1977: as elec­cións que de­rro­ta­ron ao fran­quis­mo

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - LOU­REN­ZO FER­NÁN­DEZ PRIE­TO Ca­te­drá­ti­co de His­to­ria Con­tem­po­rá­nea da USC

40 anos son moi­tos pa­ra man­ter o re­la­to po­lí­ti­co ori­xi­nal da tran­si­ción, pe­ro aín­da pou­cos pa­ra fa­cer His­to­ria. Con­for­mé­mo­nos pa­ra abrir bo­ca con dis­tin­guir me­mo­ria, mi­to e his­to­ria. A me­mo­ria que ca­da quen ten da­que­les anos é in­subs­ti­tuí­ble, pe­ro un­ha par­te es­tá ago­cha­da: as tor­tu­ras e de­ten­cións dos di­ri­xen­tes an­ti­fran­quis­tas ou a me­mo­ria dos que fo­ron gue­rri­llei­ros de C. R. O mi­to fi­cou quin­tae­sen­cia­do na se­rie de te­le­vi­sión da xor­na­lis­ta Vic­to­ria Pre­go co­mo un re­la­to po­lí­ti­co cons­truí­do e acep­ta­do po­los pro­ta­go­nis­tas: os fran­quis­tas por­que os dei­xa co­mo de­mó­cra­tas, os an­ti­fran­quis­tas por­que os pre­sen­ta cun­ha for­za que com­pro­ba­ran amar­ga­men­te que non ti­ñan. A His­to­ria son as pre­gun­tas in­có­mo­das que fa­ce­mos so­bre o pa­sa­do. Moi­tas non te­ñen aín­da res­pos­ta, pe­ro te­rán va­rias que de­be­rán dis­cu­tir­se.

Por moi­to que al­po­ri­ce aos pro­ta­go­nis­tas, a dis­cu­sión so­bre os lí­mi­tes da tran­si­ción é pro­ce­den­te. Po­de re­du­cir­se a dúas pre­gun­tas esen­ciais: que se li­mi­tou e que se ra­chou da­que­la. Por non fa­lar dou­tros lí­mi­tes, pó­de­se men­cio­nar a Lei Sá­li­ca dos car­lis­tas fran­quis­tas na Cons­ti­tu­ción ac­tual. Un­ha an­ti­gua­lla dos Fran­cos des­en­te­rra­da no sécu­lo XIV po­los Va­lois fran­ce­ses pa­ra ex­cluír ás mu­lle­res do trono, que a tra­vés dos Bor­bóns che­gou en 1713 ás Cor­tes de Cas­te­la e, su­peran­do a Prag­má­ti­ca San­ción de Car­los IV, co­lou­nos a tran­si­ción. Un lí­mi­te fun­da­men­ta­do nun­ha tra­di­ción reac­cio­na­ria in­ven­ta­da pa­ra ex­cluír as mu­lle­res do po­der.

Pe­ro a His­to­ria aín­da non fei­ta da tran­si­ción fá­la­nos so­bre to­do da su­pera­ción dos lí­mi­tes es­ta­ble­ci­dos po­lo fran­quis­mo no po­der a aque­la de­mo­cra­cia que con­si­de­ra­ban inevi­ta­ble. Foi pre­ci­sa­men­te nas elec­cións do 15 de xu­ño de 1977 can­do a xen­te, vo­tan­do, su­per­ou to­dos os lí­mi­tes es­ta­ble­ci­dos na Lei de Re­for­ma Po­lí­ti­ca fran­quis­ta. Iso de­be­ra­mos ce­le­brar ho­xe: co­mo aque­la pri­mei­ra vo­ta­ción con­ver­teu­se nun li­be­ra­dor re­sul­ta­do elec­to­ral que co­lleu a moi­tos nas ver­zas. Os fran­quis­tas pa­sa­ran os me­ses den­de a mor­te de Fran­co dis­cu­tin­do o pro­ce­de­men­to e o sis­te­ma elec­to­ral de­sas elec­cións que pro­me­teu Arias an­tes que Suá­rez. No re­fe­ren­do do 15 de de­cem­bro de 1976 as mes­mas Cor­tes fran­quis­tas, di­ri­xi­das ago­ra por Suá­rez, arra­sa­ron co seu pro­xec­to de Lei de Re­for­ma Po­lí­ti­ca ao lo­grar o vo­to fa­vo­ra­ble do 73 % do cen­so (si, do cen­so!). A opo­si­ción pe­di­ra a abs­ten­ción e su­friu un­ha de­rro­ta sen pa­lia­ti­vos.

Só seis me­ses des­pois, o fran­quis­mo le­vou un desen­gano des­co­mu­nal. Aín­da que lo­grou ga­ñar en es­ca­nos, UCD e AP su­ma­ron 7,8 mi­llóns de vo­tos e o an­ti­fran­quis­mo 9, re­par­ti­dos en­tre a es­quer­da (7,8) e o na­cio­na­lis­mo (1,2). No mi­llón de vo­tos que que­dou sen re­pre­sen­ta­ción a pro­por­ción foi se­me­llan­te. O shock do fran­quis­mo no po­der de Suá­rez e do as­pi­ran­te Fra­ga foi de tal ca­li­bre que non que­dou ras­tro. Non qui­xe­ron lem­bra­lo, pe­ro ac­tua­ron en con­se­cuen­cia: am­nis­tía, Cons­ti­tu­ción, au­to­no­mías. Só Fra­ga deu al­gun­ha pis­ta cla­man­do por un­ha maio­ría na­tu­ral que re­com­pu­xe­ra ao fran­quis­mo so­cio­ló­xi­co dos ven­ce­do­res da gue­rra, de­rro­ta­do nas pri­mei­ras elec­cións por un an­ti­fran­quis­mo so­cio­ló­xi­co do que nin­guén fa­la­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.