O úl­ti­mo Vi­cen­te Ara­guas

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - X. L. Fran­co Gran­de

Pen­so que da­rá que fa­lar, e ben, es­te úl­ti­mo li­bro, por ago­ra, de Vi­cen­te Ara­guas, Hai tan­to que non es­ta­bas/ Ha­ce tan­to que

no es­ta­bas, que en edi­ción bi­lin­güe lle edi­ta Ama­go­re­di­cio­nes. Li­bro dun­ha ra­ra aus­te­ri­da­de, dun­ha eco­no­mía de me­dios sor­pren­den­te, un exem­plo de lí­ri­ca des­pi­da de or­na­men­tos que so­bran ou de ba­na­li­da­des re­tó­ri­cas.

Trá­ta­se dun di­cir rá­pi­do, mes­mo co­mo de lós­tre­go, poe­sía esen­cial e lim­pa de to­da fa­ra­ma­lla, de no­ta­ble efi­ca­cia ex­pre­si­va e co­mu­ni­ca­ti­va, co­mo se qui­xe­se ser o máis es­que­má­ti­ca po­si­ble. Na súa ra­pi­dez de lós­tre­go déi­xa­nos ima­xes, su­xes­tións, es­ta­dos de áni­mo co­mo enun­cia­dos ou su­xe­ri­dos, de ma­nei­ra que o lec­tor poi­da co­la­bo­rar na crea­ción, ou po­de que na re­crea­ción, dos poe­mas.

O li­bro é dun­ha evi­den­te uni­da­de. É o poe­ma­rio dun­ha au­sen­cia so­bre a que po­de ha­ber al­gun­ha in­cer­te­za so­bre a iden­ti­da­de do au­sen­te, in­cer­te­za que, ao meu ver, con­tri­búe, en­tre ou­tros ele­men­tos, á crea­ción da den­sa at­mos­fe­ra lí­ri­ca que se res­pi­ra en to­do o li­bro, á gran­de ele­xía que es­te li­bro re­pre­sen­ta.

O au­tor re­co­rre, en xe­ral, ao ver­so bre­ve, de ar­te me­nor, por­que sen dú­bi­da se pres­ta me­llor á ra­pi­dez ex­pre­si­va que pre­ten­de co­mu­ni­car­nos; e, por ve­ces, os poe­mas se­me­llan le­tras (moi boas le­tras, por su­pos­to) de can­cións. Trá­ta­se dun su­pos­to que sen­to por li­bre e sa­ben­do que o poe­ta é ta­mén mú­si­co. O li­bro pé­cha­se con oi­to den­sos poe­mas en pro­sa, to­dos den­tro do cli­ma ele­xía­co do li­bro e que com­ple­men­tan e re­don­dean o ton xe­ral do mes­mo.

Fe­liz­men­te, de lon­xe en lon­xe, xor­de na lí­ri­ca no­sa de ho­xe al­gun­ha voz que un re­co­ñe­ce co­mo auténtica. Por iso, can­do xor­de, co­mo nes­te es­plén­di­do li­bro de Vi­cen­te Ara­guas, un sín­te­se re­con­for­ta­do, ve­se nun­ha com­pa­ña su­xes­ti­va e dá grazas por­que o ver­bo crea­dor aín­da se man­tén vi­vo e ha­bi­ta en­tre nós.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.