir. Ho­xe moi­tos es­ta­rán a pen­sar: se é ca­paz de fa­cer­lle iso ao seu pai, ¿ata on­de po­de che­gar?

Qui­zá to­do foi un erro de pro­to­co­lo, e qui­zá don Juan Car­los de­beu ca­lar e non ai­rear o seu ma­les­tar, pe­ro de­bían ser to­dos máis coida­do­sos se que­ren con­ser­var o posto, por­que xes­tos co­mo ese pre­xu­di­can a ima­xe do rei, da mo­nar­quía e, en úl­ti­mo ter­mo, pre­xu­di­can a ac­tual es­ta­bi­li­da­de po­lí­ti­ca.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.