Be­ber nas fon­tes da vi­da e dos so­ños

«Un mun­do de pa­la­bras» reúne tex­tos de Agus­tín Fer­nán­dez Paz so­bre a lec­tu­ra e a li­te­ra­tu­ra

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - XESÚS FRA­GA

Ál­va­ro Cun­quei­ro afir­ma­ba que as per­soas ne­ce­si­ta­ban dos so­ños tan­to co­ma da au­ga. É un dos au­to­res que con­mo­ve­ron a un neno Agus­tín Fer­nán­dez Paz (Vilalba, 1947-Vi­go, 2016) coa do­bre re­ve­la­ción dun­ha go­zo­sa li­te­ra­tu­ra en ga­le­go, un­ha epi­fa­nía que ha­be­ría de mar­ca­lo de por vi­da. Esa vi­sión da lec­tu­ra, ta­mén do­bre, co­mo pra­cer e co­mo vehícu­lo trans­mi­sor de co­ñe­ce­men­to, im­preg­na as pá­xi­nas de Un mun­do de pa­la­bras (Xe­rais), no que o au­tor e do­cen­te re­fle­xio­na con sin­xe­la lu­ci­dez so­bre o amor po­los li­bros. A edi­ción de Isa­bel So­to reúne tex­tos va­ria­dos de di­fe­ren­tes pro­ce­den­cias e en­fo­ques, uns máis per­soais e evo­ca­ti­vos, máis prác­ti­cos e di­dác­ti­cos, pe­ro to­dos co fío co­mún de re­mar­car a trans­cen­den­cia do ac­to de ler.

Cons­cien­te de que o des­gas­te dos le­mas a prol da lec­tu­ra po­dían desem­bo­car na con­tra­di­ción de aca­dar pre­ci­sa­men­te o efec­to con­tra­rio, Fer­nán­dez Paz ape­la­ba á sin­xe­le­za da ima­xe cun­quei­riá: acu­dir aos li­bros coa na­tu­ra­li­da­de de quen se ache­ga a un­ha fon­te: «Só hai que abrir un li­bro que con­te­ña un tex­to po­de­ro­so e ler en al­ta voz. Non se pre­ci­sa máis na­da, to­do é tan sin­xe­lo co­mo be­ber au­ga». É un­ha idea que se re­pi­te ao lon­go do li­bro, un­ha ape­la­ción im­plí­ci­ta ao im­pres­cin­di­ble que re­sul­ta a lec­tu­ra pa­ra ali­men­tar os so­ños e a vi­da.

Po­rén, que Fer­nán­dez Paz es­pi­se o ac­to de ler de li­tur­xias e dis­fra­ces in­ne­ce­sa­rios non sig­ni­fi­ca que non fo­se cons­cien­te dos atran­cos que se ato­pan tan­tas ve­ces os li­bros, dos pro­ble­mas dos ra­pa­ces de fa­mi­lias po­bres, da de­ser­ción dos lec­to­res in­fan­tís na ida­de adul­ta, da per­da de fa­lan­tes do ga­le­go e da asi­mé­tri­ca si­tua­ción da súa li­te­ra­tu­ra no seu pro­pio con­tex­to so­cial. Nes­te sen­ti­do, Un mun­do de pa­la­bras ofre­ce un ar­se­nal de ar­gu­men­tos re­no­va­dos, pe­ro ta­mén va­lio­sas ache­gas froi­to do la­bor do­cen­te de Fer­nán­dez Paz e a súa par­ti­ci­pa­ción nos mo­ve­men­tos de re­no­va­ción pe­da­gó­xi­ca. O ca­pí­tu­lo A ma­xia das pa­la­bras: o fo­men­to da lec­tu­ra na Edu­ca­ción Pri­ma­ria ate­sou­ra un cau­dal de co­ñe­ce­men­tos prác­ti­cos cos que pro­mo­ver «a lec­tu­ra li­te­ra­ria», co­mo a de­no­mi­na­ba o au­tor, nas cla­ses. Un apar­ta­do que se com­ple­men­ta con Lec­tu­ra e li­bros na Edu­ca­ción Se­cun­da­ria e A lec­tu­ra é cou­sa de to­dos, ou o máis es­pe­cí­fi­co que se cen­tra na apro­xi­ma­ción aos clá­si­cos da li­te­ra­tu­ra.

Os tex­tos des­te vo­lu­me pós­tu­mo re­flic­ten a in­que­dan­za de Fer­nán­dez Paz co­mo es­cri­tor e mes­tre, pe­ro, so­bre to­do, co­mo lec­tor, ac­ti­vi­da­de sen a cal é im­po­si­ble en­ten­der as an­te­rio­res. As pa­saou­tros xes máis bio­grá­fi­cas, co­mo as que evo­ca a des­cu­ber­ta dos li­bros da man do pai ou o re­pa­so po­las li­bra­rías e bi­blio­te­cas nas que pui­do pro­ver­se de­sa au­ga vi­tal que era a lec­tu­ra en­ga­den ao seu va­lor in­trín­se­co a bon­ho­mía e xe­ne­ro­si­da­de que ca­rac­te­ri­za­ron en vi­da a Fer­nán­dez Paz, cul­mi­nan­do na emo­ción con­ti­da de A cons­tru­ción do lec­tor, do 2013, on­de fa­la xa den­de a con­cien­cia da en­fer­mi­da­de e a mor­te pró­xi­ma.

ÓS­CAR VÁZ­QUEZ

Fer­nán­dez Paz, no 2010, re­tra­ta­do men­tres lía na rúa moi pre­to da súa ca­sa en Vi­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.