As pe­zas, que es­ta­ban na Depu­tación, ex­po­ñe­ran­se no mu­seo, que re­abre o día 15

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - UXÍA LÓ­PEZ

A Ca­sa de Rosalía en Pa­drón in­cre­men­ta os seus fon­dos ex­po­si­ti­vos coa ce­sión por par­te da Depu­tación da Co­ru­ña de tres óleos de Ovi­dio Mur­guía e un cre­cho do ca­be­lo da es­cri­to­ra. A en­tre­ga das pe­zas a Fun­da­ción Rosalía de Cas­tro ti­vo lu­gar on­te, nun ac­to ao que asis­tiu a vi­ce­pre­si­den­ta do or­ga­nis­mo pro­vin­cial e res­pon­sa­ble da área de Cul­tu­ra, Go­ret­ti San­mar­tín, e o pre­si­den­te da en­ti­da­de, An­xo An­guei­ra.

As pe­zas po­de­ran­se ver no so­bra­do da Ca­sa da Ma­tan­za, can­do es­tree a no­va mu­seo­lo­xía o día 15 de xu­llo, 45 anos des­pois de que se abri­se o in­mo­ble, en 1972.

O pre­si­den­te da fun­da­ción ro­sa­lia­na des­ta­cou a im­por­tan­cia da en­tre­ga dos tres ca­dros e do ob­xec­to per­soal da es­cri­to­ra, ao su­por un «sal­to cua­li­ta­ti­vo» na ex­po­si­ción per­ma­nen­te da Ca­sa da Ma­tan­za. Ade­mais, no ca­so dos tres ca­dros, di­xo que su­pón a con­so­li­da­ción da fi­gu­ra do fi­llo de Rosalía, den­de a súa eta­pa de for­ma­ción co­mo pin­tor.

En can­to ao cre­cho do pe­lo, An­xo An­guei­ra ase­gu­rou que ten un «va­lor sim­bó­li­co es­pe­cial» e que «en­ri­que­ce o re­li­ca­rio» da Ca­sa-Mu­seo. Ten, ade­mais, di­xo o pre­si­den­te da Fun­da­ción Rosalía, un «va­lor en­ga­di­do», xa que o gue­cho es­tá pro­te­xi­do cun pa­pel no que hai pin­ta­do un retrato da mo­za de Ovi­dio.

An­xo An­guei­ra agra­de­ceu o apoio que lle pres­ta a Depu­tación a Fun­da­ción Rosalía de Cas­tro, re­flec­ti­da non só na ce­sión de pe­zas, se­nón ta­mén no fi­nan­cia­men­to que apor­ta a dis­tin­tos pro­xec­tos, o úl­ti­mo, a re­no­va­ción mu­seo­grá­fi­ca do so­bra­do da ca­sa, deseño de Pe­pe Ba­rro e de­rra­dei­ra obra an­tes de rei­nau­gu­rar o in­mo­ble.

Po­la súa ban­da, a vi­ce­pre­si­den- ta da Depu­tación si­na­lou que as pe­zas pa­san a es­tar «no lu­gar máis acaí­do», on­de as po­den vi­si­tar os ga­le­gos e o res­to de vi- si­tan­tes da Ca­sa de Rosalía. Go­ret­ti San­mar­tín mos­trou a súa sa­tis­fac­ción por con­tri­buír a re­for­zar a Ca­sa da Ma­tan­za co­mo «un lu­gar de re­fe­ren­cia pa­ra os ga­le­gos e ta­mén de pro­xec­ción da no­sa es­cri­to­ra».

Fa­mi­lia de Juan Na­ya

Can­do o vin­dei­ro día 15 se inau­gu­re a no­va fa­se de mu­sea­li­za­ción da ca­sa de Rosalía, os óleos en­tre­ga­dos on­te, ti­tu­la­dos A fei­ra de San­ta Su­sa­na, Pai­sa­xe de in­verno no Sa­re­la e Amor dur­mi­do/Retrato de Ga­la Mur­guía, for­ma­rán par­te do con­xun­to ar­tís­ti­co da ca­sa, on­de es­tán xa va­rias obras de Ovi­dio Mur­guía ce­di­das no seu día po­la Depu­tación. Ta­mén se po­de­rá ver o cre­cho de ca­be­lo ne­gro de Rosalía, que fi­ca­ba en de­pó­si­to no or­ga­nis­mo pro­vin­cial e que ten a súa pro­ce­den­cia no le­ga­do da fa­mi­lia de Juan Na­ya, bi­blio­te­ca­rio da Real Aca­de­mia Ga­le­ga e cro­nis­ta ofi­cial da ci­da­de de A Co­ru­ña. Nes­ta fa­mi­lia es­tá a ori­xe de boa par­te das pe­zas re­la­cio­na­das con Rosalía de Cas­tro que se cus­to­dia­ban no Pa­zo de Ma­ri­ñán.

En ou­tu­bro de 1950, Ga­la, a fi­lla de Rosalía e de Ma­nuel Mur­guía, doa efec­tos da súa ca­sa, rou­pas, mo­bles, ca­dros, va­lo­res e cré­di­tos pen­den­tes á nai de Juan Na­ya e, ca­se cin­cuen­ta anos des­pois, en 1997, a fa­mi­lia her­dei­ra asi­na un con­tra­to po­lo que a Depu­tación ad­qui­re di­ver­sos bens de ca­rác­ter his­tó­ri­co-ar­tís­ti­co, en­tre eles dous dos óleos e o cre­cho de pe­lo.

Coa en­tre­ga on­te das pe­zas, a Depu­tación xa non gar­da máis fon­dos vinculados a Rosalía, se­gun­do con­fir­mou Go­ret­ti San­mar­tín. A vi­ce­pre­si­den­ta do or­ga­nis­mo pro­vin­cial xa avan­zou que es­te se­gui­rá co­la­bo­ran­do coa Fun­da­ción Rosalía de Cas­tro, pa­ra con­tri­buír a que a Ca­sa da Ma­tan­za se­xa «un re­fe­ren­te maior» do que o é, de vi­si­ta «im­pres­cin­di­ble», ao cua­li­fi­car a Rosalía co­ma o «va­lor máis universal da no­sa cul­tu­ra».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.