A post­ver­da­de e os des­car­tes ce­ro

La Voz de Galicia (Lugo) - - Economia - Tor­cua­to Tei­xei­ra Se­cre­ta­rio xe­ral de Pesca­gali­cia.

Os días 26 e 27 de xu­ño ce­le- brá­ron­se no Cet­mar en Vi­go, or­ga­ni­za­das po­lo Ar­co Atlán­ti­co, un­has xor­na­das co tí­tu­lo Des­car­tes e obri­ga de des­em­bar­que: ob­xec­ti­vo loa­ble, prác­ti­ca in­via­ble? Un tí­tu­lo que fa­cía un­ha pre­gun­ta re­tó­ri­ca, cu­xa res­pos­ta por par­te de ca­se to­dos os par­ti­ci­pan­tes, so­bre to­do do sec­tor da pes­ca (Es­pa­ña e Fran­cia fun­da­men­tal­men­te), ía na di­rec­ción de sa­lien­tar, por su­pos­to, o loa­ble que se­ría a con­se­cu­ción de des­car­tes ce­ro, e o in­via­ble de tal de­side­ra­to.

A Co­mi­sión de Pes­ca co im­pul­so da ín­cli­ta e es­que­ci­ble Ma­ria Da­ma­na­ki, e tras un­ha po­ten­te cam­pa­ña de fa­mo­sos co­ci­ñei­ros bri­tá­ni­cos (eses que ago­ra van ver co­mo os seus com­pa­trio­tas que se de­di­can á pes­ca van man­dar a me­llor vi­da a obri­ga de des­em­bar­que tras a saí­da da UE), es­tá nun bu­cle que ela mes­ma ori­xi­nou e no que ago­ra ta­mén me­teu ao sec­tor e aos Es­ta­dos mem­bros, e non é quen de ver co­mo apli­car di­ta obri­ga sen cau­sar un caos na ac­ti­vi­da­de pes­quei­ra de moi­tas flo­tas.

Na­da im­por­ta que es­te im­pe­ra­ti­vo su­po­ña un im­por­tan­te au­men­to das xor­na­das de fae­na nos bar­cos de pes­ca; na­da im­por­ta que ao fi­nal os pes­ca­do­res or­de­nen e al­ma­ce­nen en cai­xas nos seus bar­cos pei­xes in­ser­vi­bles pa­ra des­ti­na­los a pre­zo ca­se re­ga­la­do á fa­ri­ña que ali­men­ta os pei­xes de acui­cul­tu­ra, com­pe­ten­cia da pes­ca sal­va­xe; ou co­mo gra­fi­ca­men­te di­cía nas de­van­di­tas xor­na­das un pes­ca­dor fran­cés: «Man­dar fa­cer iso aos tri­pu­lan­tes é co­mo cus­pir­lles na ca­ra ós ma­ri­ñei­ros».

E o gra­ve de to­do is­to é que to­do ar­gu­men­ta­rio pa­ra in­tro­du­cir a obri­ga de des­em­bar­que fí­xo­se so­bre gran­des men­ti­ras: nin o arras­tre des­car­ta o 90 % das cap­tu­ras, nin a obri­ga de des­em­bar­que fa­rá que se reali­ce un­ha pes­ca mais se­lec­ti­va (so­bre to­do na UE cu­xa flo­ta uti­li­za as ar­tes de xei­to sos­ti­ble, co­mo así o amo­sa o bo es­ta­do en xe­ral dos re­cur­sos dos no­sos ma­res), nin se uti­li­za­rá to­do ese des­per­di­cio pa­ra pa­liar a fa­me no mun­do, nin as pes­quei­ras se­rán máis sos­ti­bles por dar­lle á acui­cul­tu­ra os des­car­tes en lu­gar de dar­llos a to­da a ca­dea tró­fi­ca que nos no­sos ma­res se ali­men­ta­ban de­sas cap­tu­ras, que non ti­ñan saí­da co­mer­cial ou non al­can­za­ban a ta­lla re­gu­la­men­ta­ria.

Na UE des­per­dí­cian­se 88 mi­llóns de to­ne­la­das de ali­men­tos ca­da ano, que crean 170 mi­llóns de to­ne­la­das de CO2 e su­pón o con­su­mo de 261 mi­llóns de to­ne­la­das de re­cur­sos co­mo a au­ga e a te­rra cul­ti­va­ble, pe­ro quen lle pon o cas­ca­bel a es­te ga­to? Non hai pro­ble­ma, a ma­la con­cien­cia de Eu­ro­pa pa­ga­ra­se coa pes­ca, e de pa­so sa­tis­fa­ce­mos a eses po­de­ro­sos lob­bies me­dioam­bien­ta­lis­tas que tan ben se mo­ven por Bru­xe­las, e que tan ben pre­mian aos al­tos fun­cio­na­rios que apli­can os seus idí­li­cos so­ños de des­car­tes ce­ro e ou­tras arrou­ta­das tin­gui­das de men­ti­ras e de­ma­go­xia, e ador­na­das de un es­can­da­lo­so po­sa­do de boas in­ten­cións.

A post­ver­da­de e o postureo le­van tem­po pas­tan­do no no­so sec­tor. É ho­ra de des­en­mas­ca­rar to­da es­ta pan­to­mi­ma dos des­car­tes e di­cir­lle á Co­mi­sión que o que te­mos que des­car­tar xa é a obri­ga de des­em­bar­que e o utó­pi­co des­car­tes ce­ro. Tra­ba­lla­mos no mar, non nas lei­ras, e nos bar­cos de pes­ca van per­soas que que­ren fae­nar ho­xe e ma­ñá, con dig­ni­da­de e sen máis car­gas de tra­ba­llo inú­til. Por cer­to, a me­llor ga­ran­tía pa­ra un­ha pes­ca sos­ti­ble son os pro­pios pes­ca­do­res. A ver se nos de­ca­ta­mos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.