Un tí­tu­lo pa­ra o sou­to de No­vo­ney­ra

En­tran na guía de ár­bo­res sen­llei­ras os cas­ti­ñei­ros fa­vo­ri­tos do au­tor de «Os Ei­dos»

La Voz de Galicia (Lugo) - - Agenda - CAR­LOS COR­TÉS

En­tre os seus cas­ti­ñei­ros va­rias ve­ces cen­te­na­rios co­rreu mil ve­ces o Uxío No­vo­ney­ra neno. Alí vol­ve­ría moi­tas ve­ces máis o au­tor de Os Ei­dos, xa adul­to, pa­ra pa­sear aos seus ami­gos es­cri­to­res. No coida­do sou­to da Rui­bal éra­lle máis doa­do ex­pli­car­lles o que era O Cou­rel. Es­te con­xun­to de cas­ti­ñei­ros, ta­mén co­ñe­ci­do co­mo sou­to do Poe­ta, vai ser o pri­mei­ro do mu­ni­ci­pio de Fol­go­so do Cou­rel que for­me par­te do ca­tá­lo­go ofi­cial de ár­bo­res sen­llei­ras de Ga­li­cia.

De­ci­diuno hai uns días a Con­se­lle­ría de Me­dio Am­bien­te, que es­tá a tra­ba­llar na no­va versión des­ta guía ofi­cial que re­co­lle as ár­bo­res que máis pa­ga a pe­na con­ser­var e vi­si­tar. A Xun­ta res­pon­de así por fin a un­ha so­li­ci­tu­de pre­sen­ta­da hai apro­xi­ma­da­men­te dous años po­la fun­da­ción Uxío No­vo­ney­ra, crea­da no 2011 cos ob­xec­ti­vos de di­fun­dir o le­ga­do des­te poe­ta e de­fen­der do me­dio am­bien­te da Se­rra do Cou­rel. «O sou­to da Rui­bal — ex­pli­ca Uxío Novo Rey— é co­mo un pi­lo­to de co­mo con­ser­var e fa­cer sus­ten­ta­ble un con­xun­to de cas­ti­ñei­ros cen­te­na­rios con va­lor cul­tu­ral, me­dioam­bien­tal e edu­ca­ti­vo».

O que o fai úni­co

Ao re­dor da al­dea de Pa­ra­da, na que na­ceu Uxío No­vo­ney­ra a súa fun­da­ción ten a súa se­de, hay un­ha gran ex­ten­sión de cas­ti­ñei­ros re­par­ti­dos en di­fe­ren­tes sou­tos. Pe­ro o da Rui­bal ten va­rias cou­sas que o fan úni­co. Novo, fi­llo de Uxío No­vo­ney­ra e se­cre­ta­rio da fun­da­ción, con­ta pa­ra em­pe­zar que as súas ca­rac­te­rís­ti­cas fí­si­cas son ex­cep­cio­nais. Sim­ple­men­te por­que é o úni­co sou­to es­tá do Cou­rel que es­tá nun­ha chai­ra, un­ha au­tén­ti­ca ra­re­za nun te­rri­to­rio tan mon­ta­ño­so co­mo es­te. «Sem­pre di­ci­mos —con­ta Uxío Novo en­tre ri­sas— que es­te sou­to é o úni­co lu­gar do Cou­rel no que se po­de­ría cons­truír un cam­po de fút­bol».

Pe­ro a súa con­di­ción de ra­re­za oro­grá­fi­ca non é a úni­ca ra­zón po­la que a fun­da­ción pe­díu a súa in­clu­sión do ca­tá­lo­go ofi­cial das me­llo­res ár­bo­res do país. «Ao re­dor da al­dea de Pa­ra­da —in­di­ca Uxío Novo— hai vin­te sou­tos máis, pe­ro ese sem­pre foi moi va­lo­ra­do». O sou­to es­tén­de­se por de­bai­xo do ca­mi­ño que le­va de Pa­ra­da aos ma­nan­ciais nos que na­ce o río Lor, así que ade­mais dun lu­gar de tra­ba­llo no ou­tono du­ran­te a re­co­lli­da da cas­ta­ña ta­mén foi sem­pre un­ha zo­na de pa­seo. An­tes só pa­ra os ve­ci­ños da al­dea, e en vi­da de No­vo­ney­ra pa­ra el e pa­ra abun­dan­tes re­fe­ren­tes so­ciais e cul­tu­rais, co­mo os seus ami­gos poe­tas Car­los Oro­za, Ma­ría Ma­ri­ño e a xa­po­ne­sa Aya­ko Su­gi­ta­ni ou o fo­tó­gra­fo Fe­de­ri­co Gar­cía Ca­be­zón. Con­ta o seu fi­llo que No­vo­ney­ra apro­vei­ta­ba aque­les pa­seos en­tre cas­ti­ñei­ros pa­ra fa­lar­lles aos seus con­vi­da­dos «da cul­tu­ra da cas­ta­ña, que no tem­po no que meu pai era pe­queno era a prin­ci­pal ba­se da die­ta da xen­te do Cou­rel». E ho­xe ta­mén é pa­ra­da obri­ga­da pa­ra os tu­ris­tas e as ex­cur­sións es­co­la­res que se ache­gan du­ran­te to­do o ano á ca­sa na­tal de No­vo­ney­ra.

Os cas­ti­ñei­ros do sou­to da Rui­bal con­sér­van­se per­fec­ta­men­te des­de tem­po in­me­mo­rial, por­que nun­ca dei­xa­ron de se­ren tra­ba­lla­dos. E ago­ra son xes­tio­na­dos co­mer­cial­men­te, a tra­vés dun­ha coope­ra­ti­va im­pul­sa­da des­de a fun­da­ción e de­no­mi­na­da Dos Ei­dos. Re­sul­ta cu­rio­so por­que O Cou­rel é un­ha das zo­nas pro­du­ti­vas por ex­ce­len­cia, pe­ro es­te sou­to é o úni­co de to­do es­te mu­ni­ci­pio que dis­pón da in­di­ca­ción xeo­grá­fi­ca Cas­ta­ña de Ga­li­cia.

Uxío No­vo­ney­ra, no que se­ría o seu úl­ti­mo pa­seo po­lo sou­to da Rui­bal, en agos­to do ano 1996. A fo­to­gra­fía é de Aya­ko Su­gi­ta­ni, un­ha poe­ta xa­po­ne­sa que tra­du­ciu a esa lin­gua tres poe­mas de No­vo­ney­ra

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.