Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno, fi­ló­lo­ga sen fron­tei­ras

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - XE­SÚS ALON­SO MON­TE­RO

Can­do un­ha mu­ller é de­sig­na­da pa­ra un­ha res­pon­sa­bi­li­da­de im­por­tan­te, se­xa no ei­do da cul­tu­ra ou en cal­que­ra ou­tro, ás ve­ces es­ta de­sig­na­ción sus­ci­ta dú­bi­das mes­mo en­tre al­gun­has mu­lle­res. A mu­ller, pois, es­tá bai­xo sos­pei­ta, sos­pei­ta que des­apa­re­ce­ría se, an­tes de emi­tir­mos un xuí­zo pou­co fa­vo­ra­ble ou am­bi­guo, re­ca­da­mos a in­for­ma­ción que as mu­sas éti­cas da eru­di­ción acon­se­llan sem­pre. A fi­ló­lo­ga ar­xen­ti­na Ma­ría Ro­sa Li­da (1910-1962) non foi gran­de por mu­ller; foino, pe­se a ser mu­ller na­quel tem­po e na­quel lu­gar, po­lo seu in­xen­te e sa­gaz sa­ber nos es­tu­dos ro­ma­nís­ti­cos, al­gúns moi ben asen­ta­dos nas raí­ces clá­si­cas.

Fi­ló­lo­ga foi, mes­mo no sen­ti­do eti­mo­ló­xi­co («quen ama a pa­la­bra»), Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno Már­quez (Va­len­cia de Alcántara, 1941–Pon­te­ve­dra, 2005). Ama­ba tan­to as pa­la­bras que foi un­ha fi­ló­lo­ga sen fron­tei­ras: amou as súas pa­la­bras, as do idio­ma cas­te­lán (na­ce­ra en te­rras de Cá­ce­res), e sen­tiu de­vo­ción po­las pa­la­bras dos me­llo­res poe­mas de Rosalía de Cas­tro e de Ra­món Ca­ba­ni­llas, que leu con en­tu­sias­mo des­de os 22 anos, can­do che­gou a Ga­li­cia na com­pa­ña do seu ma­ri­do, Jo­sé Luís Llá­cer, va­len­ciano que non tar­dou en ser di­rec­tor do Co­le­xio de Ce­gos de Pon­te­ve­dra. Co­ñe­cé­ran­se en Ma­drid, na Fa­cul­ta­de de Le­tras, on­de Ma­ría Vic­to­ria cur­sou, con bri­llan­tez, os es­tu­dos de Fi­lo­lo­xía Ro­má­ni­ca á som­bra de Rafael La­pe­sa e de Dá­ma­so Alon­so, anos an­tes mes­tres meus.

Ese sa­ber téc­ni­co es­tá na ba­se dun ma­nual que ti­tu­lou As lin­guas

de Es­pa­ña, on­de a au­to­ra pon a súa cla­ri­da­de pe­da­gó­xi­ca e a no­sa vi­sión pe­ri­fé­ri­ca da Es­pa­ña plu­ri­lin­güe. Es­te era o evan­xeo que ela trans­mi­tía, nos ins­ti­tu­tos, in­clu­so nas cla­ses ofi­ciais de Lin­gua e Li­te­ra­tu­ra es­pa­ño­las, e máis aín­da nas cla­ses de Ga­le­go «to­le­ra­das» po­lo Go­berno Ci­vil en Ami­gos da Cul­tu­ra de Pon­te­ve­dra des­de 1971.

Nes­ta ta­re­fa ca­se de apos­to­la­do (en­si­nar un­ha lin­gua mar­xi­na­da fa­la­da po­las xen­tes des­fa­vo­re­ci­das) con­ti­nuou va­rios anos ata que, a fins de 1974, des­pois de im­par­tir un cur­so «se­mi­clan­des­tino» de Ga­le­go no Ate­neo e Ou­ren­se, a Po­li­cía re­ti­rou­lle o pa­sa­por­te, e fí­xoo por­que es­ta­ba des­con­cer­ta­da co la­bor —e o pre­di­ca­men­to— de quen, non sen­do ga­le­ga, asu­mi­ra o com­pro­mi­so pú­bli­co de de­fen­der e ex­pli­car a lin­gua de Mar­tín Co­dax, de Rosalía, de Ál­va­ro Cun­quei­ro e de mi­les e mi­les de des­fa­vo­re­ci­dos do país; ta­mén lle re­ti­ra­ron o pa­sa­por­te por­que a Po­li­cía pon­te­ve­dre­sa ca­se ti­ña a cer­te­za —des­pois do cur­so de Ou­ren­se— de que a es­tra­ña pro­fe­so­ra era do Par­ti­do Co­mu­nis­ta. Eu te­ño a obri­ga de de­cla­rar ho­xe o que non foi po­si­ble fa­cer da­que­la: nun­ca mi­li­tou no Par­ti­do, nin se­que­ra can­do, con Al­fre­do Con­de, re­xen­tou un­ha li­bre­ría en Pon­te­ve­dra.

O ma­nual Ver­so e pro­sa, ta­mén de 1991, é un pro­di­xio de ri­gor, de amor e de pe­da­go­xía co­mo in­tro­du­ción aos es­tu­dos li­te­ra­rios, a pe­da­go­xía e a paixón que Ma­ría Vic­to­ria pu­ña no ins­ti­tu­to de Lu­go can­do, no cur­so 1965-1966, ga­ña­ba pa­ra a cau­sa da Li­te­ra­tu­ra a alum­nos co­mo Xe­sús Rá­ba­de Pa­re­des.

Des­de esas da­tas, en que nos co­ñe­ce­mos, o tra­to con to­da a mi­ña fa­mi­lia foi moi in­ten­so, tan­to que al­gún dos meus fi­llos po­súe ho­xe cu­rio­sos iné­di­tos de Ma­ría Vic­to­ria. Des­de aque­les anos de Lu­go a ci­da­dá Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno Már­quez com­pro­me­teu­se, den­tro e fó­ra das au­las ofi­ciais, coa cau­sa da lin­gua ga­le­ga con to­das as súas im­pli­ca­cións e con­se­cuen­cias pe­se a que o en­torno fa­mi­liar foi moi esi­xen­te con ela, moi du­ro ás ve­ces. No seu com­pro­mi­so idio­má­ti­co era, na esi­xen­cia, la­pe­sia­na: fa­la­ba o ga­le­go con pro­so­dia e xei­to de fa­lan­te au­tó­fo­na, non aló­fo­na.

Ser hu­mano de ex­tra­or­di­na­rias vir­tu­des e pro­fe­sio­nal con vo­ca­ción e no­ta­ble eru­di­ción, non tar­dou en che­gar cos seus re­la­tos aos ado­les­cen­tes, un de­les, Anag­nó­ri­se (1988), vin­te ve­ces re­edi­ta­do e tra­du­ci­do a va­rias lin­guas. Ma­ría Vic­to­ria, mes­tra da pa­la­bra, das no­sas pa­la­bras, e aten­ta ás in­que­dan­zas da ado­les­cen­cia, sou­bo en­gaio­la­los li­te­ra­ria­men­te e ta­mén es­pi­ri­tual­men­te. A no­sa es­cri­to­ra xa des­lum­bra­ba aos ra­pa­ces en 1973, da­ta de Mar adian­te, o seu pri­mei­ro li­bro de con­tos. Poe­ta, tra­du­to­ra, con­fe­ren­cian­te e au­to­ra de ex­ce­len­tes li­bros de tex­to, dei­xou­nos ao fi­nal da súa vi­da un­has re­fle­xións so­bre o can­cro de ma­ma (o seu) que é un­ha lec­ción de es­ti­lo e de hu­ma­ni­da­de. Pou­co an­tes es­cri­bi­ra un en­saio es­cla­re­ce­dor so­bre os Seis

poe­mas ga­le­gos de Gar­cía Lor­ca. Qui­zais o ca­pí­tu­lo máis va­lio­so e efi­caz na bio­gra­fía in­te­lec­tual de Ma­ría Vic­to­ria se­xa o de pro­fe­so­ra, ofi­cial­men­te de Lin­gua e Li­te­ra­tu­ras es­pa­ño­las. Foino nos ins­ti­tu­tos de Lu­go, Vi­la­lon­ga e Pon­te­ve­dra, nes­ta ci­da­de du­ran­te dé­ca­das. Na súa cá­te­dra ofi­cial de­ci­diu que fa­la­sen poe­tas ca­se sem­pre si­len­cia­dos: Antonio Ma­cha­do, Gar­cía Lor­ca, Luis Cer­nu­da, Mi­guel Her­nán­dez… e ta­mén Rosalía, Cu­rros En­rí­quez, Ca­ba­ni­llas e os no­ví­si­mos da poe­sía ga­le­ga (Rá­ba­de Pa­re­des, Da­río Xohán Ca­ba­na, Mar­ga­ri­ta Le­do, Fiz Vergara Vi­la­ri­ño…). Ig­no­ro can­tos alum­nos des­cu­bri­ron, oín­do á pro­fe­so­ra, que eles ta­mén po­dían ser es­cri­to­res, pe­ro sei, de boa fon­te, que cen­tos e cen­tos de es­co­la­res des­cu­bri­ron nas súas cla­ses o pra­cer e a ne­ce­si­da­de da lec­tu­ra. Ma­ría Vic­to­ria foi, en Ga­li­cia, un­ha fá­bri­ca le­tra­fe­ri­dos (lle­tra­fe­rits, di­to en ca­ta­lán, lin­gua que ela co­ñe­cía e tra­du­cía tan ben).

«Com­pro­me­teu­se coa cau­sa da lin­gua ga­le­ga en to­das as súas im­pli­ca­cións e con­se­cuen­cias»

GA­LA­XIA

Es­cri­to­ra e

do­cen­te. A lin­gua ga­le­ga foi cen­tral na vi­da de Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno, co­mo au­to­ra de li­bros e co­mo di­fu­so­ra do idio­ma en tem­pos di­fí­ci­les. No 2018 de­dí­ca­se­lle o Día das Le­tras.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.