Eins­tein en Ga­li­cia

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - FRAN­CIS­CO DÍAZ-FIE­RROS Ca­te­drá­ti­co emé­ri­to da USC e mem­bro da RAG

Nes­ta pri­ma­ve­ra cum­prí­ron­se cen anos da pu­bli­ca­ción máis co­ñe­ci­da de Eins­tein A teo­ría res­trin­xi­da e xe­ral da re­la­ti­vi­da­de, da que se fi­xe­ron, ata o ano 2015, 407 edi­cións e foi tra­du­ci­da a 10 idio­mas. A ra­zón de se­me­llan­te éxi­to es­ta­ba en que foi o úni­co tex­to que o co­ñe­ci­do cien­tí­fi­co es­cri­biu con afán di­vul­ga­dor, ten­tan­do ache­gar a teo­ría da re­la­ti­vi­da­de ao gran pú­bli­co. Con tal mo­ti­vo, o Con­se­llo da Cul­tu­ra Ga­le­ga vén de edi­tar a súa tra­du­ción ao ga­le­go, que se su­ma a esa mo­rea de edi­cións e tra­du­cións que vi­ron a luz ao lon­go des­ta cen­tu­ria. Eins­tein es­ti­vo fi­si­ca­men­te en Ga­li­cia no ano 1925 nun­ha via­xe que fi­xo a His­pa­noa­mé­ri­ca, po­lo que pui­do apro­vei­tar as escalas do bar­co nos por­tos ga­le­gos pa­ra pa­sear po­la Co­ru­ña e ad­mi­rar a pai­sa­xe das illas Cíes. Pe­ro con mo­ti­vo da edición en ga­le­go da súa obra in­terésa­me máis fa­lar da súa pre­sen­za sim­bó­li­ca a par­tir da per­cep­ción das súas teo­rías.

Ga­li­cia co­ñe­ceu a exis­ten­cia des­te per­soei­ro e das súas teo­rías ca­se ao tem­po que a súa po­pu­la­ri­da­de co­me­za­ba a ser un fe­nó­meno de al­can­ce mun­dial, co­mo con­se­cuen­cia da de­mos­tra­ción das súas for­mu­la­cións a par­tir das me­di­das rea­li­za­das no eclip­se do ano 1919. Só un ano des­pois, can­do se co­me­za­ba a fa­lar del en Es­pa­ña, o xor­nal de Lu­go El Nor­te de Ga­li­cia pu­bli­ca­ba un­ha tra­du­ción de Flam­ma­rion so­bre a teo­ría de re­la­ti­vi­da­de. E ao ano se­guin­te, o en­xe­ñei­ro Xo­sé Fer­nán­dez Es­pa­ña im­par­tía na Co­ru­ña, na Unión Re­crea­ti­va de Ar­te­sa­nos, un­ha con­fe­ren­cia so­bre a re­la­ti­vi­da­de e en Vi­go, o far­ma­céu­ti­co Xu­lio Se­go­via La­pi­que, na inau­gu­ra­ción de cur­so da Es­co­la de Ar­tes e Ofi­cios, de­di­cá­ba­lle un am­plo es­pa­zo a es­ta te­má­ti­ca.

A vi­si­ta de Eins­tein a Es­pa­ña no mes de mar­zo de 1923 pro­xec­tou a súa po­pu­la­ri­da­de ata pun­tos non aca­da­dos nun­ca nes­te país por un ho­me de cien­cia. «To­do el mun­do ad­mi­ra­ba a Eins­tein, pe­ro po­cos, in­clui­do yo mis­mo, sa­bía­mos por qué», es­cri­bía o xe­nial Ju­lio Cam­ba. Des­ta­ca con iso o con­tras­te que exis­tía en­tre o ni­vel de gran acon­te­ce­men­to so­cial que su­pu­xo o seu pa­so por Bar­ce­lo­na, Madrid e Za­ra­go­za e a ig­no­ran­cia xe­ne­ra­li­za­da que se ma­ni­fes­ta­ba na com­pren­sión das súas teo­rías. Po­si­ble­me­men­te foi o pri­mei­ro exem­plo es­pa­ñol do que se deu en cha­mar des­pois «O Gran­de Es­pec­tácu­lo da Cien­cia». En Ga­li­cia a vi­si­ta a Es­pa­ña de Eins­tein, men­tres du­rou, foi no­ti­cia dos prin­ci­pais xor­nais, co­mo a cró­ni­ca de Fran­cis­co Cam­ba (ir­mán de Ju­lio) pa­ra La Voz de Ga­li­cia do 17 de mar­zo dese ano. Pe­ro so­bre to­do, nos me­dios in­te­lec­tuais ga­le­gos do mo­men­to, que non eran pou­cos (uni­ver­si­da­de, Se­mi­na­rio de Es­tu­dos Ga­le­gos, Nós, et­cé­te­ra) es­tas teo­rías eran ob­xec­to de aten­ción e de­ba­te. Des­ta­can nes­te sen­ti­do os mo­ve­men­tos de van­gar­da que ato­pa­ban no seu alen­to rup­tu­ris­ta un re­fe­ren­te pa­ra os seus pro­pios in­tere­ses es­té­ti­cos, co­mo lle oco­rreu ao poe­ta Ma­nuel An­to­nio, que lle de­di­cou un­ha poe­sía á re­la­ti­vi­da­de.

Dian­te des­tas ma­ni­fes­ta­cións, Mi­guel Gil Ca­sa­res, ca­te­drá­ti­co de Me­di­ci­na com­pos­te­lán, vén a po­ñer un pou­co de sen­sa­tez no xor­nal Ga­li­cia me­ses des­pois de re­ma­ta­da a vi­si­ta, can­do os seus ecos es­ta­ban xa ca­se es­que­ci­dos, du­bi­dan­do da ren­di­bi­li­da­de cien­tí­fi­ca des­tas in­vi­ta­cións, das que «no que­da otro re­cuer­do que las fo­to­gra­fías en los pe­rió­di­cos ilus­tra­dos».

Co­mo re­fle­xión fi­nal, a ca­se cen anos des­tes fei­tos, pen­so que de­be­ria­mos se­guir a es­for­zar­nos en va­lo­rar a cien­cia po­los seus mé­to­dos, cir­cuns­tan­cias e rea­li­za­cións, máis que por un cul­to ex­ce­si­vo ás súas ce­le­bri­da­des. Aín­da que is­to úl­ti­mo se­xa ta­mén un ac­to de xus­ti­za.

BOUZA

ILUS­TRA­CIÓN

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.